Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32866

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados

EDICTO (489/2011).

Carolina Vázquez Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, por medio do presente anuncio:

Neste procedemento de xuízo verbal 489/2011, seguido por instancia de Segurcaixa Sociedad Anónima de Seguros y Reaseguros fronte á C.P. do edificio sito na avenida de Pontevedra número 4 de Portonovo, ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

«Cambados, 18 de setembro de 2012

Carmen Miranda Vieites, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados e o seu partido, despois de ver os presentes autos de xuízo verbal 489/2011, en relación cunha reclamación de cantidade, seguidos ante este xulgado por instancia da entidade Segurcaixa, S.A. de Seguros y Reaseguros, representada polo procurador Jesús Martínez Melón e defendida pola letrada Marina Couselo Filgueira, contra a comunidade de propietarios do edificio sito na avenida de Pontevedra número 4 de Portonovo, ditou en nome do rei a seguinte sentenza.

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta polo procurador Jesús Martínez Melón, en nome e representación da entidade Segurcaixa, S.A. de Seguros y Reaseguros, contra a comunidade de propietarios do edificio sito na avenida de Pontevedra número 4 de Portonovo.

En consecuencia, debo condenar e condeno a comunidade de propietarios do edificio sito na avenida de Pontevedra número 4 de Portonovo a aboarlle á entidade Segurcaixa, S.A. de Seguros y Reaseguros a suma de catrocentos euros (400 euros).

Impóñense as custas de conformidade co establecido no fundamento xurídico quinto.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación. Esta sentenza é firme e contra ela non cabe interpor recurso.

Así o acorda, manda e asina Carmen Miranda Vieites, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados».

E encontrándose a dita demandada, C.P. do edificio sito na avda. de Pontevedra número 4 de Portonovo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cambados, 15 de abril de 2013

A secretaria xudicial