Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2016 Páx. 9004

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

EXTRACTO da Orde do 23 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

BDNS (Identif.): 301833.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

a) Grupos informais de entre cinco e oito mozos e mozas, con idade comprendida entre os 18 e 30 anos e empadroados na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Asociacións xuvenís e entidades que presten servizos á mocidade, sempre que estean inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Segundo. Obxecto

Posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade da Comunidade Autónoma de Galicia, que se desenvolven durante o ano 2016 e nas cales os mozos e as mozas participen activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por eles mesmos.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 23 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

Cuarto. Contía

A contía global da convocatoria é de 547.364,95 €. Finánciase o 100 % do proxecto, cuxo orzamento non poderá ser superior a 5.000,00 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

Coa presentación da solicitude presentarase o proxecto de iniciativas xuvenís seguindo o modelo publicado na convocatoria.

Todas as entidades e grupos aos cales se lles conceda a axuda e o soliciten recibirán un anticipo do 80 % sobre o total da cantidade concedida.

A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. Requírese unha puntuación mínima e a concesión efectúase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2016

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social