Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46260

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 170/2013, do 28 de novembro, polo que se dispón que cese José Norberto Uzal Tresandí como director xeral de Administración Local.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, vista a solicitude de cesamento presentada, por motivos persoais, o pasado 22 de novembro polo director xeral de Administración Local, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e oito de novembro de dous mil trece,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, José Norberto Uzal Tresandí, como director xeral de Administración Local, agradecéndolle os servizos prestados.

O cesamento terá efectos do día 25 de novembro de 2013.

Santiago de Compostela, vinte e oito de novembro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza