Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2017 Páx. 44124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT, CT e RBT derivada Fiolleda-Figueira, no concello de Monforte de Lemos (expediente 003/2016 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: LMT, CT e RBT derivada Fiolleda-Figueira.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, Velle, 32960 Ourense.

Finalidade: reforma das instalacións eléctricas existentes para a súa adecuación e mellora.

Características técnicas principais:

Tramo I:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV cunha lonxitude de 1.361 m con orixe nun poste de formigón existente co código 52-40-A-19 (nº 0 no presente proxecto), condutor tipo LA-56/54,6 e final no centro de transformación intemperie proxectado Fiolleda.

Tramo II:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV cunha lonxitude de 881 m con orixe no PAS proxectado sobre celosía metálica proxectada nº 11, condutor tipo RHZ1 e final no PAS proxectado sobre celosía metálica proxectada nº 13.

2. Liña de media tensión aérea a 20 kV cunha lonxitude de 284 m con orixe na celosía metálica proxectada nº 13, condutor tipo LA-54/54,6 e final na celosía metálica existente nº 16.

3. Centro de transformación 50/24/20 B2 intemperie, cunha potencia de 50 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400 V.

4. Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 12 m con orixe no centro de transformación intemperie proxectado Fiolleda, condutor RZ e final no poste de formigón proxectado tipo HV/9-630.

5. Liña de baixa tensión soterrada, cunha lonxitude de 59 m con orixe no PAS sobre poste de formigón proxectado tipo HV-9/630, condutor tipo XZ1 e final na conexión coa rede de baixa tensión existente do centro de transformación Fiolleda.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, de 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 30 de agosto de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Relación de propietarios bens e dereitos afectados

Expte. nº 3/16

Concello: Monforte de Lemos

Provincia: Lugo

LMT, CT, RBT derivada Fiolleda-Figueira

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos
Enderezo

Apoio

Afeccións

Nº de predio

Polg.

Parc.

m2

ml aér.

m2 aér.

3

26

167

Finca de Pol

Monte baixo

Sara Fernández Rguez.

Morín 38

27400 Monforte de Lemos

26.0

217.0

4

26

41

O Couto do Alejandro

Prado

Alejandro López Rodríguez

La Peña nº 4, 33617 Mieres

15.0

6

26

39

O Couto do Alejandro

Prado

Francisco Fernández López

Descoñecido

6.0

60.0

8

26

37

O Couto do Alejandro

Monte alto

Hros. de Consuelo de la Torre

Descoñecido

6 (1/2)

1.0

34.0

487.0

10

26

33

O Couto

Monte alto

Hros. de Teresa Fernández López

Descoñecido

41.0

643.0

11

26

32

A Lama

Monte alto

Carmen Somoza

Descoñecido

23.0

12

26

31

A Lama

Monte alto

Hros. de Mª del Carmen Guitián Pérez

Repr. Mª Luz López Guitián

Malecón nº 31, 5º F

32300 O Barco de Valdeorras, Ourense

7 (1/2)

1.0

39.0

619.0

13

26

27

A Lama

Monte alto

Julia Rodríguez Barreira

Santa Clara nº 135

27400 Monforte de Lemos, Lugo

7 (1/2)

1.0

44.0

711.0

14

26

26

A Lama

Monte alto

Descoñecido

Descoñecido

26.0

422.0

15

26

27

A Lama

Monte

Julia Rodríguez Barreira

Santa Clara nº 135

27400 Monforte de Lemos, Lugo

25.0

393.0

16

26

25

A lama

Monte alto

Descoñecido

Descoñecido

22.0

359.0

40

19

5

O San Roque

Prado

Manuel Rodríguez

Descoñecido

16

2.0

99.0

993.0