Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45211

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (202/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 6.11.2012, no proceso seguido por instancia de María Arón contra Parrilladas a Reventar, S.L., en reclamación por despedimento, se rexistrou co nº 202/2012 e se acordou notificar a Parrilladas a Reventar, S.L. a decisión seguinte da sentenza:

«Resolvo que, aceptando a demanda interposta por María Arón contra a empresa Parrilladas a Reventar, S.L., declaro improcedente o despedimento do que foi obxecto o 31.8.2012 e extinguida a relación laboral con data desta sentenza, condenándoa a indemnizalo pola extinción coa cantidade –s. e. ou o.– de sete mil trescentos oitenta e sete euros con vinte céntimos (7.387,20 €); e co aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da presente resolución, tendo en conta que ascenden a doce mil catrocentos trinta e cinco euros con doce céntimos (12.435,12 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada, deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; podendo substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptiva para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Parrilladas a Reventar, S.L., en paradoiro ignorado, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 12 de novembro de 2012

A secretaria xudicial