Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.644

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 18 de outubro de 2000 pola que se declara de interese galego a Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Chantada e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Con data do 4 de agosto de 2000 publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 11 de xullo de 2000 pola que se clasifica como mixta a Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Chantada adscribíndoa á Consellería da Presidencia e Administración Pública, que terá que exercer plenamente o protectorado sobre ela.

A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Chantada, o día 5 de abril de 2000, ante o notario Daniel Balboa Fernández, co número catrocentos sesenta e tres do seu protocolo por Jaime Alberto Pita Varela, Andrés Precedo Ledo, Julio Manuel Yebra-Pimentel Blanco, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, José Jesús Ramos Ledo, José María Moraleja Alonso e Javier Varela Pérez; interveñen Jaime Alberto Pita Varela en representación da Xunta de Galicia, e ademais, Andrés Precedo Ledo e José María Moraleja Alonso por razón dos seus respectivos cargos, Julio Manuel Yebra-Pimentel Blanco en representación do Concello de Carballedo, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez en representación do Concello de Chantada, Jesús Ramos Ledo en representación do Concello de Taboada e Javier Varela Pérez en representación da Deputación Provincial de Lugo.

Esta fundación, ó abeiro do establecido no artigo 5 dos seus estatutos ten por obxecto pór en marcha as accións xenéricas enunciadas no Plan de Desenvolvemento Comarcal, deseñando programas, solicitando a súa implantación ós organismos correspondentes, animando e incentivando a participación dos sectores e axentes económicos e sociais ós que vai dirixido.

Por todo iso, e en virtude das competencias que me confire o artigo 34.12º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e segundo o establecido nos artigos 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e 32.3º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o réxime de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Declarar de interese galego a Fundación para o Desenvolvemento da Comaraca de Chantada ó cum

priren os seus estatutos as prescricións que para tal efecto sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

2. Ordena-la inscrición da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Chantada no rexistro de fundacións de interese galego, sección da Consellería da Presidencia e Administración Pública, para os efectos constitutivos que sinala la Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública