Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 8 de outubro de 2012 Páx. 38586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cotobade (expediente IN407A 2012/221-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avda. do Concello 21, 36830 A Lama.

Denominación: LMT, CT Pereiro, As Lagoas.

Situación: Cotobade.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 166 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 94 da LMT principal Carballedo e final no apoio proxectado C-3000/20 (paso aerosubterráneo) do cal continúa subterránea 109 metros con condutor RHZ1 finalizando no CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/400 V, situado no lugar de Pereiro, As Lagoas, parroquia de Rebordelo, Cotobade.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial; avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 5 de setembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Nº 

Cultivo 

Referencia catastral 

Afección

Nome e apelidos/Domicilio 

Lonxitude (m)

Nº apoio

Solo (m2)

Voo (m2)

1

Matogueira

36012A069008570000ZW

85

Dolores Solla Piñón

As Lagoas, 2

36858 Cotobade, Pontevedra

2

Prado

36012A069008060000ZM

21

1

2

233

Descoñecido

3

Matogueira

36012A069008580000ZA

11

Descoñecido

4

Prado

36012A069008020000ZP

2

Lino Bouzas Gesteira

Avda. Buenos Aires, 74

36002 Pontevedra

5

Prado

36012A069008030000ZL

127

Raimundo Rey Gesteira

A Fontenova, 32

36859 Cotobade, Pontevedra

6

Prado

36012A069008050000ZF

64

489

Teresa Loureiro Franco

Pazos s/n

36858 Cotobade, Pontevedra

7

Matogueira

36012A069008040000ZT

19

Irmáns Carolina, Faustino, José e Luciano Piñón Loureiro. Notificar a Faustino Piñón Loureiro

Gran Vía Les Corts Catalanes 1029, 2º 1ª

08020 Barcelona

8

Prado

36012A069007180000ZI

23

Descoñecido

9

Prado

36012A069007170000ZX

Subt. 71

Aérea 8

2

142

2

74

Felisa  Bouzas Gesteira

Pazos s/n

36858 Cotobade, Pontevedra

10

Prado

36012A041004360000ZR

CT

16

Amando García Morgade

Vilanova, 14

36994 Poio, Pontevedra