Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 15905

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 13 de abril de 2012 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para o mantemento e a promoción de actividades e proxectos na área de servizos sociais comunitarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23, asigna á Comunidade Autónoma a competencia exclusiva en materia de asistencia social.

En virtude dese título competencial aprobouse a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia (DOG n.º 245, do 18 de decembro), que recolle no seu artigo 8.1.a), relativo á estrutura básica dos servizos sociais, como un dos niveis de actuación en que se estrutura o Sistema Galego de Servizos Sociais, o dos servizos sociais comunitarios, que comprenden, pola súa vez, dúas modalidades: servizos sociais comunitarios básicos e servizos sociais comunitarios específicos. Ademais, o artigo 31.1 sinala que o cumprimento dos fins de entidades de iniciativa social se promoverá mediante o outorgamento de subvencións, que se concederán atendendo ao interese social dos distintos servizos e proxectos, á súa complementariedade coa oferta pública de servizos sociais, á calidade e ao carácter innovador das prestacións e servizos ofertados, á eficiencia no emprego dos fondos públicos e á súa adecuación aos obxectivos fixados pola planificación autonómica en materia de servizos sociais.

A Consellería de Traballo e Benestar, segundo a estrutura orgánica fixada polo Decreto 335/2009, do 11 de xuño (DOG n.º 123, do 25 de xuño), é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma ao cal lle corresponde levar a cabo, entre outras, as competencias e funcións en materia de servizos sociais, incluíndo as políticas de benestar social, inclusión social e servizos comunitarios. Así mesmo, como un dos órganos en que se estrutura, á Secretaría Xeral de Política Social correspóndelle a realización de funcións de estudo das necesidades e problemáticas sociais e a coordinación, o control e a xestión das prestacións sociais e económicas.

No exercicio destas competencias, considérase adecuado o establecemento de subvencións destinadas a entidades de iniciativa social para a prestación de servizos sociais no ámbito dos servizos sociais comunitarios, sempre que se axusten á tipoloxía e requisitos legalmente establecidos e se adecuen á planificación da Consellería de Traballo e Benestar.

Resulta ademais necesario asegurar a adaptación dos centros que optan a prestar servizos sociais aos requisitos xerais expresados no Decreto 254/2011, do 23 de decembro (DOG n.º 14, do 20 de xaneiro de 2012), polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia, e aos recollidos na Orde do 25 de xaneiro de 2008, pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social.

Doutra banda, a solicitude, tramitación e concesión destas subvencións axustaranse ao disposto na Lei 38/2003, xeral de subvencións, do 17 de novembro (BOE n.º 276, do 18 de novembro) e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve; así como na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG n.º 121, do 25 de xuño); e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, atendendo, en todo caso, aos principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia (DOG n.º 23, do 21 de marzo), e polo Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG n.º 75, do 20 de abril) e polo Decreto 335/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, para a debida aplicación dos créditos orzamentarios conforme o fin para a que foron establecidos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto.

Esta orde ten por obxecto o establecemento de subvencións ás entidades de iniciativa social que, de conformidade coa Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, levan a cabo programas e prestan servizos sociais na área de actuación dos servizos sociais comunitarios. Este nivel de atención comprende os programas de orientación, asesoramento e información; de axuda no fogar; de inserción social; de animación, prevención e fomento da cooperación social; de convivencia alternativa ou calquera outro que dea cumprimento ao obxecto deste nivel de atención, segundo se recolle nos artigos 9 a 13 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, e no Decreto 240/1995, do 28 de xullo (DOG n.º 157, do 17 de agosto). Para os efectos desta orde, consideraranse centros propios deste nivel de atención os centros sociais, centros de día (exceptuando os de atención á dependencia), centros de inclusión e emerxencia social recollidos na Orde do 25 de xaneiro de 2008, pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social, e outros en que se desenvolvan os programas antes citados.

Non obstante, non serán obxecto de subvención as actividades e proxectos que teñan principalmente os seguintes contidos:

a) Promoción da saúde pública, asesoramento sobre enfermidades crónicas, divulgación das características e efectos dunha determinada enfermidade ou outras problemáticas de índole sanitaria, salvo aquelas que consistan na prevención das discapacidades, principalmente as dirixidas ás persoas celíacas e fenilcetonúricas, que deberán, en todo caso, establecer criterios de progresividade social na súa actuación coas persoas e familias beneficiarias.

b) Realización de actividades lúdicas, culturais, de ocio ou recreo.

Ademais, non serán prioritarias, para os efectos previstos nesta orde aquelas actividades ou proxectos susceptibles de acceder a outras liñas de colaboración financeira específicas promovidas por outros centros directivos da Xunta de Galicia.

Artigo 2. Entidades destinatarias.

1. Poderán solicitar as subvencións reguladas nesta orde as entidades de iniciativa social referidas no artigo 31.1 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, que desenvolvan proxectos e presten os servizos na área de actuación establecida no artigo anterior, sempre que se atopen debidamente inscritas con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro (DOG n.º 14, do 20 de xaneiro de 2012), e cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Será requisito previo ao outorgamento das subvencións a entidades para o mantemento de centros en que se presten servizos sociais comunitarios a obtención da autorización para o inicio de actividades, prevista no Decreto 254/2011, do 23 de decembro (DOG n.º 14, do 20 de xaneiro de 2012), polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia.

Para solicitar a subvención bastará coa presentación, antes do remate do prazo de presentación das instancias desta orde, da copia da solicitude do permiso de inicio de actividades en que conste o rexistro de entrada e coa que se acredite que se ten iniciado o procedemento. A solicitude do permiso de inicio de actividades presentarase en modelo normalizado e irá acompañada da documentación prevista no artigo 25 do devandito decreto e irá dirixida á unidade administrativa competente para tramitala.

En todo caso, a comisión de valoración verificará que a entidade solicitante ten concedido o mencionado permiso con anterioridade á notificación da resolución da subvención que corresponda.

3. No suposto de entidades que no exercicio anterior recibisen subvención para mantemento de centros ou promoción de actividades ou asinasen convenios de colaboración coa Xunta de Galicia que tivesen un obxecto semellante ao recollido nesta orde, será requisito previo para a concesión da subvención a presentación do balance de ingresos e gastos comprensivo de todo o ano natural, ao que se refire o artigo 17 (anexo VI) e, no caso das subvencións para promoción de actividades, da correspondente memoria. Ademais, as entidades que percibisen no anterior exercicio unha subvención para mantemento de centros de servizos sociais condicionada ao outorgamento do permiso de inicio de actividade, deberán acreditar que o obtiveron ou que se manteñen as condicións que determinaron ese outorgamento pola Consellería de Traballo e Benestar.

4. As entidades que accedan á presente convocatoria deberán dedicarse con carácter preferente, en concordancia cos seus estatutos, á realización de actuacións recollidas no artigo 1.

5. As subvencións para o mantemento de centros e promoción de actividades reguladas nesta orde non son compatibles coa reserva de prazas efectuada mediante calquera das modalidades de contratación administrativa entre a entidade solicitante e a Xunta de Galicia nin co mantemento de centros efectuado a través de convenios de colaboración especificamente asinados para tal efecto.

Artigo 3. Tipos de subvencións.

Os tipos de subvencións que se poderán solicitar son os seguintes:

A. De mantemento de centros de inclusión e emerxencia social.

Inclúense neste tipo o mantemento daqueles centros que complementen os ámbitos de intervención social do Sistema Galego de Servizos Sociais neste nivel de atención, que se especifican no artigo 3 da Orde do 25 de xaneiro de 2008 pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social, e que corresponden ás seguintes tipoloxías:

a) Albergues.

b) Centros de acollida.

c) Comedores sociais.

d) Centros de atención social continuada.

e) Centros de día de inclusión social.

B. De mantemento de entidades e servizos.

Inclúense neste tipo o mantemento de entidades que desenvolvan programas orientados a colectivos con problemáticas identificadas e singulares, na procura da súa normalización e reincorporación social, para favorecer o mantemento dos seus vínculos familiares e a súa autonomía e calidade de vida.

Os contidos dos centros e servizos elixibles para seren subvencionados con cargo a esta orde axustaranse ao tipificado nos artigos 2, 3 e 8 do Decreto 240/1995, do 28 de xullo, polo que se regula este nivel de atención do sistema de servizos sociais.

C. De promoción de actividades e proxectos básicos, innovadores e complementarios dos servizos sociais comunitarios.

Inclúense neste tipo o desenvolvemento de actividades e proxectos que complementen, amplíen ou innoven os proxectos básicos de actuación dos servizos sociais comunitarios referidos no artigo 9 do Decreto 240/1995, incluída a organización de xornadas, seminarios e outros eventos relacionados coa formación, debate e sensibilización.

O número de proxectos de actividades para os cales se poderá solicitar subvención será como máximo de tres, e indicarase a orde de prioridade entre eles.

Artigo 4. Normas de carácter xeral.

a) Tanto nas subvencións de mantemento como nas de promoción de actividades e proxectos, a subvención poderá significar o financiamento total ou parcial do gasto, sen que en ningún caso implique duplicidade de financiamento.

b) En calquera caso, a suma dos fondos obtidos de calquera Administración pública e das subvencións concedidas por todo tipo de organismos privados, percibidas coa mesma finalidade, non poderá superar o importe total do gasto efectuado. Así mesmo, a subvención reducirase proporcionalmente cando non se xustifique a totalidade do gasto orzado na solicitude.

c) Os servizos da Consellería de Traballo e Benestar poderán efectuar as comprobacións que consideren oportunas en canto ao cumprimento por parte das entidades de iniciativa social participantes dos requisitos exixidos pola Lei de servizos sociais de Galicia e pola súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, poderán solicitar informes dos servizos da rede pública concertada de servizos sociais en canto os aspectos de complementariedade, oportunidade e eficacia dos servizos e programas das entidades solicitantes recollidos nesta orde.

d) As entidades sen ánimo de lucro con personalidade xurídica independente que desenvolvan actuacións nun mesmo ámbito territorial, provincial ou supraprovincial, estarán facultadas para solicitar subvencións dirixidas á realización conxunta de actividades con idéntica finalidade, o que se fará constar na correspondente solicitude. As instancias cursaranse individualmente e cada entidade solicitará unha parte proporcional da axuda, de xeito que a suma resultante das subvencións solicitadas por todas elas non poderá superar o custo total da actividade. En todo caso, a presentación dunha solicitude conxunta impedirá a presentación de solicitudes individuais para outra finalidade.

Artigo 5. Financiamento.

1. Para a concesión das subvencións, e sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de maiores dispoñibilidades orzamentarias, que se tramitarán como modificacións daquela de acordo co previsto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, por un importe máximo de 2.000.000 €, na aplicación 2012.12.08.312A.481.3.

2. En calquera caso, a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución.

3. O importe do crédito previsto no número 1 que será obxecto de desconcentración ás xefaturas territoriais, segundo criterios obxectivos relacionados coa poboación, volume e entidade das solicitudes presentadas no ano anterior en función do número de usuarios e das necesidades atendidas polas entidades pertencentes a cada un destes ámbitos territoriais, será o seguinte:

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

505.600,00 €

179.000,00 €

275.600,00 €

494.000,00 €

Sen prexuízo do anterior, poderán facerse reaxustes nesta distribución territorial dos créditos, no suposto de producirse discrepancias entre as previsións e as necesidades reais de asignación de fondos, en función do número e dimensión dos proxectos presentados en cada unha das provincias, sen que isto implique modificación do texto da orde. De xeito semellante, procederase no caso de producirse unha ampliación dos créditos previstos inicialmente.

Artigo 6. Solicitudes e documentación requirida.

As solicitudes presentaranse nos modelos publicados como anexos desta orde. Ademais dos modelos comúns a todo tipo de subvención, xunto á solicitude deberanse achegar os documentos específicos para cada tipo de subvención, consonte co seguinte:

A. Documentación común a todo tipo de subvención:

a) Solicitude (anexo I).

b) Memoria da entidade que se axustará ao modelo do anexo II, contendo os datos básicos de identificación e unha presentación da entidade que recolla, como mínimo, as epígrafes sinaladas neste anexo.

c) Datos financeiros da entidade solicitante (anexo III), que inclúe a ficha bancaria e a declaración relativa á non percepción doutras axudas.

d) Declaración responsable da veracidade dos datos consignados na solicitude (anexo III) relativos á titularidade da conta corrente en que se ingresará a subvención.

e) Acreditación da representación do solicitante para actuar en nome da entidade. En canto á acreditación da personalidade deberá presentarse fotocopia do documento nacional de identidade ou documento equivalente no caso de que o interesado/a non autorice expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

f) Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal.

g) Ficha de entidades, de centros ou de fundacións e establecementos, segundo corresponda (anexos VIII, IX ou X).

h) Declaración responsable da persoa representante da entidade de que se están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, excepto nos supostos en que tal información pode ser obtida pola propia Administración.

As entidades que solicitasen subvención no exercicio anterior quedarán exentas de presentar a documentación prevista nas alíneas d), e) e f), sempre que non se producisen modificacións no seu contido, circunstancia que será acreditada mediante certificación simple expedida polo representante da entidade.

B. Documentos específicos para as subvencións de mantemento de centros de inclusión e emerxencia social: (subvencións do tipo A das relacionadas no artigo 3 desta orde).

Unha ficha de identificación do centro (anexo IV) para o que se solicita a subvención, que deberá informar dos seguintes aspectos:

– Identificación do centro e do seu responsable.

– Capacidade e réxime económico aplicado ás persoas usuarias.

– Cadro de persoal voluntario e profesional.

– Servizos prestados e actividades ofertadas con carácter regular.

– Descrición das características técnicas do centro.

– Relación de persoas usuarias.

– Orzamento de funcionamento do servizo, referido ao período que vai do 1 de xaneiro ao 30 de novembro de 2012.

– Declaración responsable de non ter reserva de prazas contratadas coa Xunta de Galicia nin convenio de colaboración asinado para o mantemento de centros.

Esta información mínima requirida no anexo IV poderá ser ampliada, a discreción da entidade solicitante, nunha memoria complementaria.

C. Documentos específicos para as subvencións de mantemento de entidades e servizos: (subvencións do tipo B das relacionadas no artigo 3 desta orde):

No caso das solicitudes de subvención para o mantemento de entidades e servizos, cubrirase o anexo V, e farase constar:

– Ficha de identificación da entidade.

– Dimensión e eficacia social.

– Solvencia técnica.

– Recursos humanos dispoñibles.

– Ficha de financiamento público do centro.

– Existencia doutros recursos semellantes, públicos e/ou privados.

Esta información mínima requirida no anexo V poderá ser ampliada, a discreción da entidade solicitante, nunha memoria complementaria.

D. Documentos específicos para as subvencións de promoción de actividades e proxectos básicos, innovadores e complementarios dos servizos sociais comunitarios (subvencións do tipo C das relacionadas no artigo 3 desta orde).

Unha ficha (anexo VI) por cada actividade e/ou proxecto con custo diferenciado para o que se solicita subvención. Esta ficha, coa información mínima requirida, deberá expresar o seguinte:

– Identificación da entidade.

– Identificación da actividade/proxecto, área de actuación e custo.

– Cooperación con outras entidades, se procede.

– Resumo do contido.

– Obxectivos e descrición xeral da actividade/proxecto.

– Actuacións e calendario previstos.

– Metodoloxía.

– Sistemas de avaliación e seguimento.

– Orzamento desagregado por partidas dos gastos previstos para o desenvolvemento do proxecto, así como dos posibles recursos con que se conte para o seu financiamento.

– Declaración responsable de non ter asinado convenio ou contrato administrativo para a reserva de prazas con ningunha Administración pública.

– No caso de que a actividade/proxecto subvencionado supoña unha prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, cando o importe do gasto polo que se solicita a subvención supere a contía de 18.000,00 €, presentaranse como mínimo tres ofertas de diferentes empresas provedoras emitidas con carácter previo á contratación, agás cando non existan suficientes empresas subministradoras ou cando o gasto se realice con anterioridade á solicitude de subvención.

– Compromiso expreso de comunicación á Xunta de Galicia dos resultados obtidos, cando da natureza da actividade/proxecto subvencionado, como é o caso de congresos, reunións científicas, estudos, publicacións ou outras análogas, se desprenda algún produto final de carácter intelectual.

A información mínima requirida no anexo VI poderá ser ampliada, á discreción da entidade solicitante, nunha memoria complementaria.

Cando se trate de actividades/proxectos de carácter puntual e aberto nos que non sexa posible achegar unha relación concreta das persoas participantes, considerarase suficiente para estes efectos unha certificación do director da actividade/proxecto, co visto e prace do presidente da institución, en que se indique o número de persoas usuarias ou a frecuencia dos servizos que se prestan, segundo proceda. O anterior será igualmente de aplicación no suposto de actividades/proxectos en que, pola natureza da atención prestada, sexa conveniente asegurar a confidencialidade e privacidade das persoas usuarias.

Artigo 7. Prazo de presentación das solicitudes e documentación.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.

Entenderase como último día do prazo o correspondente, no mes seguinte ao da publicación desta orde, ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 8. Lugar de presentación das solicitudes e documentación.

A solicitude e a documentación requirida, que irá dirixida á conselleira de Traballo e Benestar ou ao/á xefe/a territorial das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar en cada unha das delegacións territoriais da Xunta de Galicia, presentarase no Rexistro Único nos servizos centrais ou nos servizos periféricos da Consellería de Traballo e Benestar segundo o disposto nos artigos seguintes desta orde, e será de aplicación, en todo caso, o disposto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), o disposto no Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e na Orde do 16 de outubro de 2008 pola que entra en funcionamento a oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo de San Caetano.

Así mesmo, tamén poderán presentarse electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo: https://sede.xunta.es

De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e para a publicación da relación de entidades beneficiarias e do importe das axudas concedidas na páxina web oficial da Xunta de Galicia. Así mesmo, a solicitude inclúe a autorización para facer públicos nos rexistros de axudas, subvencións, convenios e de sancións, os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas.

Por último, tamén contén a autorización para acceder á información sobre obrigas tributarias, co Estado e coa Comunidade Autónoma, e aos datos de identidade e residencia das persoas físicas que actúen en nome da entidade, de conformidade co establecido na Orde do 7 de xullo de 2009 pola que se desenvolve o Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, no que respecta á verificación de datos de identidade e residencia. Non obstante, a persoa ou entidade solicitante poderá denegar expresamente o seu consentimento, daquela deberá entregar coa solicitude a fotocopia do documento acreditativo da identidade da persoa solicitante.

Artigo 9. Normas xerais da tramitación dos expedientes.

1. Os expedientes serán tramitados pola correspondente unidade administrativa dos servizos centrais da Consellería de Traballo e Benestar ou nas súas xefaturas territoriais existentes nas delegacións territoriais da Xunta de Galicia, de acordo cos criterios establecidos no artigo 10.

2. Os servizos encargados da xestión de cada subvención comprobarán que as solicitudes cumpren co establecido nesta orde e, se é o caso, requirirán os interesados para que, no prazo de dez días, emenden as faltas ou acheguen os documentos preceptivos con indicación de que, se así non o fan, se lles terá por desistidos da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Os expedientes, unha vez revisados e, se é o caso, completados, remitiranse á comisión de valoración correspondente, de conformidade co disposto no artigo 11, que terá a función de propoñer a aprobación ou denegación das subvencións, seguindo os criterios obxectivos recollidos para cada tipo de subvención. A comisión de valoración que corresponda poderá solicitar informe á unidade administrativa con competencias en materia de autorización e inspección de servizos sociais acerca do grao de cumprimento da normativa en materia de inscrición de entidades e autorización dos centros e/ou programas de servizos sociais.

Artigo 10. Responsables da tramitación.

Serán responsables da tramitación dos expedientes:

– Nos servizos centrais: a Subdirección Xeral de Inclusión Social e Cooperación coas Corporacións Locais.

– Nas xefaturas territoriais: os servizos de Prestacións e Inclusión.

Artigo 11. Comisións de valoración.

A composición das comisións de valoración será a seguinte:

A. Nos servizos centrais:

– Presidente/a: a persoa titular da Secretaría Xeral de Política Social ou persoa designada para substituíla.

– Vogais: o subdirector xeral de Inclusión Social e Cooperación coas Corporacións Locais e a xefa do Servizo de Prestacións. Actuará como secretario/a, con voz pero sen voto, un funcionario/a por proposta da secretaria xeral de Política Social.

B. Nas xefaturas territoriais:

– Presidente/a: o/a xefe/a do Servizo de Prestacións e Inclusión nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar ou persoa designada para substituílo/a.

– Vogais: dous funcionarios/as do Servizo de Prestacións e Inclusión. Actuará como secretario/a un dos/as vogais. Poderase convocar, con voz pero sen voto, un representante da Intervención Territorial.

Se por calquera causa, no momento en que a comisión de valoración teña que examinar as solicitudes, algún dos seus compoñentes non puider asistir, será substituído pola persoa que para o efecto designe o/a presidente/a da respectiva comisión e, sempre que for posible, o dito nomeamento deberá recaer noutra persoa da mesma subdirección ou servizo a que pertenza o/a substituído/a.

Artigo 12. Valoración das solicitudes de subvención segundo as distintas tipoloxías.

Criterios de valoración e importe máximo.

A. Subvención para o mantemento de centros de inclusión e emerxencia social.

A.1. Centros de acollida (límite máximo subvención 175.000 euros).

a) Perfil das persoas usuarias (máx. 30 puntos):

– Se o centro atende con carácter xeral a persoas en situación ou risco de exclusión social 10 puntos.

– Se na programación do centro se establece a reserva dunha proporción maior do 20% da capacidade do centro para persoas afectadas por outros factores específicos de exclusión (discapacidade igual ou maior do 65%, enfermidade mental, VIH e drogodependencias) 20 puntos.

– Se o centro, de maneira prioritaria, atende persoas afectadas por outros factores específicos de exclusión (discapacidade igual ou maior do 65%, enfermidade mental, VIH e drogodependencias) 30 puntos.

b) Número efectivo de persoas usuarias (máx. 15 puntos):

– Menos de 10 persoas: 10 puntos.

– 10 ou máis persoas: 15 puntos.

c) Optimización do centro (máx. 10 puntos):

Valorarase a ocupación real do centro en relación coa capacidade autorizada:

– Ten o 100% de prazas ocupadas: 10 puntos.

– Ten menos do 100% de ocupación, aplicarase a puntuación máxima (10 puntos) a porcentaxe de ocupación, os puntos que se alcanzarán será o resultado de multiplicar 10 pola porcentaxe de ocupación.

d) Existencia doutras fontes de financiamento público (máx. 30 puntos):

Dividirase o importe total do financiamento previsto ou recibido entre o número de persoas usuarias. Ao resultado obtido aplicaráselle o seguinte:

– Importe do financiamento persoa/ano inferior a 1.000 euros: 30 puntos.

– Por cada fracción de incremento de 1.000 euros a puntuación reducirase en 2 puntos, polo que se o importe total de financiamento persoa/ano é igual ou superior a 16.000 euros a puntuación acadada nesta epígrafe será de 0 puntos.

e) Existencia doutros recursos semellantes, públicos e/ou privados, na zona de influencia (concello ou concellos limítrofes) (máx. 10 puntos):

– Inexistencia de rede pública: 5 puntos.

– Inexistencia de rede privada: 5 puntos.

f) Emprego do idioma galego (máx. 5 puntos):

Valorarase o emprego do idioma galego segundo a documentación achegada pola entidade xunto coa solicitude:

– Empregou o idioma galego: 5 puntos.

– Non empregou o idioma galego: 0 puntos.

A.2. Centros de día de inclusión (importe máximo subvención 20.000 euros).

a) Perfil das persoas usuarias (máx. 30 puntos):

– Se o centro atende con carácter xeral persoas en situación ou risco de exclusión social: 10 puntos.

– Se na programación do centro se expresa o obxectivo de incorporar un mínimo do 20% de persoas afectadas por outros factores específicos de exclusión (discapacidade igual ou maior do 65%, enfermidade mental, VIH e drogodependencias): 20 puntos.

– Se o centro, de maneira prioritaria, atende persoas afectadas por outros factores específicos de exclusión (discapacidade igual ou maior do 65%, enfermidade mental, VIH e drogodependencias): 30 puntos.

b) Número de persoas usuarias (máx. 15 puntos):

– Menos de 10 persoas: 5 puntos.

– De 10 a 25 persoas: 10 puntos.

– Máis de 25 persoas: 15 puntos.

c) Existencia doutras fontes de financiamento público (máx. 30 puntos):

Dividirase o importe total do financiamento previsto ou recibido entre o número de persoas usuarias. Ao resultado obtido aplicaráselle o seguinte:

– Importe do financiamento persoa/ano inferior a 500 euros: 30 puntos.

– Por cada fracción de incremento de 500 euros a puntuación reducirase en 2 puntos, polo que se o importe total de financiamento persoa/ano é igual ou superior a 8.000 euros a puntuación acadada nesta epígrafe será de 0 puntos.

d) Existencia doutros recursos semellantes, públicos e/ou privados, na zona de influencia (concello ou concellos limítrofes) (máx. 20 puntos):

– Inexistencia de rede pública: 10 puntos.

– Inexistencia de rede privada: 10 puntos.

e) Emprego do idioma galego (máx. 5 puntos):

Valorarase o emprego do idioma galego segundo a documentación presentada pola entidade xunto coa solicitude:

– Empregou o idioma galego: 5 puntos.

– Non empregou o idioma galego: 0 puntos.

A.3. Albergues (importe máximo da subvención 35.000 euros).

a) Número de persoas usuarias (máx. 25 puntos):

Valorarase a media de persoas/día atendidas durante o ano:

– Menos de 25 persoas/día: 10 puntos.

– De 25 a 50 persoas/día: 15 puntos.

– De 51 a 75 persoas/día: 20 puntos.

– Máis de 75 persoas/día: 25 puntos.

b) Optimización do centro (máx. 10 puntos):

Valorarase a ocupación real do centro en relación coa capacidade autorizada:

– Ten o 100% de prazas ocupadas: 10 puntos.

– Ten menos do 100% de ocupación, aplicarase a puntuación máxima (10 puntos) a porcentaxe de ocupación, os puntos que se acadarán serán o resultado de multiplicar 10 pola porcentaxe de ocupación.

c) Existencia doutras fontes de financiamento publico (máx. 30 puntos):

Dividirase o importe total do financiamento previsto ou recibido entre o número de persoas usuarias. Ao resultado obtido aplicaráselle o seguinte:

– Importe do financiamento persoa/ano inferior a 250 euros: 30 puntos.

– Por cada fracción de incremento de 250 euros a puntuación reducirase en 2 puntos, polo que se o importe total de financiamento persoa/ano é igual ou superior a 4.000 euros a puntuación acadada nesta epígrafe será de 0 puntos.

d) Módulo de unidades familiares (máx. 5 puntos):

– Dispón de módulo de unidade familiar: 5 puntos.

– Non dispón de módulo de unidade familiar: 0 puntos.

e) Módulo de media estadía (máx. 5 puntos).

– Dispón de módulo de media estadía: 5 puntos.

– Non dispón de módulo de media estadía: 0 puntos.

f) Existencia doutros recursos semellantes, públicos e/ou privados, na zona de influencia (concello ou concellos limítrofes) (máx. 10 puntos):

– Inexistencia de rede publica: 5 puntos.

– Inexistencia de rede privada: 5 puntos.

g) Servizos extra (máx. 5 puntos):

Nesta epígrafe valoraranse os seguintes servizos:

– Unidades de hixiene: 1 puntos.

– Roupeiro: 2 puntos.

– Lavandaría: 2 puntos.

h) Programas de inserción social ocupacional (máx. 5 puntos):

Valorarase se o albergue desenvolve programas de inserción sociolaboral para as persoas usuarias:

Se o ten: 5 puntos.

Se non o ten: 0 puntos.

i) Emprego do idioma galego (máx. 5 puntos):

Valorarase o emprego do idioma galego segundo a documentación presentada pola entidade xunto coa solicitude:

– Empregou o idioma galego: 5 puntos.

– Non empregou o idioma galego: 0 puntos.

A.4. Comedores sociais (importe máximo subvención 60.000 euros).

a) Número de persoas usuarias (máx. 30 puntos):

– Menos de 50 persoas/día: 10 puntos.

– De 50 a 100 persoas/día: 15 puntos.

– De 101 a 150 persoas/día: 20 puntos.

– De 151 a 200 persoas/día: 25 puntos.

– Máis de 200 persoas/día: 30 puntos.

b) Outras fontes de financiamento publico (máx. 30 puntos):

Dividirase o importe total do financiamento previsto ou recibido entre o número de persoas usuarias. Ao resultado obtido aplicaráselle o seguinte:

– Importe do financiamento persoa/ano inferior a 250 euros: 30 puntos.

– Por cada fracción de incremento de 250 euros a puntuación reducirase en 2 puntos, polo que se o importe total de financiamento persoa/ano é igual ou superior a 4.000 euros a puntuación acadada nesta epígrafe será de 0 puntos.

c) Existencia doutros recursos semellantes, públicos e/ou privados, na zona de influencia (concello ou concellos limítrofes) (máx. 20 puntos):

– Inexistencia de rede publica: 10 puntos.

– Inexistencia de rede privada: 10 puntos.

d) Servizos extra (máx. 5 puntos):

Nesta epígrafe valoraranse os seguintes servizos:

– Unidades de hixiene: 1 punto.

– Roupeiro: 2 puntos.

– Lavandaría: 2 puntos.

e) Programas de inserción social ocupacional (máx. 10 puntos):

Valorarase se o albergue ten programas de inserción social ocupacional para as persoas usuarias:

Se o ten: 10 puntos.

Se non o ten: 0 puntos.

f) Emprego do idioma galego (máx. 5 puntos):

Valorarase o emprego do idioma galego segundo a documentación presentada pola entidade xunto coa solicitude:

– Empregou o idioma galego: 5 puntos.

– Non empregou o idioma galego: 0 puntos.

A.5. Centros de atención continuada (importe máximo da subvención 20.000 euros).

a) Número de persoas usuarias (máx. 30 puntos).

Valorarase a media das persoas usuarias/día :

– Menos de 50 persoas/día: 10 puntos.

– De 50 a 100 persoas/día: 20 puntos.

– Máis de 100 persoas/día: 30 puntos.

b) Servizos extra (máx. 15 puntos).

Valorarase a posta á disposición das persoas usuarias dos seguintes servizos:

– Lavandaría e roupeiro: 5 puntos.

– Derivación das persoas usuarias á rede sanitaria: 5 puntos.

– Programa de habilidades sociais básicas: 5 puntos.

c) Existencias doutras fontes de financiamento publico (máx. 30 puntos):

Dividirase o importe total do financiamento previsto ou recibido entre o número de persoas usuarias. Ao resultado obtido aplicaráselle o seguinte:

– Importe do financiamento persoa/ano inferior a 1.000 euros: 30 puntos.

– Por cada fracción de incremento de 1.000 euros a puntuación reducirase en 2 puntos, polo que se o importe total de financiamento persoa/ano é igual ou superior a 16.000 euros a puntuación acadada nesta epígrafe será de 0 puntos.

d) Existencia doutros recursos semellantes, públicos e/ou privados, na zona de influencia (concello ou concellos limítrofes) (máx. 20 puntos):

– Inexistencia de rede publica: 10 puntos.

– Inexistencia de rede privada: 10 puntos.

e) Emprego do idioma galego (máx. 5 puntos):

Valorarase o emprego do idioma galego segundo a documentación achegada pola entidade xunto coa solicitude:

– Empregou o idioma galego: 5 puntos.

– Non empregou o idioma galego: 0 puntos.

B. Mantemento de entidades e servizos (importe máximo subvención 30.000 euros).

a) Dimensión e eficacia social da entidade (máx. 25 puntos):

Valoraranse nesta epígrafe o número de persoas usuarias directamente beneficiadas dos servizos e actividades de carácter social desenvolvidos (non se computarán aquelas persoas usuarias que participen en xornadas, cursos, seminarios ou outras actividades análogas non periódicas) e tamén o número de socios/as na Comunidade Autónoma de Galicia que participen no sustento económico da entidade. Outorgarase a puntuación do seguinte xeito:

Número de persoas usuarias (máx. 15 puntos):

– Ata 20 persoas usuarias: 5 puntos.

– De 21 a 50 persoas usuarias: 10 puntos.

– Máis de 50 persoas usuarias: 15 puntos.

Número de socios en Galicia (máx. 10 puntos):

– Ata 20 socios: 5 puntos.

– De 21 a 100 socios: 8 puntos.

– Máis de 100 socios: 10 puntos.

b) Solvencia técnica da entidade (máx. 10 puntos):

Nesta epígrafe valorarase por un lado a experiencia previa que acredite a entidade e por outro a correcta xustificación das subvencións recibidas con cargo a anteriores ordes de subvencións a entidades de iniciativa social, do seguinte xeito:

Experiencia previa acreditada:

– Máis de 10 anos: 6 puntos.

– De 5 a 10 anos: 3 puntos.

– Menos de 5 anos: 0 puntos.

Xustificación das subvencións anteriormente recibidas:

– Fixo a xustificación total da subvención de forma correcta: 4 puntos.

– Non fixo a xustificación total da subvención correctamente: 0 puntos.

c) Recursos humanos dispoñibles (máx. 20 puntos):

Valorarase tanto o persoal profesional como o persoal voluntario directamente vinculado ao funcionamento da entidade, do seguinte xeito:

Persoal profesional:

– 1 traballador profesional: 3 puntos.

– De 2 a 3 traballadores profesionais: 6 puntos.

– Máis de 3 traballadores profesionais: 10 puntos.

Persoal voluntario:

– Menos de 5 persoas voluntarias: 3 puntos.

– De 5 a 10 persoas voluntarias: 6 puntos.

– Máis de 10 persoas voluntarias: 10 puntos.

d) Existencia doutras fontes de financiamento público (máx. 15 puntos):

Valorarase neste caso a porcentaxe de financiamento, excluída a subvención solicitada, en relación co orzamento total de gasto previsto pola entidade do seguinte xeito:

– Gasto total financiado en máis do 80%: 5 puntos.

– Do 40 ao 80%: 10 puntos.

– Menos do 40%: 15 puntos.

e) Existencia doutros recursos semellantes, públicos e/ou privados, na zona de influencia (concello ou concellos limítrofes) (máx. 20 puntos):

– Inexistencia de rede pública: 10 puntos.

– Inexistencia de rede privada: 10 puntos.

f) Integración operativa na actividade/proxecto de accións positivas a prol da igualdade de xénero (máx. 5 puntos):

Valoraranse positivamente (ata 5 puntos) as actividades e/ou proxectos en que se desenvolvan accións que faciliten a igualdade de xénero naqueles campos nos que sexa escasa a presenza das mulleres.

g) Emprego do idioma galego (máx. 5 puntos):

Valorarase o emprego do idioma galego segundo a documentación achegada pola entidade xunto coa solicitude:

– Empregou o idioma galego: 5 puntos.

– Non empregou o idioma galego: 0 puntos.

C. Subvención de promoción de actividades e proxectos.

As asociación ou entidades poderán presentar un máximo de 3 proxectos.

O importe máximo da subvención será de 25.000 euros/proxecto.

Os criterios de valoración serán os seguintes:

a) Dimensión e eficacia social da entidade (máx. 20 puntos):

Valoraranse nesta epígrafe o número de persoas usuarias directamente beneficiadas dos servizos e actividades de carácter social desenvolvidos (non se computarán aquelas persoas usuarias que participen en xornadas, cursos, seminarios ou outras actividades análogas non periódicas). Outorgarase a puntuación do seguinte xeito:

– Ata 20 persoas usuarias: 5 puntos.

– De 21 a 50 persoas usuarias: 10 puntos.

– Máis de 50 persoas usuarias: 20 puntos.

b) Solvencia técnica da entidade (máx. 10 puntos):

Nesta epígrafe valorarase por un lado a experiencia previa que acredite a entidade e por outro a correcta xustificación das subvencións recibidas con cargo a anteriores ordes de subvencións a entidades de iniciativa social, do seguinte xeito:

Experiencia previa acreditada:

– Máis de 10 anos: 6 puntos.

– De 5 a 10 anos: 3 puntos.

– Menos de 5 anos: 0 puntos.

Xustificación subvencións anteriormente recibidas:

– Fixo a xustificación total da subvención de forma correcta: 4 puntos.

– Non a fixo a xustificación total da subvención correctamente: 0 puntos.

c) Recursos humanos dispoñibles (máx. 20 puntos):

Valorarase tanto o persoal profesional como o persoal voluntario directamente vinculado ao desenvolvemento da actividade e/ou proxecto, do seguinte xeito:

Persoal profesional:

– 1 traballador profesional: 3 puntos.

– De 2 a 3 traballadores profesionais: 6 puntos.

– Máis de 3 traballadores profesionais: 10 puntos.

Persoal voluntario:

– Menos de 5 persoas voluntarias: 3 puntos.

– De 5 a 10 persoas voluntarias: 6 puntos.

– Máis de 10 persoas voluntarias: 10 puntos.

d) Existencia doutras fontes de financiamento público (máx. 15 puntos):

Valorarase neste caso a porcentaxe de financiamento, excluída a subvención solicitada, en relación co orzamento total de gasto previsto pola entidade do seguinte xeito:

– Gasto total financiado en máis do 80%: 5 puntos.

– Do 40 ao 80%: 10 puntos.

– Menos do 40%: 15 puntos.

e) Complementariedade coas actuacións do sistema público de servizos sociais (máx. 15 puntos):

Nesta epígrafe valorarase:

– Complementariedade coas accións desenvolvidas polos servizos sociais comunitarios e os plans de inclusión social das diversas administracións (ata 10 puntos).

– Complementariedade para o desenvolvemento de proxectos de inserción social e de animación, prevención e cooperación social (ata 5 puntos).

f) Carácter innovador das metodoloxías e estratexias de intervención propostas (máx. 10 puntos):

Analizarase o proxecto ou a actividade proposta pola entidade outorgándolle ata un máximo de 10 puntos atendendo aos obxectivos a conseguir e ás formas para súa consecución.

g) Integración operativa na actividade/proxecto de accións positivas a prol da igualdade de xénero (máx. 5 puntos):

Valoraranse positivamente (ata 5 puntos) as actividades e/ou proxectos en que se desenvolvan accións que faciliten a igualdade de xénero naqueles campos nos que sexa escasa a presenza das mulleres.

h) Emprego do idioma galego (máx. 5 puntos):

Valorarase o emprego do idioma galego segundo a documentación achegada pola entidade xunto coa solicitude:

– Empregou o idioma galego: 5 puntos.

– Non empregou o idioma galego: 0 puntos.

2. Asignación do importe da subvención.

A comisión de valoración fixará unha puntuación mínima excluínte.

O importe de subvención calcularase de forma proporcional á puntuación obtida pola entidade solicitante en relación ao importe máximo financiable segundo o tipo de subvención, de tal forma que as solicitudes que acaden unha maior puntuación obterán unha maior porcentaxe de subvención. Do orzamento de gastos que presenten as entidades excluiranse aqueles que non cumpran os requisitos establecidos pola normativa vixente e os que supoñan duplicidade de recurso. Así mesmo, aplicaranse criterios de eficiencia e racionalidade do gasto orzado.

Artigo 13. Resolución.

1. Serán resoltas pola persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar as solicitudes de subvención que sexan presentadas por asociacións ou entidades de ámbito autonómico.

2. Nos demais casos, delégase a competencia para resolver a concesión das subvencións solicitadas ao abeiro da presente orde nos xefes ou xefas territoriais a fronte das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar existentes nas delegacións territoriais da Xunta de Galicia, segundo o seu respectivo ámbito territorial, e de acordo coas correspondentes desconcentracións que se fagan dos créditos da orde unha vez fiscalizadas polas intervencións competentes.

3. Tanto a concesión como a determinación do importe das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, atendendo aos criterios de prioridade establecidos nesta orde.

4. A comisión de valoración unha vez estudadas todas as propostas e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias formulará unha proposta de concesión. Cando o importe da proposta de subvención asignado a unha entidade sexa inferior ao que figura na solicitude presentada, a comisión de valoración correspondente poderá instar do/a solicitante a reformulación da súa solicitude para axustar os compromisos e as condicións á subvención outorgable. En calquera caso, a reformulación de solicitudes deberá respectar o obxecto e o contido xeral expresado na solicitude inicial.

5. As resolucións recaídas serán motivadas e notificaranse ás entidades interesadas para a execución da axuda outorgada no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde. Se vence o prazo para resolver sen que recaia resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo.

6. As resolucións expresas ou presuntas que se diten ao amparo da presente orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse, se é o caso, recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución expresa ou de tres meses a partir do día seguinte do que se produza o acto presunto, ante o mesmo órgano que as ditou, de acordo co previsto no artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a orde xurisdicional competente, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE n.º 167, do 14 de xullo), no prazo de dous meses contados desde a súa notificación se o acto é expreso ou seis meses a partir do día seguinte ao que se produza o acto presunto, e sen prexuízo de que os interesados poidan executar calquera outro que xulguen oportuno.

7. En todo caso, unha vez recibida a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez días a aceptación da subvención. Transcorrido o anterior prazo, sen que se produza manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada.

Artigo 14. Modificación da resolución de concesión.

1. Toda alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de axudas ou subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Así mesmo, poderá acordarse a modificación do contido da resolución de concesión da subvención, por instancia do beneficiario, de acordo co previsto no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Sen prexuízo do establecido no artigo anterior e con carácter excepcional, poderanse efectuar resolucións complementarias por existir fondos procedentes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas ou cando se produza unha ampliación do financiamento pola achega de novos fondos dispoñibles, tal e como se establece no artigo 5. Nestes supostos, só poderán atenderse ás solicitudes presentadas dentro do prazo establecido no artigo 7 desta orde.

Artigo 15. Infraccións e sancións.

En materia de infraccións e sancións aplicarase o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 16. Obrigas das entidades subvencionadas.

Os/as beneficiarios destas subvencións, ademais de reunir os requisitos mencionados no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), deberán cumprir as seguintes obrigas mencionadas no artigo 11 da devandita lei:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións. En todo caso, as actuacións que se van subvencionar deberán realizarse dentro do exercicio económico da presente orde, respectando, en todo caso, o prazo establecido no artigo 17.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe a Consellería de Traballo e Benestar, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e ás previstas na lexislación do Consello de Contas. Neste senso, os beneficiarios teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, Consello de Contas ou Tribunal de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Acreditar, con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión, mediante declaración responsable do/a representante da entidade de que se están ao dia no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

f) Dispoñer de libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

g) Facer constar, en todo tipo de publicidade e información, a condición de subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar.

h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 17. Pagamento e xustificación das subvencións.

1. Unha vez ditada a resolución pola que se concede a subvención procederase ao pagamento e xustificación segundo o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, da forma establecida nos puntos seguintes.

2. Xunto coa documentación xustificativa da aplicación da subvención concedida á entidade deberá achegar unha declaración responsable asinada polo/a representante da entidade en que se indique que se están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

3. En aplicación do establecido no artigo 29.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considérase gasto realizado o que foi efectivamente pagado, e segundo o previsto no artigo 42.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse efectivamente pagados os gastos cando se xustifique o seu pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificadas, selados e asinados pola persoa beneficiaria.

De conformidade co previsto no artigo 42.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, con carácter excepcional, nos supostos debidamente xustificados e motivados polo órgano concedente, poderase aceptar o pagamento mediante o recibín da empresa ou persoa provedora para gastos de escasa contía e por importes inferiores a 1.000 euros. En todo caso non se admitirá como gasto xustificado mediante este sistema de pagamento aqueles que se refiran a: gastos de persoal, axudas de custo, alugueres, gastos por impartición de cursos, xornadas ou conferencias.

4. Conta xustificativa con entrega de xustificantes de gasto.

Para o pagamento total da subvención concedida é necesario que a entidade beneficiaria xustifique a totalidade do gasto orzamentado na súa solicitude, ou aquel que resultase da reformulación da súa solicitude aceptada pola comisión de valoración. No caso de que o gasto realizado for menor, a subvención concedida minorarase na mesma porcentaxe que resulte entre o gasto orzado e o efectivamente realizado.

A documentación xustificativa que debe achegar a entidade para a comprobación da aplicación da subvención será a seguinte:

1. Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

2. Unha memoria económica xustificativa do custo das actividades ou dos gastos realizados, composta pola seguinte documentación:

a) Certificación do/a representante da entidade acreditativa da totalidade do gasto realizado.

b) Relación clasificada dos gastos, en que se especificará de forma individualizada o tipo de gasto, a persoa ou empresa beneficiaria, o número de factura, a data, importe e forma de pagamento.

c) Documentación orixinal e copia (nóminas de persoal, gastos Seguridade Social, IRPF, facturas, ...) dos gastos que se imputen á subvención concedida, para a súa comprobación e selaxe. No caso daqueles gastos dos cales se impute só unha porcentaxe indicarase na relación clasificada de gastos a porcentaxe imputada.

d) Balance en que se reflicta a totalidade dos ingresos e gastos correspondentes á actividade subvencionada no caso de promoción de actividades ou dos ingresos e gastos totais cando se trate de subvencións para mantemento.

e) Documentos orixinais e copia que acredite o pagamento dos gastos imputados á subvención concedida (extractos ou certificacións bancarias).

5. Pagamentos anticipados.

Só se poderán acoller ao pagamento anticipado as subvencións de promoción de actividades e proxectos, logo de presentación pola entidade beneficiaria da seguinte documentación provisional de xustificación:

a) Solicitude do pagamento anticipado.

b) Unha certificación do/a director/a ou da persoa responsable da entidade que indique o inicio das actividades ou proxectos subvencionados.

En aplicación do previsto no artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, cando o importe de cada unha das subvencións individuais non supere os 18.000 euros poderá concederse un pagamento anticipado de ata un 80% da subvención concedida, sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

Se o importe de cada subvención individualizada supera os 18.000 euros, o pagamento anticipado indicado anteriormente incrementarase nun 10% adicional sobre o importe que exceda esta cantidade, sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

O importe restante da subvención librarase no momento da completa xustificación, pola entidade beneficiaria, do cumprimento da finalidade e demais condicións para as cales foi concedida.

Os restantes tipos de subvención a que fai referencia o artigo 3 desta orden é dicir os tipos A e B, non serán obxecto de pagamentos anticipados.

6. Pagamentos á conta.

Poderán acordarse pagamentos á conta consistentes en ata tres pagamentos fraccionados, que responderán ao ritmo de execución das accións subvencionadas e, en todo caso, manterán a mesma proporción que resulte entre o gasto orzado e o efectivamente realizado e aboaranse por contía equivalente á xustificación presentada mediante certificación do director ou responsable da entidade que indicará expresamente o gasto total realizado xunto cos xustificantes do gasto e de pagamento que se imputen directamente á subvención concedida ao abeiro desta orde.

O importe total non poderá superar o 80% da subvención concedida nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

O 20% restante da subvención librarase no momento da completa xustificación, pola entidade beneficiaria, do cumprimento da finalidade e demais condicións para as que foi concedida.

7. Normas para a xustificación derradeira.

7.1. A xustificación derradeira das subvencións poderá presentarse ata o 30 de novembro do ano 2012, e a entidade deberá achegar, ademais, antes do 31 de xaneiro do exercicio seguinte ao devandito ano ante a Consellería de Traballo e Benestar ou nas súas respectivas xefaturas territoriais un balance de ingresos e gastos comprensivo de todo o ano natural segundo o anexo VII, así como unha memoria no caso de promoción de actividades e proxectos que, como mínimo, deberá incluír todas as actividades realizadas e o gasto desagregado realizado.

7.2. As entidades beneficiarias, por tratarse de entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, quedan exoneradas de presentar garantías, de conformidade co disposto no artigo 65.4.h) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7.3. As facturas cumprirán o disposto no Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento que establece as obrigas de facturación e se modifica o regulamento do imposto sobre o valor engadido.

7.4. Para os efectos do previsto neste artigo, ten a consideración de gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación. Non obstante, os gastos de persoal e outros aos que se lle practique retención en concepto de imposto sobre a renda das persoas físicas entenderanse efectivamente pagados coa satisfacción dos haberes líquidos e xustificados co ingreso nos organismos acredores da Seguridade Social e da Facenda Pública.

7.5. Considéranse dentro dos gastos subvencionables os financeiros, incluídos os gastos e xuros derivados de créditos bancarios formalizados coa finalidade de dispoñer de efectivo para a realización do obxecto da subvención concedida mentres non sexa aboada pola Administración, de asesoría xurídica ou financeira, gastos notariais e rexistrais e os gastos periciais para a realización do proxecto subvencionado, así como os de administración específicos, se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a adecuada preparación ou execución desta.

7.6. De acordo co previsto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o beneficiario poderá contratar parcialmente a actividade que constitúa o obxecto da subvención, quedando fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade subvencionada. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.

7.7. No momento da xustificación final do gasto e, en calquera caso, antes do último pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das subvencións solicitadas das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes, así como doutros entes públicos ou privados, tanto as aprobadas e concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo obxecto que corresponde ás subvencións desta orde.

7.8. De acordo co previsto no artigo 51 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, por decisión do órgano xestor, con carácter excepcional e cando o elevado número de beneficiarios desaconselle a práctica da xustificación mediante a presentación da conta xustificativa con entrega de xustificantes de gasto e de pagamento, para aquelas subvencións concedidas por importe inferior a 30.000,00 euros, poderá ter carácter de documento con validez xurídica, a conta xustificativa simplificada que conterá a seguinte documentación:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Unha relación clasificada dos gastos con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento.

c) Un detalle doutros ingresos e subvencións que financien o gasto subvencionado, con indicación do importe e a súa procedencia.

d) Se é o caso, carta de pagamento de reintegro no suposto de remanentes non aplicados, así como dos xuros derivados destes.

O órgano concedente comprobará, mediante a aplicación de técnicas de mostraxe, un número de expedientes significativo, coa finalidade de obter a evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da subvención, para o que poderá requirirlle á entidade beneficiara a remisión da totalidade dos documentos xustificativos e, en todo caso, procederá a requirirlle a totalidade dos devanditos documentos cando, das comprobacións realizadas, non se acade a evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da subvención.

Artigo 18. Reintegro das subvencións concedidas.

1. De acordo co establecido no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procederá o reintegro total ou parcial da contía da subvención percibida xunto cos xuros de demora devindicados desde o momento do seu pagamento ata a data en na que se acorde a procedencia do reintegro nos seguintes casos:

a) Obtención da subvención mediante o falseamento das condicións requiridas para iso ou o ocultamento das que impedisen obtela.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente.

d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no número 3 do artigo 15 da Lei 9/2007.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas nos artigos 11 e 12 Lei 9/2007, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, ou cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración ás entidades beneficiarias, así como dos compromisos por estas asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou que se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

h) Adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da que derive unha necesidade de reintegro.

2. Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, concedidas por outras administracións públicas ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade que se vai desenvolver. Así mesmo, cando exista unha resolución administrativa firme pola que se impón á entidade unha sanción en materia de servizos sociais, en relación co centro ou programa específico que se quere subvencionar.

3. A tramitación do correspondente expediente de reintegro realizarase de conformidade co procedemento establecido no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos artigos 77 e seguintes do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. As cantidades que teñan que reintegrar os beneficiarios terán a consideración de ingresos de dereito público e seralle de aplicación para a súa cobranza o disposto nos artigos 19 ao 23 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Disposición adicional única.

Coas excepcións previstas no punto primeiro do artigo 13, apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Traballo e Benestar nos xefes/as territoriais da Consellería de Traballo e Benestar existentes nas xefaturas territoriais da Xunta de Galicia, no seu respectivo ámbito territorial, para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer os gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta dos pagamentos, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Disposición derradeira primeira.

Autorízase a secretaria xeral de Política Social para ditar as normas necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda.

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 abril de 2012.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file