Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45213

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (615/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 615/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Constantino Rey Faquet contra a empresa Carpintería de Aluminio J.F., S.L., Fondo de Garantía Salarial Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza: 793/2012.

Asunto 615/2010.

Sentenza.

Na cidade da Coruña, 6 de novembro de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Juan Constatino Rey Faquet, que comparece representado polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Carpintería de Aluminio J.F., S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte:

Decido que estimando a demanda interposta por Juan Constatino Rey Faquet contra a empresa Carpintería de Aluminio J.F., S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de mil setecentos cincuenta e un euros e corenta e un céntimos (1.751,41 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación de sentenza a Carpintería de Aluminio J.F., S.L., expido a presente cédula de notificación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de novembro de 2012

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial