Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se notifica á persoa interesada o requirimento de documentación en relación co expediente de subvención 15150054/2009.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, o requirimento de emenda de documentación en relación co expediente de subvención número 15150054/2009. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmase a interesada de que, se non emenda a falta ou xunta os documentos preceptivos nun prazo máximo de dez días, se terá por desistido da súa petición, logo da resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: 15150054/2009.

Interesada: Maderas Miranda Espiñeira, S.L.

Último enderezo coñecido: Lanzá, O Outeiro, 15685 Mesía (A Coruña).

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para a creación e mellora de empresas de comercialización e transformación de produtos forestais e se convocan para o exercicio orzamentario 2009.