Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12134

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

AUTO de aclaración de sentenza (360/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento demanda 360/2009, seguido neste xulgado, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza deste reforzo, ditou auto aclaratorio de sentenza do teor literal seguinte:

Auto

A Coruña, 24 de febreiro de 2012.

Feitos.

Primeiro. Con data do 13 de xaneiro de 2012 ditouse sentenza nestes autos, cunha resolución do seguinte teor literal:

«Resolvo que estimando integramente a demanda formulada por Ana Yolanda Filgueiras Otero e Ana Isabel Edreira Morís, representadas pola letrada Sra. Vázquez Méndez, contra a empresa Wakan Tanka, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á demandante a suma de 6.109,78 euros, incrementada cos xuros de demora pertinentes».

Segundo. Mediante escrito do 23 de febreiro de 2012, recibido neste xulgado o 24 de febreiro de 2012, a representación de Ana Yolanda Filgueiras Otero e Ana Isabel Edreira Morís solicita a rectificación desta resolución, porque se produciu un erro de transcrición xa que a contía non coincide coa solicitada na demanda.

Terceiro. No día da data quedaron os autos á disposición do provedor para ditar a oportuna resolución.

Fundamentos de dereito.

Único. O artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial e, en idéntico sentido, os artigos 214 e 215 da LAC, regulan o chamado recurso de aclaración, que posibilita con carácter excepcional a aclaración de puntos escuros, a emenda de omisións ou a corrección de erros simplemente materiais sobre puntos discutidos no litixio, pero sen consentir en ningún caso que por tal vía se poida rectificar o que deriva dos fundamentos xurídicos e o sentido da resolución ou que se subvertan as conclusións probatorias previamente mantidas, agás que excepcionalmente o erro material consista nun «simple desaxuste ou contradición patente e independente de calquera xuízo valorativo ou apreciación xurídica, entre a doutrina establecida nos fundamentos xurídicos e o ditame da resolución xudicial», é dicir, cando sexa evidente que o órgano xudicial «simplemente se equivocou ao trasladar o resultado do seu xuízo ao ditame».

Así mesmo, o artigo 267.3 da Lei orgánica do poder xudicial establece que «3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento».

Tendo en conta que efectivamente se produciu un erro de transcrición na resolución, débese acceder á rectificación solicitada pola representación legal das demandantes, no sentido proposto por ela no seu escrito do 23 de febreiro de 2012.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Débese aclarar a resolución da sentenza do 13 de xaneiro ditada nestes autos, que queda do seguinte teor literal:

«Resolvo que estimando integramente a demanda formulada por Ana Yolanda Filgueiras Otero e Ana Isabel Edreira Morís, representadas pola letrada Sra. Vázquez Méndez, contra a empresa Wakan Tanka, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar a Ana Yolanda Filgueiras Otero a cantidade de 1.890,10 euros e a Ana Isabel Edreira Morís a cantidade de 1.711,92 euros, cos xuros de mora pertinentes».

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso, en virtude do disposto no artigo 215.4 da LAC e artigo 267.7 da Lei orgánica do poder xudicial.

E para que así conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado