Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 19 de outubro de 2015 pola que se notifica a resolución de desafiuzamento administrativo do departamento número 4 do porto de Corme.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE número 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE número 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Luis Ferreiro Montáns, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución que decreta o desafiuzamento administrativo do departamento número 4 do porto de Corme, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido sito en Aldea Corme, Escovia, 95, Corme, Ponteceso, provincia da Coruña.

Segundo o informe da Xefatura da Zona Centro, o departamento está ocupado sen autorización, unha vez vencida e non renovada a autorización outorgada no ano 2011, e incumpríronse ata tres requirimentos da zona para solicitar nova autorización ou proceder voluntariamente ao desaloxo.

Igualmente, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, no Boletín Oficial del Estado número 221, do 15 de setembro de 2015 publícase a cédula pola que se notifica requirimento previo ao desafiuzamento que outorgaba un prazo máximo de dez (10) días hábiles para proceder ao desaloxo voluntario, sen que o dito requirimento fose obxecto de cumprimento, e sen que exista tampouco constancia da formulación de alegacións por parte do interesado.

O presente acto administrativo que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, emítese en aplicación do artigo 113 desa lei, do artigo 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o regulamento da entidade pública Portos de Galicia.

O departamento deberá de ser abandonado nun prazo máximo de dez (10) días contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves ao persoal de Portos de Galicia.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Ao abeiro do establecido nos artigos 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e 125 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución do desafiuzamento empregarase, de ser preciso, o auxilio das forzas e corpos da seguridade do Estado.

Contra o presente acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, ante, á elección do interesado, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, ou o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia