Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2016 Páx. 1205

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de convocatoria para a provisión, mediante libre designación, do órgano directivo da Dirección Xeral de Recursos Humanos, integrado por un posto de director/a xeral de Recursos Humanos, persoal directivo asimiliado ao subgrupo A1, nivel 30.

No BOP de Ourense do 28 de decembro de 2015 publicáronse íntegras as bases da convocatoria para a provisión, mediante libre designación, do órgano directivo da Dirección Xeral de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Ourense.

O posto que se convoca é o seguinte:

– Un (1) posto de director/a xeral de Recursos Humanos, persoal directivo, asimilado ao subgrupo A1, nivel 30. Forma de provisión: libre designación.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación durante o prazo dos quince (15) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, en modelo oficial que se facilitará no Negociado de Control e Administración do Servizo de Recursos Humanos. Así mesmo, poderán presentarse na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992.

A Deputación facilitará copia das bases e modelo oficial de solicitudes nas oficinas do Rexistro Xeral, rúa Progreso, 32 (Ourense) e tamén desde a páxina web www.depourense.es .

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro provincial de edictos, en todo caso, na páxina web www.depourense.es e no BOP de Ourense cando proceda de conformidade coas bases do procedemento.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, de administración local de Galicia.

Ourense, 4 de xaneiro de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense