Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14421

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 11 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2012.

O Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro, relativo á axudas ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), establece as normas que regulan estas subvencións.

O Regulamento (CE) 1974/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, establece disposicións de aplicación do Regulamento (CE) n.º 1698/2005 do Consello, relativo á subvención ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

O Regulamento (CE) 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro, establece disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e á condicionalidade en relación coas medidas de subvención ao desenvolvemento rural.

Esta orde enmárcase no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR) 2007-2013, aprobado por Decisión C (2008) 703 da Comisión, do 15 de febreiro de 2008, dentro do eixo 2 e a medida 2.2.6 (recuperación do potencial forestal e implantación de medidas preventivas) e, ademais, dado o seu enfoque á prevención de incendios, encádrase como medida horizontal dentro do Marco Nacional de Desenvolvemento Rural.

O Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e do Fondo Galego de Garantía Agraria (DOG n.º 16, do 28 de xaneiro de 2012), segundo o cal a esta consellería, baixo a superior dirección da persoa titular do departamento, lle corresponde propor e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito rural, que engloba as competencias en materia de agricultura, gandaría, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais, industrias agroalimentarias e forestais, montes, prevención e defensa dos incendios forestais.

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, e o Decreto 105/2006, do 22 de xuño, que regulan as medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais e a Orde do 31 de xullo de 2007 pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa vexetal.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que establecen a regulación do réxime xurídico propio das subvencións cuxo establecemento e xestión corresponde á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, organismos e demais entidades vinculadas ou dependentes desta, así como tamén ás entidades locais de Galicia, incluídos os organismos e entidades dependentes delas. Esta lei aplícase con carácter supletorio respecto da normativa reguladora das subvencións financiadas pola Unión Europea.

A Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, establece no seu artigo 25 que a Consellería do Medio Rural e do Mar daralle ós montes veciñais en man común carácter preferente nas súas actuacións de fomento e mellora da produción agraria e na concesión de subvencións para esta finalidade.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confiren a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Capítulo I
Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto.

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común e as súas agrupacións poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas establecidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2012 en réxime de concorrencia competitiva.

Esta incentivación na colaboración dos titulares de montes veciñais en man común na realización de traballos de silvicultura preventiva contribuirá a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes, de grande importancia na nosa comunidade, onde supoñen aproximadamente un terzo da superficie forestal existente; e en conxunto sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia.

2. De acordo co devandito obxecto, establécense dúas liñas de subvencións:

a) Liña I. Subvencións para o control selectivo de combustible.

b) Liña II. Subvencións para a construción de puntos de auga.

Artigo 2. Ámbito de aplicación.

1. O disposto nesta orde será de aplicación aos montes veciñais en man común da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto aqueles que estean consorciados coa Administración, salvo que solicitasen a rescisión do dito consorcio ou o seu paso a convenio con anterioridade á publicación desta orde. No caso de montes consorciados coa Xunta de Galicia, poderá solicitarse subvención naquela superficie non consorciada.

Artigo 3. Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios destas subvencións os titulares de montes veciñais en man común así como as súas agrupacións e mancomunidades, sempre que non incorran en ningunha das circunstancias determinadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. As actuacións localizaranse en zonas de alto o medio risco de incendios, ou sexa, que poderá abranguer todo o territorio de Galicia, conforme ao disposto na Orde do 18 de abril de 2007, pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal.

2. No caso de agrupacións, deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación. Cando se trate de agrupacións sen personalidade, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que percibirá cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación.

Artigo 4. Superficies forestais mínimas para solicitar subvencións.

1. A superficie forestal mínima por expediente será de duascentas cincuenta hectáreas (250 ha). Para acadar a superficie as comunidades de montes veciñais en man común (en diante CMVMC) poderán formar unha agrupación, as cales terán que ser estremeiras ou pertencer a un mesmo distrito forestal e sempre localizarse nunha mesma provincia.

2. Excepcionalmente, no caso de que a CMVMC, mancomunidade ou algunha das CMVMC que integren a agrupación estea localizada nalgún espazo declarado como zona de especial protección dos valores naturais, segundo o recollido no Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (DOG n.º 69, do 12 de abril) a superficie mínima a que fai referencia o primeiro parágrafo sería de 100 ha.

Artigo 5. Condicións xerais e técnicas do investimento.

1. Os interesados solicitarán a concesión das subvencións baixo as seguintes condicións:

a) Deberán presentar a solicitude e o resto da documentación necesaria antes de comezar as obras ou de comezar as construcións.

b) No caso de se conceder a subvención, o pagamento será satisfeito unha vez realizada a obra preventiva.

c) Cando as subvencións consistan nunha porcentaxe do orzamento das actuacións preventivas, o total da subvención calcularase segundo o orzamento apreciado e aprobado pola Consellería do Medio Rural e do Mar, segundo o disposto para cada liña de subvencións nos capítulos II e III desta orde. O IVE non será subvencionable.

d) Cada beneficiario só poderá obter unha subvención para cada unha das liñas, independentemente de que o solicite individualmente ou agrupado, xa que en caso de agrupacións de CMVMC hai que atender ao disposto no artigo 8 punto 3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, que recolle que todos os integrantes da agrupación terán a consideración de beneficiarios. Se un solicitante presenta solicitude individual e agrupadamente, levará consigo o arquivo da solicitude presentada individualmente. Se presenta mais dunha solicitude para a mesma liña, arquivaranse todas as solicitudes presentadas.

e) Para a liña I, en caso de agrupación, todos os seus compoñentes deberán especificar a porcentaxe de traballos que van facer na súa comunidade (anexo IV). No caso de que algún agrupado non execute a porcentaxe de traballos prevista e isto supoña que a agrupación non cumpre co disposto no artigo 4, en relación coas superficies forestais mínimas por expediente, non se procederá ao seu pagamento.

f) Todos os documentos descritivos das actuacións teñen que incluír como cartografía planos sobre mapas oficiais, preferentemente a escala 1:5.000, ou, na súa falta, a escala 1:10.000. En caso de agrupacións, incluirase nos planos unha referencia que permita coñecer cal é a superficie con que participa cada monte veciñal da agrupación.

g) Non se concederán subvencións para actuacións en zonas de protección lateral do Camiño de Santiago.

h) Non se concederán subvencións para actuacións en zonas en que existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia

i) Farase constar nos documentos descritivos das actuacións se a superficie de actuación se atopa dentro da Rede Natura 2000 e solicitarase de forma interna antes da aprobación da subvención informe ao Servizo de Conservación da Natureza, en caso de que o antedito informe sexa desfavorable, non se admitirá a trámite a solicitude de subvención, agás no caso de que a superficie dispoña dun plan de xestión forestal aprobado e co informe do departamento competente. Non se poderán realizar solicitudes de subvención sobre hábitats prioritarios.

j) O documento descritivo das actuacións deberá conter como mínimo o seguinte:

1.º Estado legal dos predios obxecto de solicitude de subvención: superficie, localización, estremeiros, accesos ...

2.º Descrición das actuacións que se levarán a cabo. As actuacións describiranse por zona de actuación ou mouteira, facendo unha táboa resumo do tipo:

Identificación zona de actuación ou mouteira

Tipo de actuación

Superficie de actuación

Total

3.º Cartografía: planos sobre mapas oficiais a que fai referencia a alínea f) anterior.

Estes planos reflectirán onde se localizan as distintas actuacións para cada zona. As inscricións incluirán, para cada unha destas, a súa identificación (zona de actuación/mouteira 1, 2 ...), os tipos de actuación e as superficies de actuación. As actuacións en áreas cortalumes marcaranse en cor ciano, as de faixas auxiliares en cor vermello e as de roza en rexenerado de piñeiro en cor maxenta.

4.º Indicación de se os terreos se atopan en Rede Natura 2000.

5.º Orzamento.

k) En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as subvencións solicitadas en terreos en que o acordo de concentración parcelaria sexa firme.

l) Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa non poderán beneficiarse destas subvencións.

m) Non se concederán subvencións para o control selectivo de combustible nas mesmas superficies en que se actuou o ano 2011.

Artigo 6. Solicitudes e prazo de presentación.

1. As solicitudes presentaranse preferentemente nos Servizos de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (en diante SPDCIF) das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Á solicitude xuntaráselle a documentación requirida no capítulo IV, que estará en función da liña de subvención solicitada. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario, mentres non exista resolución favorble. Así mesmo, tamén se poderá presentar a solicitude electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo http://www.xunta.es/sede-electronica, de acordo co establecido no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia, e nas entidades dependentes desta, e pola Orde do 15 de setembro de 2011, de posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Ás solicitudes dos interesados xuntaranse os documentos e as informacións determinados na convocatoria, salvo que os documentos exixidos xa estiveren en poder de calquera órgano da administración actuante; neste caso o solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir ao solicitante a súa presentación ou, na súas falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

4. A presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

5. A Consellería do Medio Rural e do Mar poderá solicitar dos peticionarios toda a información e xustificacións técnicas e económicas que considere necesarias, co obxecto de comprobar a realización das actuacións subvencionables e os custos derivados.

Artigo 7. Instrución e resolución de expedientes. Recursos administrativos.

1. Unha vez presentada a solicitude e o resto de documentación requirida no capítulo IV os SPDCIF revisarán a documentación e, no caso de que conteña defectos ou omisións, o requirimento de emenda de erros da solicitude, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 59.6.º b), 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, farase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar, ao cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia. Se a instrución do procedemento o aconsellar, o órgano competente poderá substituír esta publicación no Diario Oficial de Galicia e na web, pola notificación individualizada de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderáselle requirir ao solicitante que forneza cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. O órgano competente para levar a cabo a tramitación desta orde de subvencións é a Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais. Os servizos provinciais de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais proporán ao órgano colexiado, composto polo xefe do servizo de Organización e Control de Medios, polo xefe do Servizo de Programación e polo xefe da sección de Coordinación e Organización, que actuará como secretario; a relación das solicitudes presentadas que cumpran todos os requisitos desta orde, o órgano colexiado valorará as solicitudes de subvención segundo os criterios de prioridade establecidos nesta orde para as distintas liñas e emitiralle un informe ao subdirector xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais que, pola súa vez, elevará a proposta de concesión ao secretario xeral do Medio Rural e Montes.

4. O secretario xeral do Medio Rural e Montes, por delegación da conselleira do Medio Rural e do Mar, resolverá sobre a aprobación das subvencións solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación.

5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de seis meses, contados a partir do seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. No caso de non se ditar resolución expresa no prazo indicado, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

6. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De conformidade co establecido no artigo 59.6.º b) da indicada lei, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida, a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación, e expresarán, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o cal deben presentarse e prazo para interpoñelos; ademais, reflectirá que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader e o eixe prioritario do programa de desenvolvemento rural de que se trata. O órgano competente poderá substituír esta publicación no Diario Oficial de Galicia e na web, pola notificación individualizada de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.

7. As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

Artigo 8. Actividades subvencionables, importes, contías e criterios de selección.

1. As accións subvencionables, así como os importes e as porcentaxes máximas subvencionables recóllense nos capítulos II e III desta orde para cada liña de subvención.

2. A xestión desta subvención realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

3. Os criterios específicos de valoración para a adxudicación de subvencións recóllense igualmente nos capítulos II e III para cada unha das liñas de subvención.

Artigo 9. Compromisos dos beneficiarios e coordinación co SPDCIF.

1. Os medios humanos e materiais a que se refire esta orde observarán o disposto no artigo 47 da Lei 10/2006, do 28 de abril, pola que se modifica a Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

2. Os puntos de auga deberán manterse operativos durante, ao menos, 20 anos e manter o acceso libre para as tarefas de prevención e defensa contra incendios forestais.

3. O beneficiario comprométese en todo momento a facilitar as tarefas de inspección ao persoal adscrito á Consellería do Medio Rural e do Mar, así como a outras instancias autonómicas ou comunitarias.

Artigo 10. Execución da subvención.

1. Para a liña I realizarase unha inspección, preferentemente antes da resolución de concesión, e nela verificaranse as superficies propostas de traballo e a súa viabilidade, así como o non inicio dos traballos.

Esta inspección realizarana no campo dous funcionarios da Consellería do Medio Rural e do Mar.

En caso de que existan superficies de traballo consideradas non viables polo distrito forestal, poderase instar o beneficiario, para a reformulación da súa solicitude para axustar os compromisos e condicións á subvención outorgable, segundo o disposto no artigo 25 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

2. Para a liña II a inspección terá que ser anterior á resolución de concesión e nela comprobarase a viabilidade dos traballos, a realidade xeométrica das obras, a dispoñibilidade dos terreos e o non inicio das obras. En caso de que este informe sexa desfavorable, non poderá ser obxecto de subvención. Esta inspección realizarana no campo dous funcionarios da Consellería do Medio Rural e do Mar.

3. As actividades subvencionadas comezarán nun prazo máximo dun mes a partir da recepción da notificación de aprobación da subvención. O inicio da actividade sempre será posterior á inspección e notificarase expresamente ao SPDCIF.

4. Por solicitude do beneficiario, e de forma excepcional, poderase conceder un aprazamento do inicio dos traballos. Neste caso os SPDCIF informarán a Subdireccón Xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, quen elevará a proposta ao secretario xeral do Medio Rural e Montes, que, pola súa vez, resolverá.

5. Unha vez que os traballos propostos sexan inspeccionados e ratificada a súa viabilidade polo distrito forestal, o beneficiario achegará a relación de parcelas SIXPAC correspondentes ás zonas de actuación, segundo o formato que figura no anexo VI.

6. Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 49.999 euros no suposto de custo por execución de obra, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Tamén terán a obriga de solicitar tres ofertas de diferentes proveedores no suposto de gastos en subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos, por importe superior a 17.999 euros.

7. No caso de renuncia, despois de recibida a aprobación da subvención, deberá comunicarse por escrito á Consellería do Medio Rural e do Mar.

8. O beneficiario poderá subcontratar total ou parcialmente a actividade subvencionada, conforme o previsto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O beneficiario poderá subcontratar con terceiros o 100% do importe de investimento da actividade subvencionada.

Os contratistas quedarán obrigados só fronte ao beneficiario, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade subvencionada fronte á Consellería do Medio Rural e do Mar.

Cando a actividade subvencionada exceda o 20% do importe da subvención e o dito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida a que o contrato se subscriba por escrito e que sexa autorizada previamente pola autoridade competente.

Artigo 11. Responsabilidade.

1. A organización e materialización das actividades subvencionadas será responsabilidade exclusiva do beneficiario.

2. A actuación da Consellería do Medio Rural e do Mar quedará limitada ao outorgamento da correspondente subvención e a garantir o cumprimento da normativa en materia de subvencións.

Artigo 12. Xustificacións.

1. O beneficiario deberá comunicar aos SPDCIF da Consellería do Medio Rural e do Mar o remate das obras.

2. O prazo máximo para o remate dos traballos será o 15 de outubro e o de xustificación o 31 de outubro.

3. A xustificación presentarase preferentemente nos SPDCIF das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

4. Para os efectos do disposto no artigo 29 número 2.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e dado que existen módulos para cada unidade de obra que supoñen que, en ningún caso, o custo de execución dos traballos subvencionados poida ser superior ao valor de mercado, considérase gasto realizado o que foi efectivamente comprobado por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural e do Mar.

5. Non poderá realizarse o pagamento da subvención en tanto o beneficiario non se atope ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non teña pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.

6. A subvención definitiva será a resultante da comprobación final realizada por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural e do Mar, un deles distinto dos que realizaron a inspección en campo.

7. Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente, no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas. Esta comprobación final consistirá en:

• Liña I. Subvencións para o control selectivo de combustible.

Certificado emitido por dous funcionarios, un deles diferente ao que realizou a inspección, no cal se indique se as obras realizadas foron executadas conforme a solicitude e a memoria inicial ou modificada presentada polo beneficiario, especificando o número de hectáreas rozadas e a súa localización.

• Liña II. Construción de puntos de auga.

Certificado emitido por dous funcionarios, un deles diferente ao que realizou a inspección, no cal se indique se os puntos de auga foron realizados conforme a solicitude e a memoria inicial ou modificada presentada polo beneficiario.

No caso de que o importe xustificado polo beneficiario coa notificación de remate dos traballos supere en máis dun 3% o importe da comprobación final realizada por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural e do Mar, reducirase a maiores a subvención que se perciba, resultante da comprobación final, na diferenza entre ambos os importes. Non obstante, non se aplicará ningunha redución se o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe xustificado.

8. Xunto coa notificación de remate dos traballos achegarase a seguinte documentación:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes datos:

– Acreditación sobre o número de unidades físicas consideradas como módulo.

– Contía da subvención calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os prezos das unidades de obra previstos nesta subvención.

– Un detalle doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e a súa procedencia.

c) Certificación bancaria da CMVMC ou mancomunidade titular do terreo. No caso de agrupacións, deberán ser titulares conxuntos todas as CMVMC que formen parte da agrupación. Nas agrupacións permitirase a sinatura mancomunada ou solidaria da conta bancaria.

d) As facturas presentaranse en orixinal, e nelas o órgano xestor marcará cun selo o investimento para cuxa xustificación foron presentadas e a porcentaxe do importe do xustificante que resulta afectado pola orde. Estas facturas devolveranse unha vez realizados todos os trámites pertinentes do pagamento.

9. Ao abeiro do artigo 4.4 do Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar os gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural cofinanciados polo Feader, a xustificación do pagamento realizarase a través dos módulos que están recollidos no artigo 20 desta orde.

Artigo 13. Procedemento de reintegro.

1. A subvención poderá reintegrarse, total ou parcialmente, se se dá algún dos seguintes supostos:

a) Por incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultar ou falsear datos ou destinar as subvencións a fins distintos aos sinalados.

b) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para isto ou ocultando aquelas que o impedirían.

c) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentan a concesión da subvención.

d) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, nos termos establecidos no artigo 28 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

e) Execución de menos do 80% das accións viables sen autorización previa ou causa xustificada de forza maior.

f) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na Lei 9/2007 e na lexislación europea.

g) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas nos artigos 11 e 12 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

h) Incumprimento das obrigas impostas pola administración ás entidades colaboradoras e aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

i) Incumprimento das obrigas impostas pola administración ás entidades colaboradoras e aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

j) Adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado CE, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

k) Nos demais supostos previstos na normativa reguladora da subvención.

2. Nestes casos, excepto nos de forza maior, procederá o reintegro da subvención percibida e dos xuros de demora producidos desde o seu pagamento de acordo coa Lei de réxime financeiro e orzamentario da Xunta de Galicia. Os xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a notificación ao beneficiario da obriga de reembolso e o reembolso efectivo ou a dedución da cantidade que debe reembolsarse.

3. Serán casos de forza maior, de conformidade co disposto no artigo 47 do Regulamento (CE) n.º 1974/2006 da Comisión, do 18 de decembro de 2006:

a) Falecemento do beneficiario.

b) Incapacidade profesional de longa duración do beneficiario.

c) Expropiación dunha parte importante da explotación, se esta expropiación non era previsible o día en que se subscribiu o compromiso.

d) Calamidades naturais graves que afecten seriamente a superficie agrícola da expropiación.

4. A notificación dos casos de forza maior e as probas relativas a eles, deberán realizarse por escrito e nun prazo de dez días hábiles, contados desde a data en que se produciu o caso de forza maior.

5. Así mesmo, procederase ao reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou outras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que se estableza.

Artigo 14. Controis.

1. A Consellería do Medio Rural e do Mar realizará os controis administrativos sobre o 100% das solicitudes de axuda e pagamento.

2. A Consellería do Medio Rural e do Mar realizará os controis sobre o terreo, así como as comprobacións e inspeccións que considere oportunas coa finalidade de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das subvencións concedidas. Estes controis realizaranse sobre unha mostra que represente, ao menos, o 4% do gasto público declarado á Comisión cada ano civil, e ao menos, o 5% do gasto público subvencionable declarado á Comisión en todo o período de programación. Estes controis realizaranse, na medida do posible, antes do pagamento derradeiro dun proxecto.

Na liña II os expedientes poderán ser sometidos a controis a posteriori; estes controis cubrirán anualmente, ao menos, un 1% do gasto en investimentos completamente pagados e comunicados á Comisión.

3. O beneficiario someterase ás actuacións de comprobación e control financeiro dos investimentos subvencionados por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas e as instancias de control comunitarias.

4. Seralles de aplicación ás subvencións recollidas nesta orde e non se poderá efectuar ningún pagamento sen realizar o pertinente control sobre o terreo, así como o réxime de controis, reducións e exclusión reguladas no Regulamento (CE) 65/2011, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento 1698/2005 do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de subvención ao desenvolvemento rural.

Artigo 15. Financiamento.

1. As subvencións que deriven da aplicación desta orde financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 16.20.551B.770.0, código de proxecto 2009 00717: Subvencións para investimentos en materia de incendios forestais, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nunha porcentaxe do 57,56% respecto ao gasto público total.

2. O orzamento desta orde é de dous millóns trescentos noventa e oito mil euros (2.398.00 euros), repartidos do seguinte xeito:

a) Liña I: dotada cun total de dous millóns cento trinta e oito mil euros (2.138.000 euros).

b) Liña II: dotada cun total de douscentos sesenta mil euros (260.000 euros).

3. A Consellería do Medio Rural e do Mar, chegado o caso, poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento da presente orde, cando o incremento derive de:

a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

c) No suposto previsto no artigo 25.3.º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se for o caso, unha vez aprobada a modificación orzamentaria que proceda.

A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que esta publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

4. No caso de que queden remanentes de crédito destinados ao financiamento dunha liña de subvencións, tales remanentes poderán ser destinados ao financiamento da outra liña de subvención.

Artigo 16. Modificación da resolución de concesión.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, consonte o disposto no artigo 17.4.º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Artigo 17. Obrigas dos beneficiarios.

1. Son obrigas do beneficiario:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión ou o gozo da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente ou a entidade colaboradora, se é o caso, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Acreditar con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, na forma que se determine regulamentariamente, e sen prexuízo do establecido na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos (BOE n.º 150, do 23 de xuño).

f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

Deberase levar un sistema de contabilidade específica Feader ou ben un código contable adecuado onde se rexistren as transaccións relativas á operación, tal e como exixe o artigo 75.1.c) i) do Regulamento (CE) 1698/2005.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Adoptar as medidas de difusión contidas no número 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 de subvencións de Galicia.

j) Os beneficiarios deberán cumprir co disposto no artigo 58 e no anexo VI do Regulamento (CE) 1974/2006 da Comisión, do 15 de decembro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, en relación coa información e publicidade, en particular, no caso de investimentos subvencionados cun custo total superior a 50.000 euros deberase colocar unha placa explicativa, e cando o custo supere os 500.000 euros deberase colocar un panel publicitario. En ambos os casos figurará a descrición do proxecto, así como a bandeira europea e o lema do Feader «Europa inviste no rural».

Artigo 18. Infraccións e sancións.

1. En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Capítulo II
Subvencións para o control selectivo de combustible

Artigo 19. Actividades subvencionables.

1. A prevención engloba todas aquelas accións encamiñadas a eliminar ou reducir os riscos que poden ser causa da ocorrencia de incendios forestais e da súa propagación.

2. As actuacións subvencionables nesta liña consistirán no control selectivo do combustible en devasas e faixas auxiliares de pista coa finalidade de reducir a carga de combustible presente no monte e crear zonas con descontinuidade horizontal e vertical, contribuíndo así a diminuír o risco de propagación de incendios forestais e a minimizar os danos causados por estes sinistros, en caso de se produciren. Estes traballos realizaranse sempre dentro do ámbito territorial do monte ou montes para os cales o beneficiario solicite a subvención.

3. Os plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito conteñen as accións necesarias para a defensa contra incendios forestais e, alén das accións de prevención e outras medidas previstas en materia de emerxencias, inclúen a previsión e a programación integrada das intervencións das diferentes entidades implicadas no operativo contra incendios forestais.

4. Todas as iniciativas particulares de prevención e defensa deben estar articuladas e encadradas nos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito, por tanto, as actividades subvencionables incluídas nesta liña deben estar sempre de acordo co previsto no devandito plan de prevención.

5. Dentro desta liña subvencionaranse as seguintes accións:

a) Devasas:

Consistirá na roza mecanizada do mato a feito. Non se inclúe nesta actuación as rozas en rexenerado de piñeiro nin en montes cunha fracción de cabida cuberta arborizada igual ou superior ao 20%. Son traballos que se encamiñan especificamente a romper a continuidade horizontal e vertical do combustible forestal cunha largura tal que en condicións normais deteña o lume e sirva de apoio aos medios terrestres para que nos labores de extinción realicen o ataque directo ou indirecto desde estas áreas, creando zonas estratéxicas co fin de dificultar o inicio e a propagación do lume e facilitar a defensa dos montes contra os incendios forestais.

A altura do mato despois da roza non deberá superar, en xeral, os 10 cm.

No seguinte artigo descríbense as actuacións que se poderán incluír dentro das devasas.

b) Faixas auxiliares de pista.

Consistirá na eliminación nas marxes de vías e camiños forestais, do estrato arbustivo e subarbustivo, ata os catro metros desde a aresta exterior da vía ou camiño, sempre que sexa tecnicamente viable. Incluirase nesta actuación a roza de noiros e/ou da plataforma cando sexa necesario. O traballo realizarase con tractor de rodas de mais de 100 CV de potencia, dotado de brazo rozador ou rozadora de cadeas, segundo as necesidades.

A altura do mato despois da roza non deberá superar, en xeral, os 10 cm.

No seguinte artigo descríbense as actuacións que se poderán incluír dentro das devasas.

c) Roza mecanizada en rexenerado de piñeiro.

Consistirá na roza mecanizada por faixas do mato con arboredo, co obxecto de defender a masa forestal, diminuír a densidade de pés e facela viable.

A masa forestal procederá da rexeneración natural de antigos piñeiros afectados polo lume, e a altura máxima dos pés será de 1,80 metros.

O traballo realizarase con tractor de rodas de máis de 100 CV de potencia, dotado de brazo rozador ou rozadora de cadeas, segundo as necesidades.

A altura do mato despois da roza non deberá superar, en xeral, os 10 cm.

No seguinte artigo descríbense as actuacións que se poderán incluír dentro da roza mecanizada en rexenerado de piñeiro.

6. Nas devanditas actuacións deberán facerse as pasadas necesarias para que o mato quede perfectamente cortado e triturado; non se admite pisar a vexetación de maneira que se poida levantar co paso do tempo.

7. As actuacións poderanse desenvolver de xeito manual, con rozadoras ou apeiros manuais similares, se for necesario, mantendo sempre os importes e porcentaxes máximas de subvención previstas no artigo 20.

8. A superficie mínima para solicitar para todas as devanditas actuacións será de 10 ha e a máxima de 20 ha, para expedientes con CMVMC, mancomunidades ou agrupacións de CMVMC de menos de 1.000 ha clasificadas como MVMC e de 40 ha como máximo, para expedientes en que a devandita superficie sexa maior o igual a 1.000 ha. Estes máximos poderán incrementarse ata 30 ha no primeiro caso, sempre que, polo menos, se soliciten 10 ha para roza mecanizada en rexenerado de piñeiro e ata 60 ha, para o segundo caso, sempre que polo menos se soliciten 20 ha para roza mecanizada en rexenerado de piñeiro.

Artigo 20. Importes e porcentaxes máximos das subvencións.

1. A contía das subvencións estará condicionada, en todo caso, á existencia de dispoñibilidades orzamentarias.

2. Os prezos que se reflicten na seguinte táboa son indicativos para o titular da solicitude e obrigatorios como tope máximo na aplicación polos SPDCIF para a aprobación dos orzamentos.

Unidade

Descrición

Prezo máximo aplicable en euros

Porcentaxe máxima a subvencionar

Devasas

Ha

Roza mecanizada con rozadora de cadeas en pendente <10%

343,44

80%

Ha

Roza mecanizada con rozadora de cadeas en pendente de 10% a 20%

409,10

80%

Ha

Roza mecanizada con rozadora de cadeas en pendente de 20% a 30%

474,76

80%

Faixas auxiliares de pista

Ha

Roza mecanizada con rozadora de cadeas en pendente <10%

343,44

80%

Ha

Roza mecanizada con rozadora de cadeas en pendente de 10% a 20%

409,10

80%

Ha

Roza mecanizada con rozadora de brazo

490,04

80%

Roza mecanizada en rexenerado de piñeiro

Ha

Roza mecanizada con rozadora de cadeas en pendente <10%

343,44

80%

Ha

Roza mecanizada con rozadora de cadeas en pendente de 10% a 20%

409,10

80%

Ha

Roza mecanizada con rozadora de cadeas en pendente de 20% a 30%

474,76

80%

Artigo 21. Criterios de selección.

1. A concesión das subvencións axustarase aos principios xerais recollidos no artigo 5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

2. As actuacións preventivas subvencionadas complementarán os labores de prevención desenvolvidos polos medios propios dos SPDCIF, de xeito que se reforcen nos lugares estratéxicos e se estendan ao máximo posible no territorio.

3. Atenderanse as solicitudes de maior a menor puntuación ata acadar o orzamento asignado para esta liña, segundo o baremo seguinte:

a) Expedientes con montes veciñais situados en concellos declarados zonas de alto risco segundo o disposto na Orde do 18 de abril do 2007, pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal ou incluídos en concellos con espazos declarados zonas de especial protección dos valores naturais, segundo o disposto no Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (DOG n.º 69, do 12 de abril de 2004): 2 puntos.

b) Número de comunidades que integran a agrupación ou a mancomunidade, puntuación:

Dúas comunidades: 0,20 puntos.

Tres comunidades: 0,45 puntos.

Catro comunidades: 0,75 puntos.

Cinco ou máis comunidades: 1 punto.

c) Superficie total da CMVMC, agrupacións de CMVMC ou mancomunidades clasificada como MVMC:

Desde 500 ata 1.000 ha: 1 punto.

Máis de 1.000 ha: 2 puntos.

Máis de 2.000 ha: 3 puntos.

d) Expedientes que inclúan algún monte con instrumento de xestión rexistrado (Orde do 12 de xuño de 1998 pola que se crea o Rexistro de Proxectos de Ordenación e Plans Técnicos de Xestión de Montes): 1 punto.

e) Expedientes con algún monte con certificación forestal con sistema PEFC ou FSC: 1 punto.

4. Para todos os casos, se existir empate prevalecerá a maior puntuación obtida na alínea a) e, se continuar, será preferente a maior puntuación obtida nos puntos b), c), d) e e) sucesivamente.

Se continuar o empate, prevalecerá a maior superficie clasificada da CMVMC, agrupacións de CMVMC ou mancomunidade, despois o maior número de comunidades que integran a agrupación ou a mancomunidade e, por último, de maior a menor, o valor da suma das catro últimas cifras do CIF da CMVMC solicitante ou representante.

Capítulo III
Construción de puntos de auga

Artigo 22. Actividades subvencionables.

1. Os puntos de auga integran as redes de defensa contra incendios forestais dos distritos.

2. Subvencionarase a construción de puntos de auga para a prevención e defensa contra incendios forestais, que se localizarán en zonas estratéxicas para a defensa dos núcleos de poboación e das masas forestais, cunha orografía adecuada para a actuación dos medios do SPDCIF e garantindo a actuación rápida destes. A localización dos puntos de auga será coherente co disposto nos plans de prevención de distrito.

3. Os puntos de auga deberán cumprir, ao menos, coas seguintes premisas:

a) Permitirán a carga de vehículos motobomba do SPDCIF.

b) Levarán peche perimetral de seguridade e protección.

c) As dimensións do punto de auga serán as que figuran a seguir:

– Depósito de auga 5×4×2,5 m (volume útil 40 m3).

– Depósito de auga 6×4×2,5 m (volume útil 50 m3).

– Depósito de auga 7×4×2,5 m (volume útil 60 m3).

Subvencionarase un máximo dun punto de auga para expedientes con CMVMC, mancomunidades ou agrupacións de CMVMC de menos de 500 ha clasificadas e de dous puntos de auga para expedientes en que a devandita superficie sexa maior o igual a 500 ha.

4. Ademais, o beneficiario deberá manter operativos para a prevención e defensa contra incendios forestais estas infraestruturas durante, ao menos 20 anos, polo que deberá garantir:

a) Un acceso axeitado a eles dos medios do SPDCIF.

b) Un caudal continuo e suficiente.

c) Un baleiramento do depósito axeitado.

d) Manterán a zona perimetral libre de vexetación arbórea e arbustiva.

5. O uso principal destas construcións estará vinculado á prevención de incendios.

Artigo 23. Importes e porcentaxes máximos das subvencións.

1. A contía das subvencións estará condicionada, en todo caso, á existencia de dispoñibilidades orzamentarias.

2. Os prezos que se reflicten na seguinte táboa son indicativos para o titular da solicitude e obrigatorios como tope máximo na aplicación polos SPDCIF para a aprobación dos orzamentos.

Unidade

Descrición

Prezo máximo aplicable en euros

Porcentaxe máxima a subvencionar

Ud.

Depósito de auga 5×4×2,5 m (volume útil 40 m3)

6.103,61

80%

Ud.

Depósito de auga 6×4×2,5 m (volume útil 50 m3)

7.174,01

80%

Ud.

Depósito de auga 7×4×2,5 m (volume útil 60 m3)

8.146,68

80%

Artigo 24. Criterios de selección.

1. A concesión das subvencións axustarase aos principios xerais recollidos no artigo 5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

2. Os puntos de auga deberán localizarse estratexicamente no territorio de Galicia complementando as infraestruturas deste tipo do SPDCIF de xeito que se garante unha actuación o máis eficiente posible dos medios.

3. Atenderanse as solicitudes de maior a menor puntuación ata acadar o orzamento asignado para esta liña, segundo o baremo seguinte:

a) Expedientes con montes veciñais situados en concellos declarados zonas de alto risco segundo o disposto na Orde do 18 de abril do 2007, pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal ou incluídos en concellos con espazos declarados zonas de especial protección dos valores naturais, segundo o disposto no Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (DOG n.º 69, do 12 de abril de 2004): 2 puntos.

b) Número de comunidades que integran a agrupación ou a mancomunidade, puntuación:

Dúas comunidades: 0,20 puntos.

Tres comunidades: 0,45 puntos.

Catro comunidades: 0,75 puntos.

Cinco ou máis comunidades: 1 punto.

c) Superficie total da CMVMC, agrupacións de CMVMC ou mancomunidades clasificada como MVMC:

Desde 500 ata 750 ha: 1 punto.

Máis de 750 ha: 2 puntos.

Máis de 1.000 ha: 3 puntos.

d) Expedientes que inclúan algún monte con instrumento de xestión rexistrado (Orde do 12 de xuño de 1998 pola que se crea o Rexistro de Proxectos de Ordenación e Plans Técnicos de Xestión de Montes: 1 punto.

e) Expedientes con algún monte con certificación forestal con sistema PEFC ou FSC: 1 punto.

4. Para todos os casos, se existir empate, prevalecerá a maior puntuación obtida no punto a) e, se continuar, será preferente a maior puntuación obtida nos puntos b), c), d) e e) sucesivamente.

Se continuar o empate, prevalecerá a maior superficie clasificada da CMVMC, agrupacións de CMVMC ou mancomunidade, despois o maior número de comunidades que integran a agrupación ou a mancomunidade e, por último, de maior a menor, o valor da suma das catro últimas cifras do NIF da CMVMC solicitante ou representante.

Capítulo IV

Artigo 25. Documentación.

1. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no rexistro provincial de montes veciñais en man común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para poder acceder a estas subvencións.

2. Subvencións para o control selectivo de combustible.

a) Solicitude, total e correctamente completada, segundo o anexo I. O solicitante deberá ser a CMVMC, a través do seu representante legal (presidente da CMVMC).

b) Fotocopia do NIF da CMVMC (en caso de agrupación, de todas as comunidades que a integran) ou mancomunidade.

c) Certificado tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan ao solicitante para pedir subvencións á Consellería do Medio Rural e do Mar, para a execución das accións obxecto da solicitude.

d) Datos dos montes obxecto da subvención, segundo o anexo III.

e) Para as agrupacións: acordo dos titulares dos terreos forestais para a designación dun solicitante-representante para efectos de tramitación da subvención, segundo o anexo IV.

f) Declaración das subvencións solicitadas, tanto das aprobadas como das pendentes de resolución, para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes delas, ou anexo V debidamente asinado. No caso de agrupacións, cada CMVMC integrante, deberá presentar unha declaración de subvencións.

g) Dous exemplares do documento descritivo das actuacións.

3. Subvencións para a construción de puntos de auga.

a) Solicitude, total e correctamente completada, segundo o anexo II. O solicitante deberá ser a CMVMC, por medio do seu representante legal (presidente da CMVMC).

b) Fotocopia do NIF da CMVMC (en caso de agrupación, de todas as comunidades que a integran) ou mancomunidade.

c) Certificado tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante para pedir subvencións á Consellería do Medio Rural e do Mar, para a execución das accións obxecto da solicitude.

d) Datos dos montes obxecto da subvención, segundo o anexo III.

e) Para as agrupacións: acordo dos titulares dos terreos forestais para a designación dun solicitante-representante para efectos de tramitación da subvención, segundo o anexo IV.

f) Declaración das subvencións solicitadas, tanto das aprobadas como das pendentes de resolución, para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes delas, ou anexo V debidamente asinado. No caso de agrupacións, cada CMVMC integrante, deberá presentar unha declaración de subvencións).

g) Dous exemplares do documento descritivo das actuacións.

4. Aquelas comunidades que solicitasen subvención no ano 2011 e non se lle concedese por falta de orzamento, poderán presentar simplemente o anexo da solicitude xunto cun escrito asinado polo representante legal en que expoña que solicita a subvención nas mesmas superficies de actuación que a convocatoria pasada, sempre e cando se manteñan os mesmos órganos legais (xunta reitora ...).

Disposición adicional primeira.

As subvencións contidas nesta orde son incompatibles con outras subvencións de calquera Administración pública e con calquera outro réxime de subvencións comunitarias para a mesma finalidade.

Disposición adicional segunda.

Nos aspectos non previstos nesta orde observarase o disposto na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, no Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro, relativo á subvención ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no Regulamento (CE) 1974/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) n.º 1698/2005, e no Regulamento (CE) 65/2011 da Comisión, do 7 de decembro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de subvención ao desenvolvemento rural.

Disposición adicional terceira.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Igualmente, farano na correspondente páxina web oficial nos termos previstos no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na cita páxina web. O órgano competente poderá substituír esta publicación no Diario Oficial de Galicia e na web, pola notificación individualizada de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.

De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de subvencións, axudas e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás subvencións e axudas recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Disposición derradeira primeira.

Facúltase o secretario xeral do Medio Rural e Montes para ditar todas as disposicións complementarias, dentro do ámbito das súas competencias, para a aplicación da presente orde.

Disposición derradeira segunda.

A presente orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2012.

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file