Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4206

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2015 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta entidade pública no terceiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), establece que as entidades públicas vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación cos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o terceiro cuadrimestre do ano 2014 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia

durante o terceiro cuadrimestre do ano 2014

Convenio

Importe total
do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Vila de Cruces para o financiamento e a execución das obras de saneamento no lugar de Vilar e Os Salgueiros, parroquia de Fontao-Vila de Cruces

66.152,57 €

22.9.2014

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Universidade da Coruña para o estudo do consumo enerxético e a caracterización das augas en dúas depuradoras de augas residuais

Sen custo económico

2.10.2014

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Ponte Caldelas para a asunción da explotación da EDAR de Ponte Caldelas

779.339,92 €

6.10.2014

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Mancomunidade do Salnés para a asunción da explotación da EDAR de Ribadumia

2.055.179,48 €

6.10.2014

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña

390.256,71 €

7.10.2014

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a execución da obra de acondicionamento hidráulico do río Con na rúa Florida, en Vilagarcía de Arousa, de clave OH436.1004, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do P.O. Feder Galicia 2007-2013

603.362,41 €

15.10.2014

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas), a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a entidade colaboradora de pesca fluvial Salmo Club de Pesca Deportiva da Coruña, para a dotación de medios de vixilancia dos ecosistemas fluviais no tramo do couto de pesca denominado Xallas no río Xallas

71.000 €

20.11.2014

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Vila de Cruces para o financiamento e a execución das obras de saneamento no lugar de Vilar e Os Salgueiros, parroquia de Fontao-Vila de Cruces

66.152,57 €

15.12.2014

Cuarta addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Augas de Galicia e o Concello de Pontevedra para a execución de obras de mellora do saneamento, obras de infraestruturas hidráulicas en parroquias do concello de Pontevedra, fase 2ª

10.000.000 €

22.12.2014

Primeira addenda ao convenio de colaboración subscrito pola Xunta de Galicia, Augas de Galicia, o Concello do Pereiro de Aguiar e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para o financiamento e a execución das obras do proxecto de mellora do saneamento do Pereiro de Aguiar (Ourense), así como a formalización da encomenda de xestión para o mantemento e a conservación das ditas obras

1.244.804,48 €

22.12.2014

Primeira addenda ao convenio de colaboración subscrito pola Xunta de Galicia, Augas de Galicia, o Concello de San Cibrao das Viñas e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para o financiamento e a execución das obras do proxecto de mellora do saneamento e a EDAR de San Cibrao das Viñas (Ourense), así como a formalización da encomenda de xestión para o mantemento e conservación das ditas obras

2.778.320,52 €

22.12.2014

Primeira addenda ao convenio de colaboración subscrito pola Xunta de Galicia, Augas de Galicia, o Concello do Porriño e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para o financiamento e a execución das obras do proxecto de actuacións prioritarias de saneamento do Porriño (Pontevedra), así como a formalización da encomenda de xestión para o mantemento e a conservación das ditas obras

2.637.257,73 €

22.12.2014

Segunda addenda ao convenio de colaboración subscrito pola Xunta de Galicia, Augas de Galicia, o Concello de Sarria e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para o financiamento e a execución das obras de adecuación do curso e ordenación das marxes dos ríos Sarria e Celeiro, no termo municipal de Sarria (primeira fase), así como a formalización da encomenda de xestión para o mantemento e a conservación das ditas obras

5.876.184,79 €

22.12.2014

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Concello de Xinzo de Limia e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para o financiamento e a execución das obras do proxecto de mellora da capacidade de eliminación de nutrientes da EDAR de Xinzo de Limia (Ourense), así como a formalización da encomenda de xestión para o mantemento e a conservación das ditas obras

1.500.000 €

29.12.2014