Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 6875

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 22 de febreiro de 2013 pola que se convoca un curso de prevención de riscos da internet e novas tecnoloxías.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo de 2013, na páxina 6.257, cómpre facer a seguinte corrección:

No punto número 7, Dereitos e deberes do alumnado participante, onde di: «Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado pola Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de marzo de 2009 (DOG nº 30, do 12 de febreiro)», debe dicir: «Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado pola Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (DOG nº 30, do 12 de febreiro)».