Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2017 Páx. 38199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o procedemento aberto e tramitación ordinaria para contratar o servizo de limpeza de locais nas dependencias administrativas na Coruña (expediente 37/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2º. Enderezo: avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña, 15008 A Coruña.

3º. Teléfono: 981 18 57 10.

4º. Fax: 881 88 12 50/981 18 57 01.

5º. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=186373

6º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 37/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza de dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución: 12 meses desde a sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: o contrato poderá ser obxecto dunha prórroga de 12 meses por mutuo acordo das partes antes da súa finalización.

f) CPV: 90919200-4

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: setenta e tres mil cincocentos cincuenta e tres euros e setenta e dous céntimos (73.553,72 €). IVE (21 %): quince mil catrocentos corenta e seis euros e vinte e oito céntimos (15.446,28 €). Importe total: oitenta e nove mil euros (89.000,00 €).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver o prego de cláusulas administrativas particulares, número 7.1.

7. Presentación de ofertas e solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: oficina de rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña.

2º. Domicilio: avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña, 15008 A Coruña.

Ou calquera das formas previstas no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña. 15008 A Coruña.

b) Apertura de ofertas: a hora e a data serán anunciadas con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=186373

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, ver o prego de cláusulas administrativas particulares, número 6.2.

10. Outras informacións: ver os pregos (http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=186373)

A Coruña, 20 de xullo de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.A. (Artigo 31.2 do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Manuel Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa