Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 3 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015287AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 15 de outubro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2015287AL-CO incoado a Col-Servicol, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Col-Servicol, S.L. o contido do dito acordo de inicio, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto co artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 3 de novembro de 2015

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2015287AL-CO.

Interesada: Col-Servicol, S.L. (Catering Perea Rojas, S.L. e Col-Servicol, S.L.).

DNI/NIF/CIF: B29682127.

Derradeiro enderezo coñecido: Mestre Mateo, 3, 15706 Santiago de Compostela.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Normativa infrinxida:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO nº 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO nº 204, do 4 de agosto de 2007).

– Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE nº 11, do 12 de xaneiro de 2001).

– Regulamento (UE) 1169/2011, do 25 de outubro (DO nº L 304, do 22 de novembro), sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor.

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 2.400 €.

De conformidade co artigo 72.2 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, confírmase a medida preventiva de suspensión provisional de actividade nº S.P.A. 26/15 tomada na data 7.10.2015, (nº de rexistro de saída 25403, do 9 de outubro).