Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45210

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra

EDICTO (750/2011).

Adriana Álvarez Gorgojo, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra, mediante este anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal seguido por instancia de Juan Antonio Cantero Fernández fronte a Andrés Torres Esperón ditouse sentenza, cuxo teor literal, en extracto, é o seguinte:

«Sentenza.

En Pontevedra a catorce de maio de dous mil doce.

María Ángeles González de los Santos, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra, despois de ver os presentes autos de xuízo verbal número 750/2011, seguidos neste xulgado por instancia de Juan Antonio Cantero Fernández contra Andrés Torres Esperón, en situación procesual de rebeldía, ditou, en nome da súa maxestade o rei, a seguinte

Decido que, admitindo a demanda presentada por Juan Antonio Cantero Fernández contra Andrés Torres Esperón, debo condenar o demandado a que pague ao demandante a cantidade de 855,94 euros, con imposición ao demandado das custas procesuais.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso ningún».

E encontrándose o devandito demandado, Andrés Torres Esperón, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 26 de outubro de 2012

A secretaria xudicial