Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45215

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (2/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 2/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Vázquez Núñez contra a empresa Raquel Cardama del Río e o Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva

Dispoño:

1. Estimar a solicitude de Jesús Vázquez Núñez de aclarar-rectificar a sentenza ditada neste procedemento con data do 30 de agosto de 2012 no sentido que se indica a seguir:

Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda en materia de despedimento e debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do que o demandante foi obxecto o 5 de decembro de 2011 e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes ao cesar na súa actividade a demandada, desde a data da presente resolución, e condeno a entidade Raquel Cardama del Río á indemnización por despedimento de corenta e cinco días de salario por ano de servizo, rateándose por meses os períodos inferiores a un ano, ademais do aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a data desta resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes advertindo que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a O/a secretario/a xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de novembro de 2012

A secretaria xudicial