Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 24948

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2012 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados por este ente público no primeiro cuadrimestre do ano 2012.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2012 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da

sinatura

Achega de

Portos de Galicia

Portos de Galicia e o Concello de Foz

Regulación da Aula da Natureza do porto de Foz

12.1.2012

Non ten

Portos de Galicia, a EPOSH e o Concello de Fene

Execución e mantemento de colectores xerais e estación de bombeo na zona de servizo do porto de Maniños-Barallobre (A Coruña)

13.1.2012

Non ten

Portos de Galicia e o Concello do Grove

Realización dunha rotonda de acceso ao porto do Grove

14.2.2012

Non ten

Portos de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a empresa Tecnosolydi, S.L.

Realización dun proxecto piloto de iluminación pública exterior no porto de Celeiro

12.4.2012

15.000 €

IVE incluído