Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2017 Páx. 42125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2017/43-2, 8515 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón Mª Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: reforma do CTC 5139 Ceao 1.

Situación: concello de Lugo

Características técnicas:

1. Centro de transformación de potencia máxima admisible de 630 kVA, potencia instalada 400 kVA e relación de transformación 20.000/400-230 V, en edificio non prefabricado, con autoválvulas e seccionadores na parte superior da fachada lateral dereita e esquerda, para a conversión das liñas Ceao 1 e Ceao 2 en condutor aéreo a condutor illado, celas modulares SFS (Ormazábal), máquina 400 kVA 24/20 kV e cadro de baixa tensión máis ampliación.

2. O CT conectarase á rede de AT da compañía distribuidora mediante cable soterrado de tipo de illamento seco kV, 12/20 kV (para redes ata 24 kV de tensión máis elevada) e 26/46 kV (para redes de ata 26 kV).

3. A obra civil comprende os traballos de desmonte de porta, construción de depósito de recollida de aceite, reixa apaga lume, anteparo, saneado, pintado, canles para instalación de liñas, celas e cadros de baixa tensión, construción de porta de dobre folla con reixa de ventilación, colocación de proteccións de entrada e saída de LMT e saídas de circuíto de baixa tensión e malla electrosoldada equipotencial.

4. A obra eléctrica comprende: desmonte de seccionadores, anteparo e mandos de panca; retiro de máquina de 400 kVA, celas modulares e cadro de baixa tensión máis ampliación para volver instalar, LMT en condutor seco RHZ 1×240 mm² AI, ponte 12/20 kV 150 mm² CT, ponte BT CT (3F + 2N), circuítos de terras interior, de iluminación e protección e iluminación de emerxencia e termómetro.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro) sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 16 de agosto de 2017

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Artigos 62.3 e 63.1.b) do Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Álvaro Rodríguez Vázquez
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Lugo