Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49404

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2013 pola que se procede á publicación dos requirimentos da documentación xustificativa de axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 9 de abril de 2013 pola que se estableceron as bases reguladoras e se anunciou a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a proxectos de enerxías renovables (Diario Oficial de Galicia número 73, do 16 de abril).

Esta dirección, mediante resolucións do 1 de xullo de 2013, do 19 de xullo de 2013, do 16 de setembro de 2013, do 20 de setembro de 2013, do 14 de outubro de 2013, do 25 de outubro de 2013 e do 31 de outubro de 2013 publicadas, respectivamente, no Diario Oficial de Galicia núm. 128, do 8 de xullo; núm. 144, do 30 de xullo; núm. 182, do 24 de setembro; núm. 190, do 4 de outubro; núm. 204, do 24 de outubro; núm. 214, do 8 de novembro, e núm. 221, do 19 de novembro de 2013, concedeu subvencións aos proxectos de enerxías renovables referidos a cada unha das solicitudes que figuran no anexo desta resolución. Nesta relación diferenciáronse tres grupos de actuacións en función da tipoloxía dos investimentos subvencionados.

O artigo 28, parágrafo 2º, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), dispón, con carácter xeral, que o rendemento da conta xustificativa constitúe un acto obrigatorio do beneficiario ou da entidade colaboradora, en que se deben incluír, baixo responsabilidade do declarante, os xustificantes de gasto ou calquera outro documento con validez xurídica que permita acreditar o cumprimento do obxecto da subvención pública. A forma da conta xustificativa e o seu prazo de rendemento virán determinados polas correspondentes bases reguladoras.

Respecto disto, o artigo 17 das bases reguladoras da presente convocatoria de axudas, que foron aprobadas mediante a Resolución do 9 de abril de 2013 xa citada na cabeceira, refírese entre outras cuestións, aos prazos de presentación dos documentos xustificativos dos investimentos, ao seu cómputo desde o día seguinte ao da notificación da resolución pola que se concede a axuda, á forma de presentación e, por último, no parágrafo 3º, cítanse os distintos documentos que deben achegarse para completar a xustificación.

No suposto de que transcorrese o prazo establecido para xustificar o investimento subvencionado sen terse presentado documentación ningunha, requiriranse igualmente os beneficiarios para que acheguen a documentación preceptiva.

Idéntica previsión aparece recollida no artigo 45, parágrafo 2º, do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro de 2009).

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) daquelas solicitudes con concesión de axuda que, unha vez esgotado o prazo máximo de xustificación dos investimentos, non achegaron ningún dos documentos xustificativos descritos no artigo 17.3 das bases reguladoras.

Segundo. Requirir as persoas beneficiarias das axudas que figuran no anexo desta resolución para que, no prazo improrrogable de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, presenten esta documentación conforme se lles advirte no respectivo requirimento dispoñible no taboleiro electrónico, ao cal accederán a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es), na epígrafe Axudas a instalacións enerxías renovables 2013.

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 17.4 das bases reguladoras, de non levarse a cabo a xustificación do investimento nos prazos sinalados anteriormente, producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia de reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO
Solicitudes suxeitas a requirimento de xustificación

Grupo I: enerxía solar térmica.

Código de solicitude

Beneficiario/a

NIF

IN421A/13R400

Sabela Rodríguez García

44811465J

IN421A/13R440

José Tallón Freire

33277832Y

IN421A/13R465

Hotel Ipanema

B36624286

IN421A/13R468

Intermax Technology, S.L.

B70294624

IN421A/13R477

Luciano Martínez de las Heras

00686233M

IN421A/13R534

María Carmen Vázquez Diéguez

34557498K

IN421A/13R538

Ester Vázquez Diéguez

34589816R

IN421A/13R575

Néstor Sampedro López

33820962Z

IN421A/13R589

Xoán Puentes Calvo

32620432S

Grupo III: enerxía solar fotovoltaica non illada e instalacións mixtas non illadas.

Código de solicitude

Beneficiario/a

NIF

IN421C/13R31

José Rodríguez Rodríguez

34235176K

IN421C/13R99

Escanarent, S.L.

B36463446

IN421C/13R101

Redarse, S.L.

B36225522

IN421C/13R102

Mendoza Touriño, S.L.

B36271559

IN421C/13R169

Laserlucus, S.L.U.

B27424084

IN421C/13R190

Panadería Altamira, S.L.

B36537124

IN421C/13R191

SAT Saa N 1270 XUGA

V36487320

IN421C/13R224

Supermercados Marsel, S.L.

B32184269

IN421C/13R225

Gonzalo Rodríguez Martínez

35853323A

IN421C/13R226

Rodrigo González Figueroa

36084033T

IN421C/13R234

Cárnicas Milucho e Hijos, S.L.

B32429128

IN421C/13R268

Aelsa, S.A.

A36124956

IN421C/13R277

Hevago, S.A.

A36700938

Grupo IV: caldeiras de biomasa.

Código de solicitude

Beneficiario/a

NIF

IN421D/13R613

Florindo José González González

44463401P

IN421D/13R805

Ribeiro Geriatría, S.L.

B32404279

IN421D/13R1106

Jesús María Ramos Cagiao

76340135F

IN421D/13R1306

Escola Infantil Elfos

52470780Y

IN421D/13R1491

Gonzalo Seco Casal

33838991B

IN421D/13R1501

Sonia Neira Castro

33350143M

IN421D/13R1509

Josefa Rodríguez Novoa

34960202H

IN421D/13R1521

Emilio Jesús Levices González

34581460V

IN421D/13R1529

Jesús Vicente Ferreiro López

33674502H

IN421D/13R1563

Roque Manuel Barros Souto

34895711L

IN421D/13R1564

Salvador Martínez Barros

32263235P

IN421D/13R1599

Juan Prada Álvarez

35546849G

IN421D/13R1612

Intermax Technology, S.L.

B70294624

IN421D/13R1614

María Adoración Blanco Ruíz

16518963H

IN421D/13R1617

Servipor, S.C.

F36437820

IN421D/13R1638

María de las Mercedes López Varela

32774054C

IN421D/13R1710

Magín Méndez Fernández

35211164G

IN421D/13R1712

José Manuel Diéguez García

35458585Z

IN421D/13R1746

Iniciativas y Desarrollo Inmobiliario y de Arquitectura, S.A.

A15555360

IN421D/13R1756

Iván Leivas Montero

33327278W

IN421D/13R1801

Otilia Blanco Ourille

76503030Q

IN421D/13R1804

Águeda Treinta Álvarez

76896586L

IN421D/13R1813

Susana Vázquez Dorado

76708015W

IN421D/13R1820

Luis Alberto Santísima Trinidad Lago

76900487X

IN421D/13R1837

Juan Carlos Rodríguez Sixto

32607692V

IN421D/13R1887

Perfecto Luis Souto Torres

35301053D

IN421D/13R1916

Francisco José Cancio Villamil

33998649A

IN421D/13R1995

Agapel Pelting, S.L.

B94049277

IN421D/13R2001

Óscar Manuel Pereira Romero

33282322B

IN421D/13R2005

Xoán Puentes Calvo

32620432S

IN421D/13R2010

Gabino Nonito Vázquez Cabana

34195309J

IN421D/13R2017

Federico Freire Fernández

33833617L

IN421D/13R2019

Xosé Lois Agrelo Hermo

33223455R

IN421D/13R2029

Ana María Pascual Montes

33291340J

IN421D/13R2033

Antonio Jesús Ferreiro Lamas

34223933W

IN421D/13R2037

Rodolfo Óscar Lage Díaz

33313974S

IN421D/13R2038

San Martín Forestal, S.L.

B32376774

IN421D/13R2041

Esther Rodríguez Barbeito

32762176X

IN421D/13R2045

Olga Pérez Hermida

34598284M

IN421D/13R2048

José Luis Vila Lamas

47350917N

IN421D/13R2055

María Trinidad Delgado Barreira

76724101B