Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2017 Páx. 44140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de apoio técnico para a coordinación e xestión de infraestruturas tecnolóxicas comúns da Xunta de Galicia (expediente 2017/PA/0009).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto da presente contratación é o servizo de apoio técnico para a coordinación e xestión das actividades e proxectos das infraestruturas comúns da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 13.1.2017.

DOUE: 11.1.2017.

BOE: 14.1.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 1.238.328,00 €

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 412.776,00 € (catrocentos doce mil setecentos setenta e seis euros), máis 86.682,96 € (oitenta e seis mil seiscentos oitenta e dous euros con noventa e seis céntimos de euro) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 499.458,96 € (catrocentos noventa e nove mil catrocentos cincuenta e oito euros con noventa e seis céntimos de euro).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12.6.2017.

b) Data de formalización do contrato: 18.7.2017.

c) Contratista: Queres Tecnología, S.L.

d) Importe de adxudicación: 424.540,08 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia