Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2012 Páx. 21511

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2012 pola que convocan para o período 2012-2013 as subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) foi creada como instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia no fomento e a coordinación do territorio rural galego, para mellorar as condicións de vida e contribuír a frear o seu despoboamento (disposición adicional sexta da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, modificada pola Lei 12/2008, do 3 de decembro, pola que se modifica a Lei 7/1996 e a Lei 5/2000, e mais pola Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas).

No marco das súas funcións, desenvolvidas no Decreto 79/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o seu regulamento, corresponde a Agader a xestión dos recursos destinados á dinamización das áreas rurais de Galicia.

O Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013 (PDR), aprobado pola Comisión Europea mediante a Decisión CE(2008) 703, do 15 de febreiro, prevé no eixe 3 diversas medidas dirixidas á mellora da calidade de vida nas zonas rurais e á diversificación da economía rural, cuxa xestión corresponde a Agader. Esas medidas están financiadas, igual que as restantes que integran o PDR, polo Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader), xunto con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia e da Administración Xeral do Estado.

Dado que a promoción do desenvolvemento rural galego debe abordarse desde unha perspectiva integral, prevese, dando continuidade á liña de proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, o apoio a actuacións de diferente natureza que a Agader vai materializar a través da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva. As subvencións centraranse nas seguintes medidas do PDR:

3.1.3. Fomento de actividades turísticas.

3.2.1. Servizos básicos para a economía e a poboación rural.

3.2.3. Conservación e mellora do patrimonio rural.

As operacións das medidas 313 e 321 que poidan afectar a competencia están amparadas no Regulamento (CE) n.º 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE (actuais artigos 107.1 e 108.1 do TFUE), ás axudas de minimis (DOUE 28.12.2006, L379).

O réxime de pagos parciais e anticipos aplicables está autorizado polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de maio de 2011.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) é unha entidade pública instrumental das sinaladas no título III da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. O seu director xeral ten delegada a aprobación dos procedementos de selección de actuacións con cargo aos recursos que lle sexan asignados para o desenvolvemento do medio rural, así como a súa xestión orzamentaria e a súa distribución, segundo o acordo do Consello de Dirección do 21 de xuño de 2007 (DOG n.º 134, do 11 de xullo).

De acordo co anterior

RESOLVO:

1. Convocar para o período 2012-2013, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, cunha dotación máxima de 3.500.000 € que se distribuirá do seguinte xeito:

Medidas

Anualidade 2012
Anualidade 2013

Importe total (€)

Aplicación orzamentaria

31300. Fomento de actividades turísticas

450.000,00
350.000,00

800.000,00

2012-13-A1-712A-7810

32110. Servizos básicos para a economía e a
poboación rural

1.230.000,00
870.000,00

2.100.000,00

2012-13-A1-712A-7810

32322. Conservación e mellora do patrimonio natural

100.000,00
100.000,00

200.000,00

2012-13-A1-712A-7810

32330. Conservación e mellora do patrimonio cultural

220.000,00
180.000,00

400.000,00

2012-13-A1-712A-7810

Total

2.000.000,00
1.500.000,00

3.500.000,00

As bases reguladoras por que se rexerá a presente convocatoria, así como os formularios para a súa xestión, son as aprobadas por Resolución do 23 de maio de 2011 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o período 2011-2012 (DOG n.º 112, do 13 de xuño de 2011). As diferenzas esenciais desta convocatoria respecto ás do período 2011-2012 son as seguintes:

a) Dado que o crédito dispoñible para atender proxectos con fins de aforro enerxético, aos cales só podían optar os concellos na convocatoria citada no punto anterior, está incorporado á nova convocatoria específica para concellos e mancomunidades de concellos para o período 2012-2013, na presente convocatoria quedan excluídos os proxectos con este fin.

b) En aplicación da Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia (DOG n.º 10, do 16 de xaneiro), non será preciso presentar coa solicitude a certificación emitida pola entidade bancaria en que figure o número da conta de titularidade do solicitante na cal quere percibir a axuda, sendo suficiente unha declaración responsable acerca da veracidade dos datos consignados na solicitude e relativos á devandita conta.

Igualmente, de non presentarse coa solicitude as acreditacións a que se refiren as normas restritivas da medida 323, a Agader comprobará de oficio o seu cumprimento, para o que é preciso que o promotor forneza os datos necesarios e suficientes para a súa correcta identificación e localización.

Así mesmo, salvo manifestación expresa en contrario, enténdese que a entidade solicitante autoriza expresamente o órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos ou documentos achegados no procedemento administrativo.

c) Os límites recollidos no apartado B.14 das bases reguladoras son de 50.000 € para a execución de obra e de 18.000 € para a subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos, respectivamente, en virtude da modificación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, producida pola Lei 12/2011, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG, n.º 249, do 30 de decembro).

As solicitudes dirixiranse ao director xeral da Agader e presentaranse segundo os modelos do anexo II da Resolución do 23 de maio antes citada, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras, no prazo de 45 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Os citados modelos poderán descargarse na páxina web da Agader http://agader.xunta.es. Así mesmo, as solicitudes poderán presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), segundo o previsto no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Os investimentos xustificaranse documentalmente de acordo co disposto nas bases reguladoras. O prazo límite para a execución dos investimentos vinculados aos proxectos subvencionados e para a xustificación dos gastos será o 30 de xuño de 2013.

En 30 de outubro de 2012 deberá estar executado e xustificado correctamente o investimento correspondente á anualidade 2012. O feito de non xustificar correctamente esta anualidade, e dependendo das dispoñibilidades ou situación orzamentaria, podería devir en perda de dereito ao cobramento da axuda.

Na resolución de concesión da axuda recollerase de forma expresa a súa distribución por anualidades.

Á vista do volume das solicitudes presentadas para cada medida, mediante resolución do director xeral da Agader poderá redistribuírse entre elas o crédito aprobado, limitándose sempre ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición adicional primeira.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección da Agader, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

Disposición adicional segunda. Información aos interesados.

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web da Agader http://agader.xunta.es

b) No teléfono 981 54 73 82.

c) Presencialmente, logo de cita no teléfono 981 54 73 82.

Disposición derradeira primeira.

O director xeral da Agader poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta aplicación e execución desta convocatoria.

Segunda. Esta resolución será aplicable desde o día da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2012.

Por delegación (Resolución 2.7.2007)
Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file