Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36016

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 5 de setembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 16 de maio de 2013 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais para o período 2012-2014 e se convocan para o exercicio orzamentario 2013.

O día 27 de maio de 2013, a Consellería do Medio Rural e do Mar publicou a Orde do 16 de maio de 2013 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais para o período 2012-2014 e se convocan para o exercicio orzamentario 2013.

O artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, faculta o órgano concedente da subvención para outorgar, agás precepto en contra contido nas bases reguladoras, unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación, que non exceda a metade deste e sempre que con iso non se prexudiquen dereitos de terceiros. As condicións e o procedemento para a concesión da ampliación son os establecidos no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase o artigo 19 da Orde do 16 de maio de 2013 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais para o período 2012-2014 e se convocan para o exercicio orzamentario 2013 do seguinte xeito:

«Artigo 19. Prazo de xustificación

O prazo de xustificación finalizará o 30 de novembro de 2013 e o 31 de maio de 2014, segundo a anualidade que corresponda. Poderanse conceder prórrogas de cada anualidade, de acordo co artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, logo de solicitude razoada realizada cunha antelación superior a dous meses antes do remate do prazo de xustificación».

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar