Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 44041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 13 de novembro de 2015, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se dá a coñecer a realización dunha poxa pública de bens e dereitos.

De conformidade co acordo da Axencia Tributaria de Galicia do 21 de outubro de 2015, infórmase que o día 11 de decembro de 2015 ás 10.00 horas, no salón de actos da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia na Coruña (sita na praza de Pontevedra, 22) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición do ben

Valoración

Cargas

Tipo 1

Tramos

1

Vivenda sita no quinto andar do edificio número 21 da rúa Xeneral Pardiñas de Santiago de Compostela. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela 1 de número de predio 48864, tomo 1742, libro 649, folio 25, alta 1.

161.360,32

Non constan

161.360,32

500,00

2

50 % do pleno dominio por título de compravenda da praza de garaxe sinalada co número 5, no andar de soto; forma parte dun edificio na rúa Baixada á Praia de Canido sen número, na parroquia e concello de Malpica de Bergantiños. De superficie de 9,75 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da propiedade de Carballo de número de predio 11215/G5, tomo 1123, libro 132, folio 177, alta 1.

4.215,26

Non constan

4.215,26

100,00

3

87,50 % da plena propiedade da casa de pedra chamada Pazo de Pastoriza, sinalada co número 5 do lugar de Souto Grande, parroquia de San Tirso de Mabegondo, concello de Abegondo; composta de andar baixo e alto cunha superficie construída por andar de 288 metros cadrados, ten un terreo unido no que hai varias edificacións: casa de andar baixo e alto con 106 metros cadrados construídos por andar, aparcamento de 45 metros cadrados construídos, capela de 45 metros cadrados construídos e instalación deportiva dedicada a piscina con 85 metros cadrados construídos. Forma todo un só predio de 11.581 metros cadrados, que linda: fronte oeste, camiño público; ás costas, leste, parcela 17 de Antonio Muíños Caridad; dereita (entrando), sur, pista a Pastoriza; e esquerda, norte, parcela 16 de Antonio Muíños Caridad. Este predio está formada polos predios catastrais con números 002404000NH58H0001ZM, 000400200NH58F0001HT e 15001A010000150000JY. Título de propiedade: herdanza de María Dolores Pardo de Andrade García, viúva que foi de Alfredo Malde González, segundo testamento aberto outorgado o 14 de novembro de 2007 diante do notario Jacobo-Esteban Pérez Rama (protocolo 2268) e escritura de aceptación, requirimento e partición de herdanza outorgada o 8 de marzo de 2012 diante do notario Víctor-José Peón Rama (protocolo 405).

381.719,98

Non constan

381.719,98

500,00

4

Local comercial sito na rúa Alfredo Vicenti, número 5, baixo, na cidade da Coruña, de superficie 135,76 metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade da Coruña 1 de número de predio 78899, tomo 1694, libro 1694, folio 59, alta 6. Referencia catastral 7919012NJ4071N0001BM. Sobre este inmoble consta constituída unha hipoteca unilareral a favor da Axencia Tributaria de Galicia con data 13 de febreiro de 2015 outorgada en Betanzos diante do notario Francisco Javier Ramírez González.

Consta contrato de arrende en vigor.

438.474,93

Non constan

438.474,93

1.000,00

5

Local dedicado a garaxe, sito na rúa Pla y Cancela, número 8, baixo, da cidade da Coruña, dunha superficie 134 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Coruña 1 de número de predio 89570, tomo 1876, libro 1876, folio 160, alta 2. Referencia catastral 7912219NJ4071S0001PI. Sobre este inmoble consta constituída unha hipoteca unilareral a favor da Axencia Tributaria de Galicia con data 13 de febreiro de 2015 outorgada en Betanzos diante do notario Francisco Javier Ramírez González.

238.631,22

Non constan

238.631,22

500,00

6

1) Vivenda en andar primeiro no número 1 da praza de Cervantes de Santiago de Compostela de superficie 35 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela 1 de número de predio 36799, tomo 1455, libro 417, folio 71.

2) Vivenda en andar segundo no número 1 da praza de Cervantes de Santiago de Compostela de superficie 35 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela 1 de número de predio 36801, tomo 1455, libro 417, folio 77, alta 1.

3) Vivenda en andar terceiro no número 1 da praza de Cervantes de Santiago de Compostela de superficie 35 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela 1 de número de predio 36803, tomo 1455, libro 414, folio 79.

406.822,00

112.671,00

294.151,00

1.000,00

9

Vivenda unifamiliar sita no lugar de Nebrixe nº 2 do concello de Cambre, cuha superficie construída de 352 metros cadrados sobre un predio de 2007 metros cadrados que linda: norte, labradío dos herdeiros de José Pazos e dos de José Seoane; sur, ladradío dos herdeiros de Manuel Souto e, en parte, camiño veciñal de Brives a Orto; leste, terreo de Saturnino Seoane e oeste, Vicente Pena Brandariz. Adquirida por testamento do 18 de agosto de 2010 e contrato de vitalicio do 8 de novembro de 2010 outorgados por Jesús Seoane Mantiñán, finado o 15 de novembro de 2011. Non consta a inscripción rexistral deste predio. Predio catastral 6617501NH5961N0001GM.

114.892,22

Non constan

114.892,22

100,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recadación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos cales se haberá que conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria. Nos demais casos en que sexa preciso, deberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, e enténdese que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20 % do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 %. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Nese caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, e poxará por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primera licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedasen bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, e poderá proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente co límite total de seis meses.

A Coruña, 13 de novembro de 2015

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña