Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.645

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 19 de outubro de 2000 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Ferrol Metrópoli.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Ferrol Metrópoli, con domicilio en Ferrol.

Supostos de feito.

1. A fundación formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Ferrol, o día vintecinco de abril de 2000, ante o notario Bruno Otero Afonso, co número oitocentos sesenta e cinco do seu protocolo por Nonito Aneiros García, Carlos Gonzalo Antón Miranda, Santiago Pérez Torres, José Juan Rilo Dopico, José Antonio Ruibal Yáñez, Eduardo Alfonso González Pino, Alfonso García Ascaso, José Anca Rodríguez, Doroteo López Martínez, Guillermo Romero Caramelo, José Luis Serrano Amado e Amador Federico Castro Millarengo; interveñen no seu propio nome e dereito, e ademais, Nonito Aneiros García en nome e representación da Asociación Ferrol Metrópoli.

3. Segundo consta no artigo 5 dos seus estatutos o obxecto da fundación é destinar e afectar un patrimonio á realización sen ánimo de lucro, de fins de interese xeral no ámbito sectorial e territorial a que a súa denominación e fins se contrae.

4. O padroado da fundación estará constituído por Doroteo López Martínez como presidente, Carlos-Gonzalo Antón Miranda como vicepresidente, Nonito Aneiros García como secretario, José Luis Serrano Amado como tesoureiro e Santiago Pérez Torres, José Juan Rilo Dopico, José Antonio Ruibal Yáñez, Eduardo Alfonso González Pino, Alfonso García Ascaso, Gonzalo Rodríguez-Tenreiro, José Anca

Rodríguez, Guillermo Romero Caramelo e Amador Federico Castro Millarengo como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Ferrol Metrópoli, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día dezasete de outubro de dous mil.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demáis normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Ferrol Metrópoli e adscribila á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, dezanove de outubro de dous mil.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública