Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 24931

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 13 de xuño de 2012 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012/2013 nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

A disposición adicional quinta da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 4 de maio) establece que as administracións educativas fixarán anualmente o calendario escolar e que este comprenderá un mínimo de 175 días lectivos para o ensino obrigatorio.

Tendo en conta que as funcións de planificación, regulación e administración do ensino regrado son competencia da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e co obxecto de fixar o calendario escolar e as actividades de fin de curso para o curso 2012-2013 nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

DISPOÑO:

Capítulo I
Calendario escolar

Artigo 1. Aprobación

Apróbase o calendario escolar para o curso 2012-2013 coas especificacións que se sinalan.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

Esta orde é de aplicación en todos os centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos.

Artigo 3. Duración do curso académico

1. O curso académico abranguerá desde o día 1 de setembro de 2012 ata o 31 de agosto de 2013.

2. Nos primeiros días do mes de setembro e ata o día 6 como máximo realizaranse as probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2011-2012 para o alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

3. As sesións de avaliación e a entrega de cualificacións da dita convocatoria extraordinaria poderán realizarse ata o día 10 de setembro, incluído.

4. Sen prexuízo do establecido no artigo 10 desta orde, nos días en que se celebren as probas extraordinarias será de aplicación o punto 107 das instrucións que regulan a organización e o funcionamento dos institutos de educación secundaria, aprobadas pola Orde do 1 de agosto de 1997 (DOG do 2 de setembro), e o punto 127 das instrucións que regulan a organización e o funcionamento dos centros públicos integrados, aprobadas pola Orde do 3 de outubro de 2000 (DOG do 2 de novembro). Para tal fin, as direccións dos centros elaborarán o correspondente horario de gardas.

5. O alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato que non puidese matricularse no prazo ordinario poderá facelo no prazo extraordinario, que rematará o día 12 de setembro de 2012, incluído.

Artigo 4. Comedores escolares dos centros públicos

Os comedores escolares funcionarán en educación primaria desde o día 12 de setembro de 2012 ata o 21 de xuño de 2013. En educación secundaria obrigatoria funcionarán desde o 17 de setembro de 2012 ata o 21 de xuño de 2013.

Artigo 5. Actividades lectivas

1. No 2º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2012 ao 21 de xuño de 2013, ambos os dous inclusive.

2. Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional, a impartición efectiva de clases realizarase do día 17 de setembro de 2012 ao 21 de xuño de 2013, ambos os dous inclusive. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a proba de acceso á universidade. Terán a consideración de días lectivos os dedicados á impartición efectiva de clases e aqueles que se dediquen á realización das probas e avaliacións finais das convocatorias ordinaria e extraordinaria.

3. Nas ensinanzas de réxime especial as actividades lectivas realizaranse entre os días 17 de setembro e 28 de xuño, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.

Artigo 6. Períodos de vacacións

1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2012 ata o día 7 de xaneiro de 2013, ambos os dous inclusive.

2. Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o 1 de abril de 2013, ambos os dous inclusive.

3. Entroido: días 11, 12 e 13 de febreiro de 2013.

Artigo 7. Días non lectivos

1. Son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro (BOE do 7 de novembro), e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da dita consellería.

2. Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local, ás cales se refire o punto anterior, non coincidan con días de clase, os consellos escolares, os consellos sociais ou, no seu defecto, os responsables dos centros de menos de tres unidades poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que deberán preverse na programación xeral do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica. Esta petición deberá facerse antes do día 28 de outubro de 2012, perante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que, logo de informe da Inspección Educativa e dos que coide oportunos, resolverá o que proceda.

É recomendable que os centros da mesma localidade elixan, de ser o caso, os mesmos días non lectivos, para o que se buscará o consenso entre todos os centros para a súa selección.

3. Ademais dos anteriores, sen prexuízo do establecido no artigo 8.2 e co fin de unificar a realización dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2012-2013 se celebrará o 2 de novembro de 2012.

Artigo 8. Conmemoracións

1. Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:

– 25 de novembro de 2012: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

– Do 1 ao 11 de decembro de 2012: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.

– 10 de decembro de 2012: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

– 30 de xaneiro de 2013: Día da Paz.

– 8 de marzo de 2013: Día Internacional da Muller Traballadora.

– 15 de marzo de 2013: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

– Do 11 ao 15 de marzo de 2013: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.

– Entre o 12 e o 30 de abril de 2013: Día do Libro.

– 7 de abril de 2013: Día Mundial da Saúde.

– 9 de maio de 2013: Día de Europa.

– Do 9 ao 17 de maio de 2013: Semana das Letras Galegas.

– 5 de xuño de 2013: Día Mundial do Ambiente.

2. Cando algunha das datas a que se refiren os puntos anteriores sexa sábado, domingo, festividade local ou estea incluída nalgún dos períodos de vacacións establecidos no artigo 6 desta orde, a correspondente conmemoración celebrarase o día lectivo inmediatamente anterior ou posterior segundo estableza a programación xeral anual.

3. As datas a que se refire o punto 1 son lectivas para todos os efectos e nelas os centros deberán organizar actividades diversas, tendentes a salientar a importancia das referidas conmemoracións.

Capítulo II
Inicio do curso

Artigo 9. Actividades de programación

1. Desde o día 1 de setembro ata o inicio das clases, o profesorado dos centros públicos, ben individualmente, ben formando parte dos órganos de coordinación didáctica correspondentes, baixo a dirección dos seus responsables, colaborará na elaboración da programación xeral anual e na revisión dos proxectos educativos e concrecións de currículos, participará nas reunións de ciclos, departamentos, claustros e cantas outras actividades estean relacionadas coa organización do curso. Neste período os departamentos didácticos e os equipos de ciclo, baixo a coordinación e dirección da respectiva xefatura de departamento ou coordinación de ciclo, dedicaranse a elaborar a programación didáctica das ensinanzas correspondentes ao ciclo, ás áreas, materias ou módulos integrados no departamento e a organizar o curso escolar.

2. As direccións dos centros, a través da Xefatura de Estudos, velarán porque o profesorado realice as funcións do punto anterior.

3. Previamente ao inicio de curso, o profesorado responsable de cada departamento e da coordinación de ciclo fará entrega da programación didáctica á Xefatura de Estudos.

A Dirección do centro remitirá as programacións docentes á Inspección Educativa, que comprobará a súa adecuación ao establecido nas disposicións vixentes e formulará as suxestións que coide oportunas, indicando as correccións que procedan.

4. Ao inicio de curso, o profesorado responsable de cada departamento e da coordinación de ciclo elaborará información básica relativa á programación didáctica, que dará a coñecer á comunidade educativa seguindo o procedemento establecido no centro para garantir a súa publicidade. Así mesmo, o profesorado informará o alumnado das programacións docentes da súa área ou materia. Esta información básica incluirá os obxectivos, contidos e criterios de avaliación do ciclo ou curso correspondente, os mínimos exixibles para obter unha valoración positiva, os criterios de cualificación e os procedementos de avaliación da aprendizaxe que se vaian utilizar.

5. Nos centros pertencentes á Rede de Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia seguirase o establecido no artigo 3 da Orde do 29 de xullo de 2011 pola que se desenvolve o Decreto 77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o Regulamento orgánico dos centros integrados de formación profesional competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 10. Xornada escolar

1. A xornada escolar será a establecida pola lexislación vixente para cada unha das etapas e niveis.

2. Aqueles centros que combinen o servizo de transporte escolar con outros centros deberán establecer, coa autorización da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, un horario que, coas adaptacións necesarias, lles permita garantir o axuste e a perfecta coordinación dos centros con este servizo. Estes centros comunicaranlle á xefatura territorial a proposta de horario escolar para o curso 2012-2013, que deberá resolver antes do inicio das clases.

3. A xornada matinal nos centros que a tivesen concedida pola xefatura territorial para os meses de xuño e setembro do ano académico 2011-2012 considérase prorrogada para o curso 2012-2013 nos mesmos termos, sempre que non variasen as circunstancias en que foi concedida.

Capítulo III
Final de curso

Artigo 11. Centros que impartan educación infantil, educación primaria e educación especial

1. Actividades non lectivas.

O período comprendido entre o remate de impartición de clases e o 28 de xuño de 2013 inclusive será dedicado polo profesorado, entre outras actividades, a elaborar as actas de avaliación, os informes individualizados, os informes para as familias e os documentos de avaliación que corresponda. O profesorado dedicará especial atención á análise e valoración de resultados da avaliación do rendemento académico do alumnado. Todo o profesorado dos centros públicos permanecerá no centro ata o día 28 de xuño de 2013 inclusive.

Nese período de tempo, logo de autorización da Inspección Educativa, a Dirección poderá adecuar o horario do profesorado de acordo coas actividades programadas.

2. Atención ás reclamacións contra as cualificacións ou decisións de promoción.

Sen prexuízo do anterior, as direccións dos centros deben garantir a atención ás reclamacións contra as cualificacións finais ou decisións de promoción, realizadas dentro dos prazos previstos no punto 11 do capítulo IV do anexo á Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios rurais agrupados, dos colexios de educación primaria e dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 2 de setembro), para o alumnado de educación infantil e primaria.

Artigo 12. Centros que imparten educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

1. Calendario final do curso.

Os claustros dos centros sinalados elaborarán un calendario das actividades docentes para o final de curso 2012-2013, de acordo coas instrucións que seguen.

As direccións dos centros citados enviaranlles aos servizos territoriais de Inspección Educativa, antes do día 1 de maio de 2013, un resumo do calendario aprobado polo Claustro conforme os modelos recollidos nos anexos I, II, III ou IV. As inspeccións comunicaranlles as modificacións, se for o caso, aos centros en que proceda antes do 15 de maio de 2013 para que as direccións as dean a coñecer ao profesorado para o seu cumprimento.

Ademais das actividades docentes lectivas, o calendario aprobado polo Claustro deberá incluír as actividades docentes referidas ás probas de avaliación, sesións de avaliación conxunta, recuperacións e cantas outras actividades estean relacionadas co final de curso.

2. Probas finais.

2.1. O alumnado da ESO con disciplinas pendentes de cursos anteriores será convocado, de ser o caso, a unha proba final durante o mes de maio de 2013.

2.2. O alumnado de 2º de bacharelato con disciplinas pendentes de cursos anteriores será convocado, de ser o caso, a unha proba final adecuándose ás datas previstas para a proba de acceso á universidade.

2.3. Naqueles centros ou ensinanzas que prevexan a realización de probas, a Dirección do centro deberá proporlle as datas correspondentes á xefatura territorial para a súa autorización.

3. Sesións de avaliación.

3.1. As sesións de avaliación final do alumnado da ESO, do primeiro curso de bacharelato, do primeiro curso dos programas de cualificación profesional inicial, do primeiro curso dos ciclos formativos de formación profesional no réxime ordinario e dos ciclos formativos no réxime de persoas adultas, deberán realizarse a partir do día 21 de xuño de 2013.

3.2. As sesións de avaliación final do alumnado do segundo curso de bacharelato adecuaranse ás datas previstas para a proba de acceso á universidade.

3.3. Para as sesións de avaliación final do resto do alumnado, a Dirección do centro deberá proporlle as datas correspondentes á xefatura territorial para a súa autorización.

4. Horario do profesorado.

4.1. Unha vez realizadas as avaliacións finais do segundo curso de bacharelato, impartiranse as clases nas disciplinas obxecto da proba de acceso á universidade ata a realización da citada proba. Con este fin, quedan autorizadas as direccións dos centros para introducir modificacións nos horarios do profesorado e grupos de alumnado afectados, asignándolle ao profesorado as tarefas da súa responsabilidade nas horas en que deixe de impartir a súa materia, segundo o cargo ou posto que desempeñe, incluídas as gardas que se consideren necesarias.

4.2. Así mesmo, quedan autorizadas as direccións dos centros para introduciren modificacións nos horarios do profesorado afectado pola formación en centros de traballo, asignándolle tarefas da súa responsabilidade nas horas en que deixe de impartir os módulos da súa competencia, segundo o cargo ou posto que desempeñe, incluídas as gardas que se consideren necesarias.

4.3. Sen prexuízo do expresado nos puntos 4.1 e 4.2 anteriores, o profesorado dos institutos de educación secundaria seguirá cumprindo o seu horario lectivo ata o día 21 de xuño de 2013 incluído. A partir dese día e ata o día 28 inclusive, as direccións dos institutos de educación secundaria poderán modificar os horarios do profesorado para adecualos ás actividades establecidas no calendario aprobado polo Claustro e aceptado pola Inspección Educativa (entrega de cualificacións, atención a reclamacións e cantas outras actividades estean relacionadas co final de curso).

O profesorado dedicará especial atención á análise e valoración de resultados da avaliación do rendemento académico do alumnado, que deberá incluírse na memoria final de curso coas propostas de mellora que correspondan. Así mesmo, esta memoria incluirá propostas de modificación ás programacións docentes, especialmente no que se refire a mínimos exixibles, estratexias metodolóxicas e criterios de cualificación, promoción e titulación.

4.4. Durante o mes de xuño, as direccións dos centros públicos de ensinanzas de réxime especial poderán adaptar os horarios dos profesores ás necesidades específicas de cada centro. Tal adaptación non poderá supor variación do número global de horas semanais de permanencia no centro previsto no horario lectivo de cada profesor.

4.5. Durante o curso académico, nos centros pertencentes á Rede de Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia, o horario do profesorado adaptarase ás necesidades que permitan cumprir coas actividades formativas e accións establecidas para cada área funcional e/ou departamento segundo o plan anual.

5. Atención ás reclamacións contra as cualificacións ou decisións de promoción.

As direccións dos centros deben garantir a atención ás reclamacións contra as cualificacións finais, de conformidade co procedemento establecido na seguinte normativa ou na normativa posterior que a substitúa e na que lle resulte de aplicación:

Orde do 28 de agosto de 1995 pola que se regula o procedemento para garantir o dereito dos alumnos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato a que o seu rendemento escolar sexa avaliado conforme criterios obxectivos (BOE do 20 de setembro), para educación secundaria obrigatoria e primeiro curso de bacharelato.

Orde do 22 de abril de 2010 pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 4 de maio), para o 2º curso de bacharelato.

Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial (DOG do 15 de xullo) para formación profesional inicial.

Orde do 25 de abril de 2007 pola que se regula a avaliación, a acreditación académica e a mobilidade do alumnado que cursa as ensinanzas superiores de artes plásticas e deseño e as de conservación e restauración de bens culturais na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 9 de maio), para as ensinanzas superiores de artes plásticas e deseño e as de conservación e restauración de bens culturais.

Orde do 11 de febreiro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de danza que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 25 de febreiro), para as ensinanzas profesionais de danza.

Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 26 de febreiro), para as ensinanzas profesionais de música.

Orde do 30 de maio de 2008 pola que se regula a avaliación das ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 19 de xuño), para ensinanzas técnico-deportivas.

Orde do 8 de setembro de 2008, modificada pola Orde do 19 de abril de 2012 (DOG do 30 de abril), pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 26 de setembro), para ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial.

Orde do 1 de decembro de 2008 pola que se regula a organización, a avaliación e a acreditación académica das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 9 de decembro), para ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño.

Orde do 30 de setembro de 2010 pola que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de grao en arte dramática na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o acceso ao dito grao (DOG do 11 de outubro).

Orde do 30 de setembro de 2010 pola que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de grao en deseño na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o acceso ao dito grao (DOG do 8 de outubro).

Orde do 30 de setembro de 2010 pola que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de grao en música na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o acceso ao dito grao (DOG do 8 do outubro).

Orde do 30 de setembro de 2010 pola que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de grao en conservación e restauración de bens culturais na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o acceso ao dito grao (DOG do 11 de outubro).

Orde do 24 de xullo de 1991 pola que se regula a organización das actividades docentes nos centros de bacharelato, formación profesional e institutos de educación secundaria e profesional (DOG do 28 de agosto), no punto 10.2, para o restante alumnado de ensinanzas de réxime especial.

Artigo 13. Actas de avaliación final

1. As secretarías dos centros deberán remitirlle á xefatura territorial correspondente fotocopias autenticadas das actas de avaliación final de todos os cursos do seu centro e dos centros privados adscritos, de ser o caso, antes do día 15 de xullo de 2013.

2. As actas correspondentes aos cursos que teñan convocatoria extraordinaria (setembro) enviaranse antes do día 15 de setembro de 2013.

Capítulo IV
Outras disposicións

Artigo 14. Memorias de fin de curso

1. As direccións dos centros que impartan educación infantil e/ou educación primaria enviaranlle ao Servizo Territorial de Inspección Educativa respectivo, antes do día 10 de xullo de 2013, a memoria anual do centro a que se refire o punto 5 do capítulo I do anexo á Orde do 22 de xullo de 1997, pola que se regulan determinados aspectos organizativos e de funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios rurais agrupados, dos colexios de educación primaria e dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 2 de setembro).

2. As direccións dos centros públicos integrados enviaranlle, antes do 10 de xullo de 2013, ao Servizo Territorial de Inspección Educativa respectivo, a memoria anual do centro a que se refire o punto 43 das instrucións que regulan a organización e o funcionamento dos centros públicos integrados, aprobadas pola Orde do 3 de outubro de 2000, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 7/1999, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias (DOG do 2 de novembro).

3. As direccións dos institutos de educación secundaria enviaranlle ao Servizo Territorial de Inspección Educativa respectivo, antes do día 10 de xullo de 2013, a memoria anual do centro a que se refire o punto 43 das instrucións que regulan a organización e o funcionamento dos institutos de educación secundaria, aprobadas pola Orde do 1 de agosto de 1997 (DOG do 2 de setembro).

4. As direccións dos centros de ensinanzas de réxime especial, conforme o establecido na normativa específica que lle é de aplicación a cada ensinanza, elaborarán ao longo do mes de xuño de 2013, logo do informe dos respectivos claustros, unha memoria que recolla o grao de consecución dos obxectivos fixados na programación xeral anual, as dificultades atopadas e as medidas correctoras introducidas, de ser o caso. A dita memoria, con informe do Consello Escolar do centro, enviarase ao Servizo Territorial de Inspección Educativa respectivo, antes do 10 de xullo de 2013, e terase en conta á hora de elaborar a programación do curso seguinte, sobre todo para programar novamente obxectivos non acadados ou acadados parcialmente no curso anterior e artellar novos medios para logralos.

5. As direccións dos centros pertencentes á Rede de Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia seguirán o establecido no artigo 12 da Orde do 29 de xullo de 2011 (DOG do 8 de agosto).

Disposición adicional primeira. Modificación do calendario escolar e comedores escolares

As xefaturas territoriais, por circunstancias concretas de organización, poderán autorizar a modificación das datas de comezo e remate das actividades lectivas e de funcionamento dos comedores escolares.

Calquera modificación que se lle precise facer ao calendario escolar deberá ser solicitada, polo menos con quince días de antelación, polo centro interesado á xefatura territorial, que, logo do informe da Inspección Educativa e dos que coide oportunos, resolverá o procedente.

Disposición adicional segunda. Período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro

O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro, a que se refiren o punto 1.8 do capítulo VI do anexo á Orde do 22 de xullo de 1997, pola que se regulan determinados aspectos organizativos e de funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios rurais agrupados, dos colexios de educación primaria e dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 2 de setembro), o punto 53 das instrucións que regulan a organización e o funcionamento dos centros públicos integrados, aprobadas pola Orde do 3 de outubro de 2000, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 7/1999, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias (DOG do 2 de novembro), e o artigo 3 da Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 10 de xullo), terá a mínima duración posible que permita acadar os seus obxectivos, e non se poderá prolongar con posterioridade ao 21 de setembro de 2012.

Disposición adicional terceira. Desenvolvemento e execución

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para ditar as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento e a execución desta orde.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Resumo do calendario de actividades de xuño. Curso 2012-2013

O/A director/a do IES/CPI/CIFP ........................................................................................... pon no seu coñecemento que o calendario de actividades docentes programadas para o final do curso, aprobado polo Claustro, recolle o seguinte:

Para a ESO

As datas das sesións de avaliación final serán do         ao

O último día de clase será o

Para 1º curso de bacharelato

As datas das sesións de avaliación final serán do         ao

O último día de clase será o

Para 2º curso de bacharelato

As datas das sesións de avaliación final serán do         ao

O último día de clase será o

Para 1º curso de formación profesional no réxime ordinario

As datas das sesións de avaliación final serán do         ao

O último día de clase será o

Para 2º curso de formación profesional nos ciclos de 2.000 horas no réxime ordinario

As datas das sesións de avaliación final serán do         ao

O último día de clase será o

Para formación profesional no réxime de persoas adultas

As datas das sesións de avaliación final serán do         ao

O último día de clase será o

Para 1º curso de programas de cualificación profesional inicial

As datas das sesións de avaliación final serán do         ao

As datas das sesións de avaliación final extraordinaria serán do         ao

O último día de clase será o

................................, ...... de .................. de 2013

O/A director/a,

Asdo.: ...........................................................

Inspector/a de Educación

ANEXO II
Resumo do calendario de actividades de xuño. Curso 2012-2013

O/A director/a da Escola de Arte e Superior de Deseño ................................................................................................ /Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais pon no seu coñecemento que o calendario de actividades docentes programadas para o final de curso, aprobado polo Claustro, recolle o seguinte:         

O último día de clase será o

As datas das sesións de avaliación final serán do         ao

................................, ...... de .................. de 2013

O/A director/a,

Asdo.: ...........................................................

Inspector/a de Educación

ANEXO III
Resumo do calendario de actividades de xuño. Curso 2012-2013

O/A director/a da Escola Oficial de Idiomas .....................................................................................
pon no seu coñecemento que o calendario de actividades docentes programadas para o final de curso, aprobado polo Claustro, recolle o seguinte:      

O último día de clase será o

As datas das probas da convocatoria ordinaria de xuño serán do         ao

................................, ...... de .................. de 2013

O/A director/a,

Asdo.: ...........................................................

Inspector/a de Educación

ANEXO IV
Resumo do calendario de actividades de xuño. Curso 2012-2013

O/A director/a do Conservatorio de Música/Conservatorio de Danza..............................................
.................................................. pon no seu coñecemento que o calendario de actividades docentes programadas para o final de curso, aprobado polo Claustro, recolle o seguinte:      

O último día de clase será o

As datas da avaliación conxunta do alumnado serán do         ao

As probas de acceso realizaranse do         ao

................................, ...... de .................. de 2013

O/A director/a,

Asdo.: ...........................................................

Inspector/a de Educación