Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2017 Páx. 42128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2017/40-2, 8507 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón Mª Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: reforma do CT 13265 Herrero.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Centro de transformación de potencia máxima admisible de 630 kVA e relación de transformación 20.000/400-230 V, en edificio non prefabricado, en montaxe convencional, con aparamenta e embarrado ao aire, sobre illadores de porcelana e seccionadores en baleiro, con mando manual. Con seccionamento para entrada de liña aérea 20 kV, seccionamento e protección máquina 400 kVA B2, seccionamento e protección máquina 160 kVA B1, cadro de baixa tensión 400/230 V e cadro de baixa tensión 230/130 V.

A alimentación do CT farase mediante LMT soterrada recollida no proxecto en soterramento entrada LMT LP sector 6-der. CTC Herrero (expediente 8282 AT).

2. A obra civil comprende os traballos necesarios para o desmonte de embarrados, aparamenta, ferraxe, anteparos, CT e cadros de baixa tensión; construción do depósito de recollida de aceite, muros, porta con dobre reixa de ventilación, canles para a instalación de celas SF6 e cadros de BT e colocación de proteccións de saídas de circuítos de baixa tensión.

3. A obra eléctrica comprende: celas modulares de liña 24/20 kV-400/630 A (2 uds), cela modular de protección do trafo 24/20 kV-400/630 A (1 ud), máquina 630 kVA B2-B1, circuítos de terras interior, alumeado e de emerxencia do CT non prefabricado, pontes MT/CT, CT/BT, armarios BT CBT e termómetro de anteparo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro) sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 16 de agosto de 2017

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Artigos 62.3 e 63.1.b) do Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Álvaro Rodríguez Vázquez
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Lugo