Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45208

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2585/2009-CRS).

Sala do Social, secretaria: M. Asunción Barrio Calle.

Nº de recurso: recurso de suplicación 2585/2009 CRS.

Materia: xubilación.

Recorrente: Manuel Moreira Pérez, letrado Arsenio Gallego Chacón, Vigo.

Procurador: Luis Fernández Ayala Martínez, A Coruña.

Recorridos: Panxón, S.A., letrado Iván Villar Álvarez, Vigo.

Procurador: Víctor López Rioboó e Batanero. A Coruña.

Instituto Social da Mariña.

Pesquera Santa Cruz, S.A., BOP.

Santodomingo e Hijos, S.L., BOP.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 de Vigo. Demanda 855/2008.

Nas actuacións número 2585/2009-CRS ás que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 855/2008 do Xulgado do Social número 3 de Vigo promovidos por Manuel Moreira Pérez contra Panxón, S.A., Instituto Social da Mariña, Pesquera Santa Cruz, S.A., Santodomingo e Hijos, S.L., sobre xubilación, con data se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante Manuel Moreira Pereira contra a sentenza do 25 de novembro de 2008 ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Vigo nos autos nº 855/2008 seguidos por instancia do demandante contra as demandadas sobre seguridade social, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte, Santodomingo e Hijos, S.L., que no sucesivo se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Santodomingo e Hijos, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 16 de outubro de 2012

A secretaria xudicial