Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10513

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 6111/2012 PM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 6111/2012 PM.

Xulgado de orixe/autos: demanda 611/2012 Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrente: Pablo Rodríguez Cruz.

Avogado: José Benito Vázquez Estévez.

Recorridos: Fogasa, Menpes Smith Peter, SLNE.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 6111/2012 desta sección, seguido por instancia de Pablo Rodríguez Cruz contra a empresa Fogasa, Menpes Smith Peter, SLNE, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que con desestimación do recurso interposto, confirmamos a sentenza que con data 21.9.2012 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 dos de Vigo, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu a empresa Menpes Smith Peter, SLNE e o Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Menpes Smith Peter, SLNE, con último domicilio coñecido na Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 6 de marzo de 2013

A secretaria xudicial