Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1269

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 4 de xaneiro de 2012 pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2012 (ED104B).

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, de acordo co que establecen a Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, establece que o galego é lingua oficial en Galicia. En consonancia con iso, recoñécelle á cidadanía o dereito de coñecelo e de usalo. Pero non estaría garantido ese dereito se os cidadáns non tivesen a posibilidade de aumentar (ou iniciar, se é o caso) o coñecemento e o dominio da lingua propia de Galicia.

O Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o día 22 de setembro de 2004, contén, entre outras, varias medidas dirixidas aos adultos e á sociedade, encamiñadas a renovar a política lingüística con respecto ao uso do galego, adecuándoa aos tempos actuais, co fin de equilibrar unha situación social de desigualdade entre ambos os dous idiomas, o que exixe medidas favorables ao galego para alcanzar ese equilibrio.

Pola súa parte, o artigo 59 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que as escolas oficiais de idiomas teñen por obxecto capacitar o alumnado para o emprego axeitado dos idiomas fóra das etapas ordinarias do sistema educativo, cunha organización en tres niveis: básico, intermedio e avanzado. Nesta mesma lei, o punto 4 do artigo 60 prevé que, de acordo co que establezan as administracións educativas, as escolas oficiais de idiomas poderán impartir cursos para a actualización dos coñecementos de idiomas e para a formación do profesorado e doutros colectivos profesionais.

A estrutura e o contido destes cursos están regulados mediante a Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo; corrección de erros no DOG núm. 178, do 13 de setembro).

Por todo iso,

DISPOÑO:

Primeiro. Obxecto.

Anunciar a convocatoria pública para solicitar a participación en cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos, entidades e/ou organizacións, con carácter voluntario e gratuíto.

Os cursos realizaranse nas cidades que se citan no anexo III e naquelas localidades que determine a Secretaría Xeral de Política Lingüística, segundo as solicitudes presentadas e a distribución xeográfica destas, e agruparanse preferentemente por bisbarras.

Para facilitar a participación do maior número posible de persoas interesadas, realízase unha oferta de cursos de programación directa que se impartirán nas cidades (anexo III), e dáse a posibilidade de que as entidades, colectivos ou asociacións que pola súa proximidade á cidadanía coñecen de forma directa a demanda e as necesidades de formación de lingua galega no seu ámbito poidan organizar cursos logo de presentar a solicitude, consonte o anexo II, ante o gabinete provincial de Normalización Lingüística da provincia a que pertenzan.

Segundo. Destinatarios.

A convocatoria está dirixida aos seguintes destinatarios:

a) Particulares que desexen participar nalgún dos cursos que figuran no anexo III desta convocatoria.

b) Colectivos, entidades e/ou asociacións que desexen organizar cursos de lingua galega e que conten cun mínimo de 20 persoas preinscritas para participar nos cursos (nome, apelidos e número de DNI/pasaporte).

Terceiro. O profesorado.

a) Os cursos para particulares referidos no anexo III que non se desenvolvan nas escolas oficiais de idiomas e mais os organizados por petición de colectivos e entidades serán impartidos polo profesorado que figure nas listas de profesorado colaborador para impartir os cursos de galego promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que cumpran os requisitos que os habilitan para os impartir, consonte o artigo 3 da Resolución do 7 de xaneiro de 2011, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se modifica a Resolución do 29 de decembro de 2006 pola que se convocan listas de profesorado colaborador para impartir os cursos de galego promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se establecen os requisitos que deben posuír as persoas aspirantes, así como os criterios de baremación que se terán en conta para a elaboración das listas e o réxime de chamamento para impartir os cursos.

Este profesorado será nomeado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través das xefaturas dos gabinetes provinciais de Normalización Lingüística ou da Subdirección Xeral de Política Lingüística.

b) Os cursos para particulares referidos no anexo III que se desenvolvan nas escolas oficiais de idiomas serán impartidos polo profesorado de lingua galega das escolas oficiais de idiomas que teña que completar o seu horario docente e que, por estar habilitado para impartir os niveis básico, intermedio e avanzado de lingua galega cuxos currículos están adaptados ao Marco europeo común de referencia para as linguas, tamén o está para impartir os cursos preparatorios das probas Celga cuxos programas e contidos contan coa mesma adaptación ao citado marco europeo.

Cuarto. Prazo para impartir os cursos.

Os cursos que se organicen e impartan ao abeiro desta convocatoria deberán estar finalizados antes do 31 de maio de 2012.

Quinto. Contido e desenvolvemento dos cursos.

Os cursos axustaranse aos obxectivos, ao programa e ao contido curricular establecidos para cada un dos niveis na Orde do 16 de xullo de 2007, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo.

Para conseguir o axeitado rendemento e o aproveitamento do curso hai que procurar a homoxeneidade de coñecementos do alumnado, polo que tanto os particulares como as entidades, á hora de formularen a solicitude dun curso dun determinado nivel Celga, deberán ter en conta a definición de contidos previstos na norma anterior. En todo caso, o profesor, no momento de iniciar o curso, valorará os coñecementos previos do alumnado e, se fose conveniente, indicaralle o nivel máis aconsellable para os seus coñecementos.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística non expedirá ningún tipo de certificación ou diploma de asistencia aos cursos preparatorios para as probas Celga. Realizarase un control de asistencia para o seguimento e o control da calidade do curso.

Para obter a acreditación do nivel de coñecemento e dominio da lingua galega, as persoas interesadas terán que realizar as probas correspondentes, que se efectuarán en xuño de 2012, logo de convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia. A inscrición nas probas é independente da dos cursos. O prazo para a inscrición nas probas rematará o día 3 de abril de 2012.

O número máximo de asistentes a cada curso será de 30. Se quedasen prazas vacantes, poderán admitirse candidatos ata tres días antes do inicio do curso. Os colectivos, entidades ou asociacións organizadoras deberán aceptar completar as prazas con persoas interesadas, aínda que non sexan afiliadas ou asociadas das propias entidades.

Dado o carácter gratuíto dos cursos e para garantir un uso eficiente dos recursos públicos, se no transcurso do curso diminuíse de forma significativa o número de asistentes, a Secretaría Xeral de Política Lingüística poderá acordar a súa cancelación e ofreceralles aos interesados e interesadas a posibilidade de integrarse noutro curso, de ser posible, na mesma localidade.

Tanto os cursos destinados a particulares coma os organizados por entidades ou colectivos terán unha duración de 70 horas lectivas, distribuídas en sesións de dúas horas ou de dúas horas e media cada día, agás os cursos impartidos nas escolas oficiais de idiomas, que se axustarán á normativa específica das escolas oficiais de idiomas, para este tipo de cursos. No caso dos cursos intensivos ou en casos excepcionais, debidamente xustificados, poderá autorizarse a realización de sesións con horario diferente.

Todas as actividades que se leven a cabo nestes cursos realizaranse segundo o previsto na disposición adicional da Lei 3/1983, de normalización lingüística, conforme as normas ortográficas e morfolóxicas aprobadas pola Real Academia Galega, na sesión plenaria do 12 de xullo de 2003, e coidarán o uso da toponimia oficial nos termos previstos no artigo 10 da citada lei.

Sexto. Dotación orzamentaria.

O gasto ocasionado pola realización dos cursos financiarase con cargo á partida orzamentaria 09 03 151A 640 2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, destinada a cursos e actividades de formación de lingua galega, ata unha contía de 265.000 euros.

Sétimo. Retribución para cada curso.

Os módulos de retribución dos cursos son os que se relacionan a continuación:

– Retribución profesor/a colaborador: 2.800 € (70 horas a 40 €/hora). Se se acordase a cancelación dun curso unha vez iniciado, o profesor será retribuído de acordo coas horas impartidas, máis 100 euros en concepto de indemnización.

– Retribución coordinación, só en casos excepcionais, logo da autorización da Secretaría Xeral de Política Lingüística: 180 €.

– Retribución persoal subalterno ou auxiliar, de ser o caso: 150 €.

Oitavo. Solicitudes para cursos e procedemento de selección.

As persoas interesadas en asistir aos cursos programados directamente presentarán a súa solicitude de acordo co modelo que figura como anexo I (solicitudes individuais), mentres que os colectivos, entidades e/ou asociacións que estean interesadas en organizar cursos farán a solicitude, de acordo co modelo que figura como anexo II (solicitudes colectivos).

As solicitudes dirixiranse aos gabinetes provinciais de Normalización Lingüística da provincia que corresponda. Presentaranse preferentemente no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou nas oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme o Decreto 164/2005, do 16 de xuño (DOG do 24 de xuño), segundo o disposto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro).

Os colectivos, entidades e/ou asociacións e persoas interesadas en xeral dispoñen dun formulario na páxina web http://www.xunta.es/linguagalega.es que permite cubrir e editar a solicitude, e no enderezo da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).

Logo de recibir as solicitudes nos gabinetes provinciais de Normalización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística, procederase a revisar a documentación presentada. Se se apreciasen erros ou omisións, comunicaránselles ás entidades ou persoas solicitantes para a súa emenda, de acordo co previsto no artigo 71 da Lei 30/1992. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e consonte os artigos 59.6.b), 60 e 61 da Lei 30/1992, os requirimentos poderanse facer ben a través de notificación individualizada, ben mediante publicación na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.xunta.es/linguagalega.es, que producirá os mesmos efectos que a dita notificación.

As solicitudes de particulares para os cursos programados directamente nas cidades (anexo III) e que cumpran os requisitos seleccionaranse segundo a orde de entrada; no caso dos cursos que se impartan nas escolas oficiais de idiomas, os gabinetes provinciais de Normalización Lingüística remitiranlles ás respectivas escolas a lista coas persoas seleccionadas e coas persoas en espera.

No caso das solicitudes formuladas por colectivos e entidades ou asociacións (anexo II), valorarase o número de persoas preinscritas e procurarase realizar unha distribución xeográfica atendendo ás áreas comarcais.

No caso de que nunha mesma área non se poidan atender todas as solicitudes, daráselles prioridade:

– Ás presentadas por entidades locais e dentro destas ás presentadas por unha entidade en representación de varias que se agrupan para pedir o curso (en caso de non se tratar de mancomunidades, terase que presentar, ademais da solicitude e as persoas inscritas ao curso, o acordo dos concellos interesados en realizar o curso conxuntamente).

– Entre solicitudes feitas por entidades locais de xeito individual daráselles prioridade a aquelas adheridas á Rede de Dinamización Lingüística.

Se durante os dous primeiros días do curso se desen de baixa ou non asistisen as persoas inscritas nel, deberán ofrecérselles as prazas, por orde, aos solicitantes que figuren na lista de espera, ata completar, se é posible, o número máximo de persoas admitidas ao curso (30). Para estes efectos, ao terceiro día do comezo do curso, o profesorado deberalle remitir ao gabinete provincial de Normalización Lingüística a listaxe definitiva de asistentes por correo electrónico.

Noveno. Prazo de presentación de solicitudes.

Establécese como data límite para a presentación de solicitudes para todos os cursos regulados nesta orde o 30 de xaneiro de 2012.

No mes de marzo sairá publicada na páxina http://www.xunta.es/linguagalega.es unha convocatoria específica de cursos en liña para preparar a proba do Celga 1.

Para facilitar a elección dos cursos, as persoas interesadas son informadas de que as próximas probas para a acreditación do nivel de lingua galega terán lugar os días 2, 3, 9 e 10 de xuño para os niveis Celga 4, 2, 3 e 1, respectivamente.

Décimo. Documentación que se deberá achegar coa solicitude.

No caso das solicitudes formuladas por colectivos, entidades e/ou asociacións para organizar o curso, deberá achegarse a lista de persoas preinscritas (apelidos, nome e número de DNI).

No caso de solicitude presentada por unha entidade local en representación de varias que se agrupan para pedir o curso, non tratándose dunha mancomunidade, deberá achegarse, xunto coa listas de persoas preinscritas (apelidos, nome e número de DNI), un escrito asinado polos concellos interesados en realizar o curso conxuntamente.

Décimo primeiro. Reprogramación dos cursos para particulares ofertados no anexo III e programación de cursos para colectivos ou entidades.

1. Cursos de programación directa para particulares ofertados no anexo III, agás os impartidos nas escolas oficiais de idiomas.

Cada gabinete de Normalización Lingüística das diferentes xefaturas territoriais poderá ampliar a súa oferta de cursos de programación directa (anexo III), sempre que queden sen cubrir cursos dos programados por petición dos colectivos e entidades da súa provincia.

Cada gabinete de Normalización Lingüística das diferentes xefaturas territoriais, no caso de que quede sen cubrir por falta de demanda algún dos cursos da oferta directa do anexo III, poderá programar directamente algún outro curso para o que haxa demanda ou ofertar un novo curso que permita cubrir algunha petición feita por colectivos e entidades.

As listas de admitidos faranse públicas na páxina web http://www.xunta.es/linguagalega.es cinco días naturais antes do comezo de cada curso.

2. Cursos programados por solicitude dos colectivos e entidades.

Logo de ver as solicitudes de colectivos, entidades e/ou asociacións e a distribución xeográfica destas, os gabinetes provinciais de normalización lingüística efectuarán unha proposta de programación de cursos para cada unha das provincias e darán conta diso á Secretaría Xeral de Política Lingüística para a súa validación conxunta.

Cando, por causa da contía e dos límites orzamentarios, non se poidan atender todas as peticións, elaborarase unha lista de solicitudes pendentes e, en caso de que algunha das entidades ás cales se lles conceda un curso renuncie a el, asignaráselle á seguinte da lista.

Na programación sinalaranse as datas de comezo, horario e lugar onde se impartirá cada curso. En todo caso, os cursos organizados por colectivos ou entidades non poderán empezar antes do 12 de marzo nin rematar despois do 31 de maio.

Décimo segundo. Resolución.

Respecto dos cursos ofertados directamente a particulares, agás aqueles recollidos no anexo III e que sexan impartidos nas escolas oficiais de idiomas, autorizarán a súa realización os xefes territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a medida que se reciban 20 solicitudes/curso.

Respecto das solicitudes formuladas polos colectivos e/ou entidades, os gabinetes de Normalización Lingüística de cada provincia efectuarán unha proposta de programación, que valorará de forma conxunta a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Unha vez aprobada a programación, correspóndelles a resolución de autorización ás respectivas xefaturas territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Estas resolucións publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.xunta.es/linguagalega.es o día 2 de marzo.

Décimo terceiro. Réxime de recursos.

Contra a resolución de concesión dos cursos, as entidades e as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo (superior xerárquico), no prazo dun mes, contado a partir da publicación da resolución, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Décimo cuarto. Prazo de resolución do procedemento e sentido do silencio.

De non se ditar resolución expresa sobre as solicitudes presentadas no prazo de tres meses, que se contará desde a data de peche do prazo de presentación de solicitudes previsto na convocatoria, as solicitudes entenderanse desestimadas.

Décimo quinto. Delegación de competencias e desconcentración de créditos.

Para unha máis eficaz xestión e desenvolvemento desta convocatoria, esta secretaría xeral desconcentrará os créditos necesarios para sufragar os gastos da programación en cada unha das provincias e deléganse as facultades para resolver e para xestionar os gastos relativos aos cursos programados en cada provincia nas correspondentes xefaturas territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas cales teñen establecida a súa sede os gabinetes provinciais de Normalización Lingüística de cada provincia.

Décimo sexto.

Esta convocatoria tramítase ao abeiro da Orde do 11 de febreiro de 1998 pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000, e pola Orde do 25 de outubro de 2001, con base nas previsións de dotacións orzamentarias que figuran no proxecto de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2012. De acordo con isto, a convocatoria queda sometida á condición suspensiva de que exista crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas que dela derivan na Lei de orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2012.

Décimo sétimo.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o/a titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben presentar directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

missing image file
missing image file

ANEXO III
Programación directa de cursos preparatorios para as probas Celga 2012
(finaliza o prazo para presentar as solicitudes o día 30 de xaneiro de 2012)

Provincia da Coruña

Localidade

Celga 1

Celga 2

Celga 3

Celga 4

A Coruña

Código: CL1201215030013

Lugar: CEIP Ramón de la Sagra

Rúa: rolda Camilo José Cela, 4

Datas: 27.3.2012 ao 31.5.2012

Horario: 18.00-20.30

Días: martes, mércores, xoves e venres

Código: CL2201215030001

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Pepín Rivero, s/n

Datas: 6.3.2012 ao 24.5.2012

Horario: 10.00-13.00

Días: martes e xoves

Código: CL3201215030002

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Pepín Rivero, s/n

Datas: 28.2.2012 ao 31.5.2012

Horario: 15.00-17.30

Días: martes e xoves

Código: CL4201215030003

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Pepín Rivero, s/n

Datas: 5.3.2012 ao 23.5.2012

Horario: 10.00-13.00

Días: luns e mércores

 

 

Código: CL3201215030004

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Pepín Rivero, s/n

Datas: 28.2.2012 ao 31.5.2012

Horario: 17.30-20.00

Días: martes e xoves

Código: CL4201215030005

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Pepín Rivero, s/n

Datas: 6.3.2012 ao 24.5.2012

Horario: 15.30-18.30

Días: martes e xoves

 

 

Código: CL3201215030014

Lugar: CEIP Ramón de la Sagra

Rúa: rolda Camilo José Cela, 4

Datas: 27.3.2012 ao 31.5.2012

Horario: 18.00-20.30

Días: martes, mércores, xoves e venres

Código: CL4201215030015

Lugar: CEIP Ramón de la Sagra

Rúa: rolda Camilo José Cela, 4

Datas: 27.3.2012 ao 31.5.2012

Horario: 18.00-20.30

Días: martes, mércores, xoves e venres

Ferrol

 

Código: CL2201215036006

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Real, 29

Datas: 6.3.2012 ao 24.5.2012

Horario: 16.00-19.00

Días: martes e xoves

Código: CL3201215036007

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Real, 29

Datas: 5.3.2012 ao 21.5.2012

Horario: 11.30-13.30

Días: luns, mércores e venres

Código: CL4201215036008

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Real, 29

Datas: 28.2.2012 ao 29.5.2012

Horario: martes de 18.00-20.00, venres de 16.00-18.30

Días: martes e venres

 

 

 

Código: CL4201215036009

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Real, 29

Datas: 5.3.2012 ao 21.5.2012

Horario: 9.30-11.30

Días: luns, mércores e venres

Santiago de Compostela

Código: CL1201215078016

Lugar: C. Sociocultural de Conxo

Rúa: praza de A. Aguirre

Datas: 26.3.2012 ao 31.5.2012

Horario: 11.00-13.30

Días: luns, martes, mércores e xoves

Código: CL2201215078017

Lugar. C. Sociocultural de Vite

Rúa: Carlos Maside, 7

Datas: 26.3.2012 ao 31.5.2012

Horario: 10.00-12.30

Días: luns, martes, mércores e xoves

Código: CL3201215078010

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Ulpiano Villanueva, 1, 2

Datas: 6.3.2012 ao 22.5.2012

Horario: 12.00-15.00

Días: martes e venres

Código: CL4201215078011

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Ulpiano Villanueva, 1, 2

Datas: 5.3.2012 ao 23.5.2012

Horario: 15.30-18.30

Días: luns e mércores

 

 

Código: CL3201215078018

Lugar: C. Sociocultural de Conxo

Rúa: praza de A. Aguirre

Datas: 27.3.2012 ao 31.5.2012

Horario: 10.00-12.30

Días: martes, mércores, xoves e venres

Código: CL4201215078012

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Ulpiano Villanueva, 1, 2

Datas: 6.3.2012 ao 24.5.2012

Horario: 12.00-15.00

Días: martes e xoves

Provincia de Lugo

Lugo

 

Código: CL2201227028001

Lugar: IES Politécnico

Rúa: Armando Durán, 3

Datas: 26.3.2012 ao 25.5.2012

Horario: 20.00-22.00

Días: luns a venres

Código: CL3201227028001

Lugar: IES Politécnico

Rúa: Armando Durán, 3

Datas: 26.3.2012 ao 25.5.2012

Horario: 20.00-22.00

Días: luns a venres

Código: CL4201227028002

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: rolda Xosé Castiñeiras

Datas: 6.3.2012 ao 24.5.2012

Horario: 12.00-15.00

Días: martes e xoves

 

 

 

Código: CL4201227028001

Lugar: IES Politécnico

Rúa: Armando Durán, 3

Datas: 26.3.2012 ao 25.5.2012

Horario: 20.00-22.00

Días: luns a venres

Provincia de Ourense

Ourense

Código: CL1201232054001

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Mestre Vide, s/n

Datas: 29.2.2012 ao 25.5.2012

Horario: 9.30-12.00

Días: mércores e venres

Código: CL2201232054001

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Mestre Vide, s/n

Datas: 28.2.2012 ao 22.5.2012

Horario: 11.30-14.00, os venres 11.00-14.00

Días: martes e venres

Código: CL3201232054001

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Mestre Vide, s/n

Datas: 28.2.2012 ao 29.5.2012

Horario: 12.00-14.30

Días: martes e venres

Código: CL4201232054001

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Mestre Vide, s/n

Datas: 28.2.2012 ao 22.5.2012

Horario: 8.30-11.30, e venres 8.30-11.00

Días: martes e venres

Código: CL1201232054002

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Mestre Vide, s/n

Datas: 28.2.2012 ao 28.5.2012

Horario: 17.00-19.00, os martes 17.30-19.00

Días: luns, martes e xoves

Código: CL2201232054002

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Mestre Vide, s/n

Datas: 5.3.2012 ao 24.5.2012

Horario: 20.30-22.00

Días: luns, martes, mércores e xoves

 

Código: CL4201232054002

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Mestre Vide, s/n

Datas: 29.2.2012 ao 30.5.2012

Horario: 18.00-20.30

Días: luns e mércores

Provincia de Pontevedra

Pontevedra

Código: CL1201236000001

Lugar: Edificio Xunta

Rúa: Fernández Ladreda, 43, planta baixa

Datas: 26.3.2012 ao 31.5.2012

Horario: 10.00-12.30

Días: luns a xoves

Código: CL2201236000005

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Celso E. Ferreiro, s/n

Datas: 6.3.2012 ao 24.5.2012

Horario: 18.30-20.30, os mércores 20.00-21.30 e xoves 18.30-21.00

Días: martes, mércores e xoves

Código: CL3201236000003

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Celso E. Ferreiro, s/n

Datas: 6.3.2012 ao 22.5.2012

Horario: 9.00-12.00

Días: martes e venres

Código: CL4201236000004

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Celso E. Ferreiro, s/n

Datas: 5.3.2012 ao 23.5.2012

Horario: 16.30-18.30

Días: luns, mércores e xoves

 

Código: CL2201236000002

Lugar: Edificio Xunta

Rúa: Fernández Ladreda, 43, planta baixa

Datas: 26.3.2012 ao 31.5.2012

Horario: 10.00-12.30

Días: luns a xoves

Código: CL3201236000006

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Celso E. Ferreiro, s/n

Datas: 5.3.2012 ao 23.5.2012

Horario: 16.30-18.30

Días: luns, mércores e xoves

Código: CL4201236000007

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Celso E. Ferreiro, s/n

Datas: 6.3.2012 ao 22.5.2012

Horario: 9.00-12.00

Días: martes e venres

 

 

Código: CL3201236000008

Lugar: Edificio Xunta

Rúa: Fernández Ladreda, 43, planta baixa

Datas: 26.3.2012 ao 31.5.2012

Horario: 18.30-21.00

Días: luns a xoves

 

Vigo

Código: CL1201236200009

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Martínez Garrido, 17

Datas: 29.2.2012 ao 30.5.2012

Horario: 17.30-20.00

Días: mércores e venres

Código: CL2201236200013

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Martínez Garrido, 17

Datas: 28.2.2012 ao 31.5.2012

Horario: 17.30-19.00

Días: martes e xoves

Código: CL3201236200011

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Martínez Garrido, 17

Datas: 28.2.2012 ao 31.5.2012

Horario: 10.30-13.00

Días: martes e xoves

Código: CL4201236200012

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Martínez Garrido, 17

Datas: 27.2.2012 ao 31.5.2012

Horario: 17.30-20.00

Días: luns e xoves (sesión extra o 6 de marzo)

 

Código: CL2201236200010

Lugar: I.P. Marítimo Pesqueiro do Atlántico

Rúa: Beiramar, 55

Datas: 26.3.2012 ao 31.5.2012

Horario: 10.00-12.30

Días: luns a xoves

Código: CL3201236200014

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Martínez Garrido, 17

Datas: 29.2.2012 ao 30.5.2012

Horario: 17.30-20.00

Días: mércores e venres

Código: CL4201236200015

Lugar: Escola Oficial de Idiomas

Rúa: Martínez Garrido, 17

Datas: 29.2.2012 ao 30.5.2012

Horario: 9.00-11.30

Días: mércores e venres

 

 

 

Código: CL4201236200016

Lugar: IES Alexandre Bóveda

Rúa: Cuntis, s/n, Coia

Datas: 26.3.2012 ao 31.5.2012

Horario: 18.30-21.00

Días: luns a xoves

Nota: as datas e horarios poden sufrir algunha variación debido á dispoñibilidade de locais.