Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Mércores, 4 de abril de 2012 Páx. 12132

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

AUTOS (620/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento demanda 620/2009, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 20 de febreiro de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e do seu partido, estes autos de xuízo número 620/2009, seguidos por instancia de María Belén Deza Castro e Isabel Deza Castro, representadas polo letrado Sr. Garrido Collazo, contra a empresa The White Store, S.L.U., en rebeldía procesual e o Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de salarios.

Resolvo que estimando integramente a demanda formulada por María Belén Deza Castro e Isabel Deza Castro, representadas polo letrado Sr. Garrido Collazo, contra a empresa The White Store, S.L.U., en rebeldía procesual e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar a María Belén Deza Castro a cantidade de 4.264,23 euros, incrementada cos xuros de demora pertinentes, e a Isabel Deza Castro a cantidade de 1.427,68 euros, incrementada cos xuros de demora pertinentes, no sentido exposto no fundamento primeiro. Así mesmo, absolvo o Fogasa sen prexuízo da responsabilidade que poida ter respecto a tales cantidades segundo o establecido no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza. Pasado este prazo quedará firme e procederase ao seu arquivo.

Advírtase igualmente o recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do Réxime Público da Seguridade Social, ou habente causa seus, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa The White Store, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado