Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15720

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4536/2014 (FF)).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4898/2010 desta sección, seguido por instancia de Josefa Alén Núñez contra Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Galicia Saudade, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Ministerio Fiscal, Concello de Arteixo, administración concursal Galicia Saudade, S.L., Instituto de Gestión Sanitaria, S.A.U. (Ingesan), sobre despedimento, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos.

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado José Miguel López Pérez, en nome e representación de Josefa Alén Núñez e estimando os recursos de suplicación interpostos polo letrado José María García Pérez, na representación que ten acreditada da empresa Instituto de Gestión Sanitaria, S.A. (Ingesan), e polo letrado José Miguel Orantes Canles, na representación que ten acreditada da empresa Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 dos da Coruña, en data vinte e cinco de novembro de dous mil trece, en autos seguidos por instancia de Josefa Alén Núñez fronte ás empresas Galicia Saudade S.L., en situación de concurso voluntario, Instituto de Gestión Sanitaria, S.A. (Ingesan), e Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., a administración concursal da empresa Galicia Saudade, S.L. e o Concello de Arteixo, sobre despedimento, nos cales foron parte o Fondo de Garantía Salarial e o Ministerio Fiscal, debemos revogar e revogamos parcialmente a resolución citada, e desestimamos a demanda formulada contra as empresas Instituto de Gestión Sanitaria, S.A. (Ingesan) e Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., absolvendo as citadas demandadas dos pedimentos contidos nela, mantendo o resto dos pronunciamientos condenatorios e absolutorios contidos na sentenza contra a que se recorre, sen que proceda facer imposición de custas dos recursos.

Procede ordenar a devolución ás empresas dos depósitos constituídos para recorrer e a cancelación dos aseguramientos prestados para estes efectos, unha vez que sexa firme esta sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 26 de marzo de 2015

A secretaria xudicial