Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 19 de novembro de 2015 Páx. 43859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de outubro de 2015 polo que se notifica resolución ditada no expediente DH.D15.47075, en materia de dominio público hidráulico.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución sancionadora ditada polo director de Augas de Galicia, en materia de dominio público hidráulico.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de alzada ante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, transcorrido o cal a resolución devirá firme.

Así mesmo, fáiselle saber que a resolución está ao seu dispor nas oficinas de Augas de Galicia, sitas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7, 9, 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesado

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.D15.47075

Pedro Castelo Noya

Asenso, s/n, 15256 Mazaricos

9.10.2015

Sobresemento