Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 23 de setembro de 2015 Páx. 37546

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto e dilixencia de ordenación (ENX 283/2014).

ENX execución de títulos non xudiciais 283/2014

Sobre ordinario

Demandante: Guadalupe Moar Míguez

Demandada: Wimaxgal, S.L.

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos non xudiciais 283/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guadalupe Moar Míguez contra Wimaxgal, S.L. sobre ordinario, foron ditados decreto na data 8.4.2015 e dilixencia de ordenación na data 28.5.2015 cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo: declarar embargados por vía de mellora de embargo os seguintes bens:

– Saldos das contas bancarias que segundo os datos existentes na aplicación informática posúa ao seu favor a entidade executada, en canto sexan suficientes para cubrir a suma das cantidades reclamadas, o que se levará a efecto a través do punto neutro xudicial, por un importe total de 9.718,16 euros pendentes de pagamento.

– O embargo das facturas que se achen pendentes de cobramento a favor da executada Wimaxgal, S.L. para asegurar a responsabilidade da devandita entidade ata a contía total de 8.675,3 euros en concepto de principal, e 1.042,86 euros calculados provisoriamente para xuros e custas e a cargo das seguintes entidades:

a) Concello de Vila de Cruces, con domicilio na praza Juan Carlos I, s/n, 36590 Vila de Cruces, Pontevedra.

b) Concello de Ames, con domicilio na praza do Concello, nº 2, 15220 Bertamiráns, Ames.

Para a súa efectividade, acordo librar os correspondentes oficios e/ou mandados.

– Requírase novamente a parte executante, para que no prazo de tres días presente un número de conta bancaria en que efectuar a transferencia acordada polo importe de 1.753,29 euros.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellante, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: poderá interpoñerse recurso de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta de depósitos e consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta número 00493569920005001274, incluíndo no campo de concepto a indicación “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír após a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “código 31 Social-Revisión”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Dilixencia de ordenación:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2015.

Téndose recibido os oficios remitidos polos concellos de Ames e Vila de Cruces en cumprimento dos requirimentos para que retivesen as cantidades que puideren deber á empresa demandada e nos cales comunican non ter débedas coa executada, únanse á execución da súa razón.

Queda pendente de satisfacer na presente executoria a suma de 8.675,30 euros de principal e 1.042,86 euros en concepto de xuros e custas, e non tendo encontrado bens suficientes e de conformidade co artigo 276.1 da LXS, acordo:

Dar audiencia a Guadalupe Moar Míguez e ao Fondo de Garantía Salarial para que no prazo máximo de quince días soliciten o que ao seu dereito conveña para a continuación da executoria, designando en tal caso bens concretos do debedor sobre os cales despachar a execución.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen pronuncia esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Wimaxgal, S.L. en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015

A secretaria xudicial