Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13860

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (584/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 584/2011, deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Blanco Lalín contra a empresa Construcciones Martínez Cordido, S.L., sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando as pretensións da demanda formulada por Julio Blanco Lalín, con DNI 79798163-J contra o INSS, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e contra a empresa Construcciones Martínez Cordido, S.L., debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir o subsidio de IT polo período comprendido entre o 19 de decembro de 2010 e o 21 de xaneiro de 2011, ambos os dous incluídos, coa conseguinte condena da empresa ao pagamento da devandita prestación na contía de 1.071 euros, debendo anticipar a mutua o devandito pagamento, sen prexuízo do seu dereito a reintegrarse con cargo ao empresario, con responsabilidade subsidiaria do INSS, só para o caso de insolvencia da mutua.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e seguintes da LPL, pasados os cales a sentenza quedará firme en dereito e procederase ao seu arquivamento.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Martínez Cordido, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de marzo de 2012.

O secretario xudicial