Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47245

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2015/582-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Einsa Print, S.A.

Domicilio social: estrada de Cabanas, polígono Penapurreira, 15320 As Pontes de García Rodríguez.

Denominación: reforma CS e entroncamento con rede de distribución existente.

Situación: estrada de Cabanas, polígono Penapurreira, 15320 As Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas: reforma do CS existente. Cela de triplo interruptor non extensible: entrada de liña proxectada LMTS chegada de liña, saída de liña proxectada LMTS continuación de liña UF e saída de liña Einsa Print, S.A.

Cela de interruptor+protección non extensible. Cela de medida. Cela de dobre protección extensible, protección LMTS existente CT1 Einsa Print, S.A. e protección LMTS existente CT2 e CT3 Einsa Print, S.A.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 18 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña