Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 17 de setembro de 2015 Páx. 37060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 28 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2015/123 e cinco máis.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (LRXAP e PAC), notifícaselles por medio desta cédula a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes.

A notificación publícase preceptivamente no Boletín Oficial del Estado.

Dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a directora xeral de Traballo e Economía Social, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nesta xefatura territorial, rúa Salvador de Madariaga 9-1º da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas.

Advírteselles de que, de non interpoñer recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23.11.2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 28 de agosto de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente nº: RL 2015/123-1.

Acta inf. nº: I152015000021017.

Empresa: Atento Teleservicios España, S.A.U.

NIF: A78751997.

Enderezo: rúa Caracas, 23, 4º, 28010 Madrid.

Materia: relacións laborais.

Normativa infrinxida: artigo 46.2 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, en relación co artigo 30 do Convenio colectivo estatal del Contact Center (BOE do 27 de xullo de 2012).

Tipificación: artigo 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 28 de xullo de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Atento Teleservicios España, S.A.U. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente nº: RL 2015/283-1.

Acta inf. nº: I152015000029404.

Empresa: Dieda Forestal e Inversiones, S.L.

NIF: B15966401.

Enderezo: rúa Berna, 2, 15707 Santiago de Compostela.

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: artigos 14, 22, 30 e 31 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais, e artigos 1, 2 e 10 a 16, inclusive, do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de servizos de prevención.

Tipificación: artigos 12.1 a), 12.8 e 12.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 10 de agosto de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Dieda Forestal e Inversiones, S.L. tres sancións por importe de 5.000, 2.046 e 2.046 euros, en total nove mil noventa e dous euros (9.092 €).

Expediente nº: RL 2015/225-1.

Acta inf. nº: I152015000029505.

Empresa: Grupo Supeco Maxor, S.L.

NIF: B60981057.

Enderezo: rúa Cantón Grande, 4-3º, 15003 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: artigo 16.2 a) e b) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais, e artigos 4.2 b), 8 e 9 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de servizos de prevención.

Tipificación: artigo 12.1 b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 14 de agosto de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Grupo Supeco Maxor, S.L. unha sanción por importe de tres mil euros (3.000 €).

Expediente nº: RL 2015/152-1.

Acta inf. nº: I152015000024956.

Empresa: Carmen Rey Rey.

NIF: 33194543T.

Enderezo: rúa Gran Vía, 46, 15100 Carballo.

Materia: relacións laborais.

Normativa infrinxida: artigo 37.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, en relación co artigo 14 do Convenio colectivo de hostalaría da Coruña (BOP do 30.8.2013).

Tipificación: artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 5 de agosto de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Carmen Rey Rey unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente nº: RL 2015/148-1.

Acta inf. nº: I152015000025966.

Empresa: Penny Lane, S.L.

NIF: B15277122.

Enderezo: lugar Beca-Bastabales, Brión.

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: artigos 14 (puntos 1 e 2), 16 (puntos 1 e 2), 19.1 e 22.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais.

Tipificación: artigo 12.16 a) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 5 de agosto de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Penny Lane, S.L. unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

Expediente nº: RL 2015/151-1.

Acta inf. nº: I152015000020310.

Empresa: Hipescar, S.L.

NIF: B15219967.

Enderezo: Imo-San Xoán de Laíño.

Materia: obstrución.

Normativa infrinxida: artigos 11 e 14.1 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Tipificación: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 6 de agosto de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Hipescar, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).