Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 220/2009).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado I. LMTS avda. de Pastoriza-Platas Varela.

Situación: concello de Arteixo.

Características técnicas:

Tramo de liña de media tensión subterránea CT avda. de Carballo a CT Alcalde Platas Varela, nº 215 a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,855 km, con orixe en cela de liña existente no CT avda. de Carballo (expediente 3/07), condutor tipo RHZ-2OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), e final en cela de liña existente no CT Alcalde M. Platas Varela, nº 215 (expediente 87/02).

Tramo de liña de media tensión subterránea CT Galán a CT Alcalde Platas Varela, nº 140, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,180 km, con orixe en cela de liña existente no CT Galán (expediente 221/02), condutor tipo RHZ-2OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), e final en cela de liña existente no CT Alcalde Platas Varela, nº 140 (expediente 419/03).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 7 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña