Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2017 Páx. 44171

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2017.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2017 por esta fundación.

Data de sinatura

Importe con cargo ao orzamento
da Fundación

Convenio

31.5.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago de Compostela, para a promocion e celebración de accións do programa «Compostela Móvese» no Gaiás Cidade da Cultura de Galicia

8.6.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e á Asociación Cultural Pen Club de Galicia na realización e promoción de actividades culturais

12.6.2017

0,00 €

Convenio entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e o Instituto Cervantes para itinerancia da exposición «José Suárez. Uns ollos vivos que pensan»

14.6.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Axencia Galega das Industrias Culturais para a celebración do evento «Conecta Fiction» na Cidade da Cultura de Galicia

10.7.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Academia Galega do Viño, S.L. para a realización de diversa formación na Cidade da Cultura de Galicia

12.7.2017

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para facilitar ás entidades locais que se adhiran a cesión gratuíta temporal de diversos espazos da Cidade da Cultura de Galicia

13.7.2017

322.033,30 €

Acordo de cooperación interadministrativo entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería do Medio Rural e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, para levar a cabo a execución da fase II do Bosque de Galicia na Cidade da Cultura de Galicia

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2017

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia