Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 17 de setembro de 2015 Páx. 37064

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 31 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2015/330-1.

Unha vez intentada a notificación por correo certificado ao titular da empresa que se indica a seguir, sen que se puidese efectuar, mediante esta cédula notifícaselle o inicio do trámite de audiencia, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC).

A notificación farase ao mesmo tempo e preceptivamente por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Dispón dun prazo de oito días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, durante o cal poderá exercer o dereito de audiencia mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, na rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º (Centro Comercial Elviña), na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro do expediente.

Tras realizar o trámite de audiencia, o suxeito responsable poderá formular novas alegacións por termo doutros tres días, despois dos cales o expediente quedará visto para a proposta de resolución, de conformidade co artigo 18.4 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

A Coruña, 31 de agosto de 2015

P.S. (Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Manuel José Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO

Expediente: RL 2015/330-1.

Acta inf.: I152015000069618.

Empresa: Otero Viqueira, S.L.

NIF: J70392287.

Enderezo: rúa Pasteur, 1-1º, 15008 A Coruña.

Materia: relacións laborais.

Normativa infrinxida: artigos 12, 15, 34 e 37 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e artigos 14 e 15 do Convenio colectivo provincial de hostalaría da Coruña (BOP do 30.8.2013).

Tipificación: artigos 7.2 e 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Proposta de sanción: 4.000 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.