Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 8 de outubro de 2015 Páx. 39295

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 24 de setembro de 2015 pola que se modifica a Orde do 12 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Advertido un erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 185, do luns 28 de setembro de 2015, procédese a realizar a seguinte corrección:

Nas páxinas 37890 e 37891, no punto 1 do artigo 29, onde di:

«1. As contratacións temporais incentivaranse cunha axuda equivalente ao 50 % do custo salarial establecido no contrato que se subvenciona, excluídas as cotizacións empresariais á Seguridade Social. No suposto de que a persoa contratada sexa muller, persoa discapacitada ou unha persoa en que concorra algún dos factores de exclusión social recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, o incentivo será equivalente ao 60 % do custo salarial establecido no contrato que se subvenciona, excluídas ás cotizacións empresariais á Seguridade Social.

No caso de que a contratación sexa realizada para prestar servizos en empresas pertencentes a sectores estratéxicos segundo se define no artigo 3 desta orde, a contía do incentivo será unha axuda equivalente ao 65 % do custo salarial establecido no contrato que se subvenciona, excluídas as cotizacións empresariais á Seguridade Social.

En ningún caso a contía destas subvencións poderá ser superior á contía do salario establecida no convenio colectivo sectorial ou de empresa aplicable ao contrato que se subvenciona», debe dicir: «1. As contratacións temporais incentivaranse cunha axuda equivalente ao 50 % do custo salarial establecido no contrato que se subvenciona, excluídas as cotizacións empresariais á Seguridade Social e calculado sobre a duración do contrato, cun límite máximo de 12 mensualidades. No suposto de que a persoa contratada sexa muller, persoa discapacitada ou unha persoa en que concorra algún dos factores de exclusión social recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, o incentivo será equivalente ao 60 % do custo salarial establecido no contrato que se subvenciona, excluídas as cotizacións empresariais á Seguridade Social e calculado sobre a duración do contrato, cun límite máximo de 12 mensualidades.

No caso de que a contratación sexa realizada para prestar servizos en empresas pertencentes a sectores estratéxicos segundo se define no artigo 3 desta orde, a contía do incentivo será unha axuda equivalente ao 65 % do custo salarial establecido no contrato que se subvenciona, excluídas as cotizacións empresariais á Seguridade Social e calculado sobre a duración do contrato, cun límite máximo de 12 mensualidades.

En ningún caso a contía destas subvencións poderá ser superior á contía do salario establecida no convenio colectivo sectorial ou de empresa aplicable ao contrato que se subvenciona.

Os beneficios establecidos á contratación neste programa non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 75 % do custo salarial das mensualidades obxecto de subvención».