Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2012 Páx. 33170

I. Disposicións xerais

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 9 de agosto de 2012 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

Á vista da evolución da implantación do sistema de atención á dependencia na Comunidade Autónoma e das súas dificultades, co obxectivo de avanzar no desenvolvemento da atención e prevención da situación de dependencia, adaptarse aos últimos cambios normativos, consolidar os dereitos das persoas con grao e nivel de dependencia, así como de todas aquelas persoas que xa eran usuarias do Sistema Galego de Servizos Sociais con anterioridade á entrada en vigor da normativa específica en materia de dependencia, e garantir a máxima axilidade e eficacia nos procedementos de valoración da dependencia e da elaboración do programa individual de atención, publicouse, derrogando o anterior decreto, o Decreto 15/2010, do 4 de febreiro (DOG nº 34, do 19 de febreiro), polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes. Así, resultou necesario abordar o seu desenvolvemento normativo, especialmente no que respecta aos requisitos e condicións para cada tipo de servizo e/ou libranza, as intensidades de protección dos servizos, o réxime de compatibilidades entre os servizos e libranzas e os criterios para a xestión das prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobouse a Orde do 2 de xaneiro de 2012, normativa fundamental co obxectivo de alcanzar a plena aplicación na Comunidade Autónoma galega das previsións contidas na propia Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia e na súa normativa de desenvolvemento, especialmente nos acordos adoptados no seno do Consello Territorial do Sistema para a Autonomía Persoal e Atención á Dependencia.

O 14 de xullo de 2012 publícase no BOE o Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade.

Entre as medidas que recolle o real decreto lei, recóllense melloras necesarias para asegurar a sustentabilidade presente e futura do sistema para a autonomía e atención á dependencia e así, entre outras, a través da súa disposición transitoria décima apróbanse as contías máximas das prestacións económicas por coidados no contorno familiar, de asistencia persoal e da prestación vinculada a un servizo, que serán efectivas a partir do 1 de agosto do presente ano.

Tendo en conta a aprobación das novas contías sinaladas, en consecuencia cómpre modificar as disposicións normativas ditadas no seu desenvolvemento. Debido a iso a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, vese afectado na regulación contida no seu artigo 56 «Determinación da contía das libranzas», punto 5, e no seu anexo V «contías máximas das libranzas», polo que se procede a súa modificación.

En virtude do exposto, no exercicio das atribucións conferidas segundo o artigo 38 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público Autonómico de Galicia, así como pola disposición derradeira segunda do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro (DOG nº 34, do 19 de febreiro) polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e polo artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

A Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, queda modificado como segue:

Un. O anexo V «contías máximas da libranza», quedan redactados do seguinte modo:

1. Mentres non se regule regulamentariamente, para as persoas beneficiarias que á entrada en vigor do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, o 16 de xullo, tivesen resolución de grao e nivel de dependencia ou resolución do seu programa individual de atención, as contías máximas da libranza serán as seguintes:

Grao e nivel de dependencia

Libranza vinculada á adquisición de servizos

Libranza de coidados no contorno

Libranza de asistente persoal

Euros/mes

Contía

Contía

Contía

Grao III-nivel 2

833,96 €

442,59 €

833,96 €

Grao III-nivel 1

625,47 €

354,43 €

625,47 €

Grao II-nivel 2

462,18 €

286,66 €

-

Grao II-nivel 1

401,20 €

255,77 €

-

Grao I-nivel 2

300 €

153,00 €

-

Complemento nivel adicional da C.A.

Grao III-nivel 2

– Contía nivel adicional ata 1.300 €

– Complemento adicional do 15 % da contía total recoñecida en períodos de especial dedicación.

Grao III-nivel 1

– Contía nivel adicional ata 1.300 €

– Complemento adicional do 15 % da contía total recoñecida en períodos de especial dedicación.

Grao II-nivel 2

– Contía nivel adicional ata 1.300 €

– Complemento adicional do 15 % da contía total recoñecida en períodos de especial dedicación.

Grao II-nivel 1

– Contía nivel adicional ata 1.300 €

– Complemento adicional do 15 % da contía total recoñecida en períodos de especial dedicación.

2. Mentres non se regule regulamentariamente, para as persoas solicitantes que á entrada en vigor do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, o 16 de xullo, non tivesen resolución de grao e nivel de dependencia ou non tivesen resolución do seu programa individual de atención, así como para os/as novos/as solicitantes a partir do 16 de xullo, as contías máximas da libranza serán as seguintes:

Grao e nivel de dependencia

Libranza vinculada á adquisición de servizos

Libranza de coidados no contorno

Libranza de asistente persoal

Euros/mes

Contía

Contía

Contía

Grao III

715,07 €

387,64 €

715,07 €

Grao II

426,12 €

268,79 €

426,12 €

Grao I

300,00 €

153,00 €

300,00 €

Complemento nivel adicional da C.A.

Grao III

-Contía nivel adicional ata 1.300 €

-Complemento adicional do 15 % da contía total recoñecida en períodos de especial dedicación.

Grao II

-Contía nivel adicional ata 1.300 €

-Complemento adicional do 15 % da contía total recoñecida en períodos de especial dedicación.

3. Estas contías terán efectividade a partir do 1 de agosto do ano 2012.

Disposición transitoria única. Situacións xurídicas preexistentes

Mentres non se regule regulamentariamente, a contía das prestacións económicas de libranzas de coidados no contorno familiar recoñecidas con anterioridade ao 1 de agosto de 2012 poderanse actualizar aplicando a porcentaxe de variación que experimenta a nova contía máxima establecida no artigo único, un, punto 1 desta orde, en relación coa contía vixente ata esta data, excepto que a contía resultante sexa superior á contía máxima establecida nese artigo único, suposto en que se recoñecerá esta última.

Disposición derrogatoria única

Pola presente orde derrógase o artigo 56, no seu punto 5, da Orde do 2 de xaneiro de 2012, pola que se desenvolve o Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento da orde

Autorízase a/o titular do órgano de dirección con competencias en materia de dependencia e autonomía persoal para ditar as normas que resulten necesarias para o desenvolvemento e a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Vixencia da norma

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación, con efectos desde o 1 de agosto de 2012, no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2012

P.D. (Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeneral técnica da Consellería de Traballo e Benestar