Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13066

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (810/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 810/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Francisca Soto Méndez contra a empresa Tecno Graf Maquinaria Artes Gráficas, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Na Coruña o 31 de xaneiro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver este procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 810/2011 por instancia de María Francisca Soto Méndez, asistida polo letrado Guillermo Garrido Collazo, contra Tecno Graf Maquinaria Artes Gráficas, S.L., que non comparece malia estar citada. Comparece o Ministerio Fiscal.

Resolución.

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Francisca Soto Méndez fronte á empresa Tecno Graf Maquinaria Artes Gráficas, S.L., e, en consecuencia, declaro a nulidade do seu despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, e condena ao aboamento dos salarios de trámite deixados de percibir ata a efectiva readmisión, os cales ata a data desta sentenza ascenden a 7.124,83 euros a razón de 40,48 euros/día.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.65.0810.11, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0810.11 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, tendo lugar a audiencia pública no día da data do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Tecno Graf Maquinaria Artes Gráficas, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e publicación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de marzo de 2012.

O secretario xudicial