Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 15 de xuño de 2012 Páx. 23551

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 13 de xuño de 2012 pola que se modifican as ordes da Consellería de Traballo e Benestar do 28 e 29 de febreiro, polas que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración, respectivamente, cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, así como coas entidades locais, e se procede á convocatoria para o ano 2012.

No Diario Oficial de Galicia nº 50, do 12 de marzo, publicáronse a Orde do 28 de febreiro de 2012, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á convocatoria para o ano 2012 (procedemento TR351A) e a Orde do 29 de febreiro, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2012 (procedemento TR352A).

A aprobación por parte do Consello de Ministros do Goberno de España, na súa reunión do día 30 de marzo, do proxecto de lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2012 supón a plasmación dun importante esforzo no control do gasto co fin de reducir o déficit público e acadar o obxectivo de estabilidade orzamentaria, cun axuste de 27.300 millóns de euros.

Este importante axuste supón unha redución media de case o 17 por cento na capacidade de gasto dos ministerios e, no caso das políticas activas de emprego, implica a redución de 1.557 millóns de euros para este exercicio no conxunto do Estado, tanto para o Servizo Público de Emprego estatal como para os autonómicos.

As ordes de convocatoria en materia de programas de cooperación citadas, competencia da Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, ditáronse e publicáronse coa correspondente autorización do gasto con base nos créditos contidos na Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, de acordo coas previsións de fondos finalistas facilitadas polo Servizo Público de Emprego Estatal.

Unha vez aprobada pola Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais, na súa reunión do día 24 de maio de 2012, a distribución de fondos en materia laboral dos orzamentos xerais do Estado para a súa xestión polas comunidades autónomas no ano 2012 e, en concreto, para Galicia, en materia de medidas de políticas activas de emprego, procede realizar o correspondente e necesario axuste nas diferentes partidas destinadas ao financiamento destas medidas, de conformidade coas normas e previsións da Estratexia Española de Emprego 2012-2014, aprobada polo Real decreto 1542/2011, do 31 de outubro, e do Plan Anual de Política de Emprego para 2012.

Por todo o anterior e en coherencia cos principios da política orzamentaria, que implican o necesario equilibrio entre ingresos e gastos, procede, neste momento, efectuar un axuste nos créditos inicialmente asignados a este centro de gasto dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, e coa finalidade de poder cumprir con obxectivos de estabilidade orzamentaria da Facenda da Comunidade Autónoma, esta consellería vese obrigada a adoptar medidas de reaxuste dos créditos financiados con fondos finalistas de emprego autorizados para o financiamento de subvencións no exercicio de 2012 e a modificar as correspondentes ordes de convocatoria, neste caso concreto en materia de programas de cooperación.

Este axuste orzamentario nos programas de cooperación leva emparellada a modificación de determinados artigos das ordes co obxecto de intentar optimizar e acadar a mellor utilización dos menores recursos dispoñibles no momento actual, de maneira que se poida chegar ao maior número posible de beneficiarios.

Por outra banda, a magnitude do axuste que se realiza na presente orde impide, no caso da convocatoria dos programas de cooperación con entidades locais, o mantemento do mínimo garantido a todos os concellos que participen na convocatoria, en función do seu número de habitantes.

Así pois, de acordo co exposto e co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións, e en virtude das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Orde do 28 de febreiro de 2012, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á convocatoria para o ano 2012.

1. Para o exercicio orzamentario 2012 suprímese o importe previsto no artigo 2.1 desta orde no código de proxecto 2012 00 578 nas aplicacións seguintes, anulándose, consecuentemente, a convocatoria para este tipo de entidades:

Aplicación

Autorizado inicial

Axuste

Final dispoñible

Organismos autónomos do Estado

12.04.322A.402.0

20.000,00

20.000,00

0,00

Empresas públicas e outros entes públicos do Estado

12.04.322A.403.0

20.000,00

20.000,00

0,00

Organismos autónomos da Comunidade Autónoma

12.04.322A.439.0

190.000,00

190.000,00

0,00

Sociedades mercantís da Comunidade Autónoma

12.04.322A.441.0

120.000,00

120.000,00

0,00

Consorcios da Comunidade Autónoma

12.04.322A.442.0

90.000,00

90.000,00

0,00

Fundacións públicas da Comunidade Autónoma

12.04.322A.443.0

500.000,00

500.000,00

0,00

Universidades da Comunidade Autónoma

12.04.322A.444.0

800.000,00

800.000,00

0,00

2. Para o exercicio orzamentario 2012 axústase o importe da contía inicial prevista nesta orde no código de proxecto 2012 00 578 na aplicación e contía seguinte:

Aplicación

Autorizado inicial

Axuste

Final dispoñible

Entidades non lucrativas

12.04.322A.481.1

17.932.855,00

9.732.855,00

8.200.000,00

3. Modifícase a disposición adicional primeira, que queda redactada como segue:

«A concesión das axudas e subvencións reguladas nesta orde estará supeditada á existencia de crédito orzamentario na aplicación 12.04.322A.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012».

4. Engádese unha disposición adicional sétima coa seguinte redacción:

«As actividades e ocupacións que se consideran prioritarias para a aprobación de proxectos ao abeiro da presente orde serán as relacionadas co apoio a colectivos con maiores dificultades de inserción, especialmente a persoas con discapacidade».

Artigo 2

Orde do 29 de febreiro pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2012.

1. Para o exercicio orzamentario 2012 axústase o importe da contía inicial prevista nesta orde no código de proxecto 2012 00 578 na aplicación e contía seguinte:

Aplicación

Autorizado inicial

Axuste

Final dispoñible

Entidades locais

12.04.322A.460.0

45.132.082,00

32.832.082,00

12.300.000,00

2. Modifícase o artigo 2. Financiamento, que queda redactado como segue:

«1. O financiamento destes programas efectuarase con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2012, a través dos créditos consignados na aplicación 12.04.322A.460.0 (CP 2012 00 578) polo importe global de 12.300.000 euros.

2. Os ditos créditos estimados poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que establezan a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A distribución provincial de créditos para o financiamento das axudas e subvencións previstas nesta orde procurará ser directamente proporcional ao número de persoas paradas e á evolución do paro rexistrado no período 2007-2011 e inversamente coa evolución da poboación no citado período e terá en conta o necesario equilibrio e solidariedade con aqueles territorios máis desfavorecidos.

4. A contía máxima subvencionable para cada concello beneficiario será a equivalente, en número de contratacións, a 300.000 euros.

5. Cando dous ou máis concellos que sexan limítrofes acorden solicitar obras ou servizos de forma coordinada, as obras ou servizos que se concedan a cada concello que teñan que ver cos servizos mancomunados terán un ámbito territorial de actuación que comprenderá e beneficiará os habitantes e os termos municipais dos concellos coordinados».

3. Engádese unha disposición adicional sexta coa seguinte redacción:

«Sen prexuízo do disposto no artigo 2, as actividades e ocupacións que se consideran prioritarias para a aprobación de proxectos ao abeiro da presente orde serán as relacionadas cos servizos de protección civil e da seguridade das persoas e bens».

Artigo 3. Prazos de solicitude

Estas modificacións non afectan os prazos establecidos nas respectivas ordes para a presentación de solicitudes nin tampouco afecta o resto do articulado das devanditas ordes.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2012

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar