Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2017 Páx. 44167

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación da subministración dunha cela quente e dun dispensador automático para a unidade de radiofármacos Pet de Galicia (expediente AB-GLR1-17-005).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo Servizo Galego de Saúde; San Lázaro, s/n, 3º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 981 57 76 50.

5.º Telefax: 981 57 78 43.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 16 de outubro de 2017.

d) Número de expediente: AB-GLR1-17-005.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: contratación da subministración dunha cela quente e un dispensador automático para a unidade de radiofármacos Pet de Galicia.

c) División por lotes/partidas e número: non.

d) Prazo de execución/entrega: catro (4) meses.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 33190000.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Contratación suxeita a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-45

Composición e características técnicas

Tecnoloxía e características construtivas

0-20

Modos de operación e interface de manexo

0-20

Adaptación ao servizo de destino

0-5

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

Oferta económica

0-40

Duración da garantía

0-4

Tempo de resposta do servizo técnico

0-2

Proposta de custo económico de mantemento preventivo

0-1

Formación

0-1

Período de existencia de repostos

0-1

Custo do funxible asociado a cada produción

0-6

Véxase o prego de condicións xurídicas.

4. Valor estimado do contrato: 288.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento sen IVE: 240.000,00 €.

b) Orzamento con IVE: 290.400,00 €.

6. Garantías exixidas.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación (excluído o IVE).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: véxase o prego de condicións xurídicas.

b) Solvencia técnica: véxase o prego de condicións xurídicas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 16 de outubro de 2017.

No caso de que o último día do prazo de presentación de solicitudes coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: véxase o prego de condicións xurídicas.

c) Lugar de presentación: Rexistro de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., Edificio Administrativo Servizo Galego de Saúde, 3º andar; San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

f) Outras informacións: toda información relativa ao expediente se fará pública na páxina web que se cita neste anuncio.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Edificio Administrativo Servizo Galego de Saúde; San Lázaro, s/n.

b) Apertura do sobre B: terá lugar no Edificio Administrativo San Lázaro, no lugar e hora que se sinalen no perfil do contratante, o décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil. Apertura do sobre C: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Véxanse os pregos de condicións xurídicas.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 22 de setembro de 2017.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2017

María Luisa Brandt Sanz
Directora xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.