Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28288

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

EDICTO de aprobación definitiva do Plan especial de ordenación do porto de Baiona.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do 21 de maio de 2015, prestou aprobación definitiva ao Plan especial de ordenación do porto de Baiona, promovido por Portos de Galicia, cuxa normativa se publicou no BOP núm. 102, do 1 de xuño de 2015. O que se publica de conformidade co artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e con esta data remítese copia autenticada de dous exemplares á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Baiona, 16 de xuño de 2015

Jesús Vázquez Almuíña
Alcalde