Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21529

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2012 pola que se amplía a dotación orzamentaria e se modifica a distribución entre créditos orzamentarios da Orde do 16 de febreiro de 2012.

A Orde do 16 de febreiro de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 39, do 24 de febreiro, establece as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

No seu artigo 2 establécense as aplicacións orzamentarias e os importes previstos para o financiamento das devanditas subvencións, así como a posibilidade de ampliar os créditos dedicados a esta convocatoria, logo de declaración de dispoñibilidade de crédito, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, se for o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible e co fin de atender as solicitudes admitidas para participar nesta convocatoria, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente.

Así mesmo, o artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, regula a modificación da distribución entre créditos orzamentarios en subvencións convocadas, establecendo que ademais das modificacións que procedan no expediente de gasto se publicarán nos mesmos medios que a convocatoria.

Unha vez constituída a Axencia Galega de Innovación, establecida no Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro (DOG n.º 19, do 27 de xaneiro), polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, e de acordo co disposto na súa disposición adicional primeira, quedou suprimida a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria, e a Axencia subrogouse na totalidade dos seus dereitos e obrigas derivados do exercicio das correspondentes competencias e sucedeuna en todas as súas competencias.

Consecuentemente con todo o anterior e en exercicio das facultades que me confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro,

RESOLVO:

Artigo único.

1. Ampliar a dotación orzamentaria e modificar a distribución entre créditos orzamentarios da Orde do 16 de febreiro de 2012 (Diario Oficial de Galicia n.º 39, do 24 de febreiro) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

2. Na táboa seguinte detállanse os créditos definitivos:

Aplicación orzamentaria inicial

Crédito inicial

Ampliación

Redistribución

Crédito

definitivo

Aplicación orzamentaria definitiva

08.02.561A.743.0

100.000

100.000

139.000

339.000

08. A3.561A.743.0

08.02.561A.781.0

2.839.000

- 139.000

2.700.000

08.A3.561A.781.0

Total

2.939.000

3.039.000

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2012.

Ricardo Capilla Pueyo
Director da Axencia Galega de Innovación